O “radar” das focas

imagenAs focas son quen de atopar  as súas presas utilizando tan so  os seus bigotes a modo de radar.

A partires do rastro que deixan os peixes na auga, poden distinguir a súa traxectoria e incluso de qué especie se trata, convirtíndose nunha ferramenta moi eficaz de caza. Segundo un estudo dirixido polo  Doutor Wolf Hanke do Centro Científico Marino da Universidade de Rostock, Alemania, a foca común podería ser capaz de detectar peixes a máis de 100 metros, utilizando tan so os bigotes.

Os investigadores utilizaron un peixe artificial no seu experimento, para crear un ‘rastro’ na auga que o animal puidera detectar. A foca adestrada, denominada  Henry,  foi capaz de indicar co  movemento da sua cabeza, se o peixe se movía hacia a dereita ou esquerda. O estudo  publicouse na revista ‘Journal of Experimental Biology’.

Autor: Iván García

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta