A topografía das montañas podería multiplicar o quentamento global.

 imagen

 Un novo estudo conclúe que os efectos futuros do quentamento global poderían verse alterados de maneira significativa en pequenas zonas específicas por acción dos movementos locais de masas de aire en terreos montañosos ou de topografía complexa, duplicando quizais, ou incluso triplicando, o aumento da temperatura nalgúns casos. Os autores do estudo, da Universidade Estatal de Oregón, valéronse dos datos históricos, únicos do seu tipo, obtidos do Bosque Experimental H.J. Andrews, situado no mesmo estado de Oregón, para estudar as variacións potenciais da temperatura causada polas colinas empinadas e os vales adxacentes a elas.

Partindo do aumento rexional de temperatura prognosticada para a zona occidental de Oregón, que é duns 5 graos para finais deste século, os investigadores chegaron á conclusión de que en certas zonas, tales como as cimas das cadeas montañosas, a temperatura podería aumentar ata en 14 graos nalgunhas ocasións, mentres que nos vales ao pé destas cordilleiras as masas de aire frío alí asentadas conducirían a incrementos de temperatura similares ao termo medio rexional estimado. Tal como advirte Chris Daly da citada universidade, aínda no caso de que as predicións dos cambios das temperaturas sexan correctas, traballouse pouco en prognosticar as implicacións que tales cambios terán localmente, ou en situacións e condicións específicas.

Os científicos éstánse decatando de que hai potencial suficiente para que se dean disparidades enormes nos efectos locais do quentamento global, unha cuestión sobre a que urxe obter máis información. O feito de que algunhas zonas poidan quentarse moi por riba do termo medio das temperaturas, carrexa inevitablemente impactos máis graves nas especies de vexetais e animais que habitan nelas.

Máis información.

Autora: Adriana Jiménez

Esta entrada foi publicada en 2. Tectónica de Placas, 4. Clima e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta