Realmente medramos cando temos febre?

imagen

Como todos sabemos e nos teñen dito algunha vez, os nenos e os adolescentes pegamos un estirón tras un episodio febril.

O certo é que a febre, ao igual que outros factores coma o estrés ou o exercicio, estimula a producción e liberación de somatropina, a hormona do crecemento. Ésta ten os seus maiores niveis de secreción na pubertade e estimula o crecemento de órganos e tecidos durante a mocedade e a adolescencia. Outro factor que favorece  a segregación da somatropina é o sono, xa que aumenta co descanso e decae na vixilia. Como durante os procesos febriles sóese durmir máis, isto tamén facilitaría o crecemento dos menores durante as enfermidades.

Científicos de Universidade de Wisconsin (EEUU) investigaron a relación entre descanso e crecemento nun estudo realizado con cordeiros de curta idade publicado no “Journal of Pediatric Orthopedics”. Éste concluíu que un 90% do crecemento dos animais tiña lugar cando estaban tumbados ou durmindo e non de pé ou movéndose, feitos que según os autores poden ser aplicados aos humanos.

Autor: Pablo Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Realmente medramos cando temos febre?

  1. tamara p di:

    Crecemos cuando tenemos fiebre?
    Dios! Entonces yo tendria que ser como Pau Gasol, porque cuando me pongo enferma tengo la fiebre altísima y me dura mucho tiempo.

    Aunque se acabaran las clases sigo con ganas de comentar en este blog, he aprendido mucho en el y lo sigo haciendo.

    Gracias Adela por darnos la oportunidad de participar en esto.

  2. Adela di:

    Tamara, gracias a alumnos como tu este blog ha sido todo un éxito.Yo también aprendí mucho con vuestros artículos y comentarios. Aún quedan noticias y todas tienen su interés. Las iré publicando durante los próximos dias. ¡Que tengais un magnífico verano!

Deixa unha resposta