A enerxía solar é unha das enerxías renovables das que dispón o ser humano na procura dun modo limpo e fácil de obter enerxía. Parece que esta idea non só a pensou o home senón tamén a babosa de mar (Elysia chlorotica) a cal produce clorofila. Explícome, a base alimentícia deste invertebrado céntrase nas algas, especialmente na Vaucheria lirorea, das cales obtén os xenes que provocan a producción da clorofila. Mediante este proceso convértese no primeiro animal multicelular capaz de producir clorofila.
Os estudos realizados polo biólogo Sidney Pierce da Universidad de South Florida demostran que as babosas poden xerar enerxía sen a necesidade de comer nada porque aparte de quitarlle ás algas os xenes para a produción da clorofila tamén obteñen cloroplastos os cales utiliza para realizar a fotosíntese e así transformar a luz en enerxía.
O biólogo, tras 20 anos dedicados a descubrir o funcionamento deste curioso molusco, di que mentres lles de a luz durante 12 horas ao día poden sobrevivir sen inxerir alimentos.
Investigadores demostraron por medio dun marcador radiactivo que as babosas producen por si mesmas a clorofila e non só a “rouban” das algas. Descubriron que a incorporación do material xenético é tan bo que este pasa ás seguintes xeracións as cales conservan a capacidade de producir a súa propia clorofila pero coa necesidade de inxerir as suficientes algas para obter os cloroplastos e así levar a cabo a fotosíntese.
Entereime de este animal por un documental e pareceume incríbel. Pensei que se eles lograron nós porque non? Chegaremos a ser fotosintéticos algún día? Sería realmente interesante.
Se queredes saber sobre o proceso con máis detalle clicade aquí.
Autora: Lizeth Vianchá
Parece impresionante que os animais nunca nos deixarán de sorprender.Xa houbo moitas noticias subidas sobre estos temas de animais e cada vez son mellores as novidades.
O de esta babosa que fai a fotosintese, e xa non mediante as algas se non xa por ela soa. Volvo a dicir, é impresionante.
non creo que cheguemos a ser fotosinteticos jajaja hai moitos animais que so comen vexetais e creo q non fan a fotosintese
E impresionante como este animal e capaz de poder pasar sen comer facendo a fotosintese. E algo que me a sorprendido moito.
E me deixa a dubida de que coma un animal pode ser capaz de facer un proceso propio das plantas? Dende logo estes descubrimentos son moi interesantes.
Pareceume moi interesante a túa noticia e quixen buscar un pouco de información adicional para saber con máis exactitude como se produce o proceso de incorporación dos cloroplastos á bacteria. Aquí vos deixo o resultado das miñas investigacións.
O alga é dixerida na súa totalidade coa excepción dos cloroplastos. Os cloroplastos son orgánulos celulares capaces de realizar a fotosíntese. Os cloroplastos simbióticos que posúe a nosa bacteria incorpóranse aos tecidos do molusco nunha forma chamada endosimbiose intracelular. A endosimbiose intracelular é unha forma de simbiose na que un dos organismos simbióticos vive no espazo intracelular do anfitrión e, como a propia definición de simbiose indica, ámbolos dous organismos resultan beneficiados.
Os cloroplastos simbióticos son plenamente funcionais e xeran nutrientes que son utilizados pola babosa. O resultado é que o molusco pode vivir mediante a fotosíntese realizada polos seus adquiridos cloroplastos durante meses (sempre que dispoña de luz, claro).
Aínda non se sabe cómo esta babosa pode recoñecer e seleccionar os cloroplastos e distinguilos do resto de compoñentes celulares do alga, nin cómo as células do animal os fagocitan para incorporalos ao seu citoplasma. O cloroplasto simbionte non é un organismo completo, senón un órgano celular semiautónomo. Aínda que posúe o seu propio ADN e se divide independentemente da célula na que está inmerso, necesítaa para o subministro de proteínas que non pode sintetizar por si mesmo. Isto significa que a célula do molusco debe dispor dos mecanismos adecuados para que os cloroplastos non morran rapidamente: o éxito está claro, xa que viven durante bastantes meses no medio intracelular do molusco e só uns días nun medio extracelular. Non se sabe cómo a nosa babosa pode replicar as funcións presentes no alga e xerar as proteínas específicas necesarias para o mantemento dos cloroplastos, pero existe a seguinte hipótese: hai evidencia de que existe unha transferencia xenética do alga ás células dos animais xoves antes de que a simbiose se estableza. Se isto é así, podería explicarse a síntese de proteínas necesarias para o cloroplasto porque a transferencia lateral de xenes permite ás células animais satisfacer as necesidades do cloroplasto.
Grazas polo teu comentario informativo María e con iso contestastelle a Iván.