Unha vacina para deixar de fumar

imagenA vacina, chamada NicVax, está deseñada para axudar á xente a deixar de fumar e evita-la reincidencia no hábito. A vacina actúa bloqueando a “sensación de pracer” que produce a nicotina no fumador.

É a primeria vez que se adopta este enfoque no combate do tabaquismo, xa que ata agora os tratamentos convencionais como os parches ou chicles de nicotina tentan que a xente deixe o hábito gradualmente. Según a OMS, o tabaquismo é a segunda causa de morte en todo o mundo, despois da hipertensión, e mata a un de cada 10 adultos globalmente.

Bloqueo do pracer

Cando a nicotina entra no corrente sanguíneo cruza rapidamente a barreira entre os vasos sanguíneos e o encéfalo (chamada barreira hematoencefálica, cuxa función é impedir que as substancias tóxicas a atravesen) e adhírese aos receptores da nicotina no cerebro. Isto provoca a liberación de substancias estimulantes como a dopamina que ofrecen ao fumador a sensación positiva que eventualmente conduce á adicción.

A nova vacina estimula o sistema inmune para que produza anticorpos que se adhiran á nicotina creando unha substancia demasiado grande para atravesar a barreira hematoencefálica. Desta forma impide que a nicotina produza a sensación altamente adictiva de pracer que experimentan os fumadores.

Menos reincidencia

As primeiras fases dos ensaios clínicos demostraron que a vacina é capaz de crear este mecanismo e debido a que os anticorpos que produce permanecen no organismo durante períodos largos, podería tamén ser efectiva para evitar a reincidencia dos fumadores, que é un dos maiores problemas que non se puideron solucionar cos actuales tratamentos contra o tabaquismo, como os parches e chicles de nicotina (os estudos demostran que as taxas de reincidencia durante o primeiro ano despois de que un fumador deixa o hábito poden ser de ata 90%).

Máis información

Autor: Daniel Barreiro

Esta entrada foi publicada en 3. Inmunoloxía e farmacoloxía e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.