Cirurxía a distancia

A cirurxía robótica é un tipo de cirurxía asistida por ordenadores nun sistema interactivo.

A Cibernetica: Rama da informática que dixitaliza o movemento. Os avances nas comunicacións e a intelixencia artificial, posibilitaron a dixitalización de audio, vídeo e movemento, sentando as bases da cirurxía robótica.
·En 1997 fixéronse as primeiras cirurxías cun sistema de telepresenza (intervención cirúrxica mediante un robot manexado polo médico cirurxián a distancia). A primeira cirurxía robótica con éxito realizouse en 1999. No 2001 realizouse a primeira intervención transoceánica, o cirurxián estaba en Nova York (EE.UU.) e o paciente en Estrasburgo (Francia).

-O sistema Dá Vinci é un dos sistemas de cirurxía robótica máis destacada. Consta dunha consola de control, onde o cirurxián séntase a controlar o robot, a distancia do pacente. O cirurxián obtén unha visión estereoscópica, que produce unha imaxe tridimensional. Os instrumentos do robot están miniaturizados. Dispón de catro brazos cirúrxicos articulados e unha torre de monitorización e visualización para a aprendizaxe a tempo real.
-O proxecto Odysseus, permitiu crear un programa informático capaz de xerar unha imaxe tridimensional do fígado dun paciente, compartindoa con expertos situados en distintas localizacións xeográficas. O programa achega aos médicos información minuciosa da forma do fígado do paciente. Esta información aumenta a cantidade de pacientes ” aptos” para cirurxía e axuda os doutores a planificar as intervencións. O Proxecto Odysseus utiliza unha ampla gama de tecnoloxías para crear diferentes aplicacións:
Ferramentas de Modelación de Paciente Virtual, que permiten realizar unha avaliación previa á operación.
Programa ‘Diagnose and Virtual Planning’, permite situar ferramentas en imaxes tridimensionais.
Simuladores,permiten aos cirurxiáns practicar a operación no fígado virtual antes incluso de someter o paciente a cirurxía. 

Motivos para incorporar robots á medicina en xeral e na cirurxía en particular:
•Velocidad.
•Precisión.
•Fiabilidad.
•Buena relación costo/rendemento.
Por exemplo, o brazo robótica que sostén o endoscopio coa cámara durante unha cirurxía vídeo asistido, non experimentará fatiga calquera sexa o tempo que dure a operación, non presentará tremor e será capaz de realizar o seu traballo axeitadamente na décima ou centésima operación, tal como na primeira.
De feito, existen diversos equipos que demostraron a súa eficacia noutras áreas, tales como os equipos de laboratorio, os robots que levan e distribúen fármacos dentro do hospital, os robots de rehabilitación, etc.

Aquí móstrovos unha imaxe do sistema Da Vinci :

Autora: Adriana Jiménez

Esta entrada foi publicada en 3. Novas técnicas médicas, 3. Revolución xenética e celular, 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta