A super camiseta

O futbol é o deporte máis popular do mundo e a pesar da paisón coa que se vive, a tecnoloxía xogará un papel destacado en Sudafrica 2010.  Será o primeiro en ser transmitido en televisión en alta definición e en 3D. Pero ademais diso, moitos de vostedes xa habrán visto en  alguns xogadores  vistindo unhas camisetas axustadas ao corpo e onde destaca unha  “X” na espalda. Esta característica non é un elemento de diseño  decorativo, senon que é parte dunha malla que contén ó corpo do xogador, co obxectivo de reducir a súa resistencia ao correr e mellorar a súa velocidade de salto. TechFit é o nome desta tecnoloxía diseñada pola alemana Adidas para mellorar o rendimento deportivo. Os productos desta linea son de compresión corporal (veñen en tres niveis de axuste) e sen costura, estabilizan os músculos e posúen unha rede de bandas de TPU reciclable (poliuretano termoplástico) que trasforman a enerxía en maior aceleración e potencia. Segun o sitio oficial de TechFit, as probas realizadas con xogadores de élite en varios deportes demostraron unha mellora do 1.1% na velocidade, 4% no salto e case un 1% menos de resistencia ao correr. Ademais, lograron acelerar o proceso de recuperación do deportista aumentando a tasa de eliminación do ácido láctico en máis de un 5%. Estas pequenas diferencias poderían significar que a pelota quede dentro ou fora da porteria.

imagen

Autor: Jesús Vázquez

Esta entrada foi publicada en 5. Novos materiais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

13 Responses to A super camiseta

  1. Javi Gago di:

    Pode ser isto posible? Pode unha mera camiseta causar todos estes efectos satisfactorios no corpo dun deportista? En caso de que sexa verdade, é un grandísimo descubrimento, porque é unha forma de mellorar o físico dunha persoa dunha forma relativamente sinxela. Buscarei información sobre isto, para verificar a autenticidade destes efectos provocados pola camiseta, xa que me parece interesante sabelo.

  2. lucia valina di:

    É unha noticia moi curiosa pero creo que se inverte moito máis diñeiro no futbol, que noutras cousas máis importantes, ainda así parece incrible que poida lograr todo eso una simple camiseta.

  3. ruben lema di:

    É interesante como se incorporan tales avances para mellorar as condicións dun deportista, sobre todo que aparezan nun deporte como o futbol no que as aportacións desta camiseta apenas cambiarán os resultados. Esta camiseta non será engañosa como a pulseira power balance?

  4. jose del moral di:

    pareceme imposible que tan so con unha simple camiseta podase mellorar todos estes aspectos, investigarei se é certo por que resultame realmente impresionante e dudo moito que cause tan bos efectos e non teña ningun problema

  5. laura obarrio di:

    Non sei se esto será de todo certo,pero tampouco me parece unha aportación imprescindible para a vida dun deportista, non se supón que o interesante da práctica do deporte é o esforzo que este supón? para que imos reducilo?

  6. juanjo regaldie di:

    Eu como os meus compañeiros penso que é moi dificil lograr tantos beneficios corparais con só unha camiseta que te unha X na espalda de un material distinto… os tantos por centos que se amosan,sobre cantos partidos foi investigado o deportista? porque non se xogan igual todos os partidos,un futbolista pode correr a maior velocidade nun partido e saltar mais alto, non todolos partidos son iguais! Penso que non pode ser do todo certo que esta camiseta de tantos beneficios

  7. alejandro lopez di:

    Esta noticia paréceme un tanto curiosa, porque, é incríble ata onde poden chegar os efectos positivos dunha camiseta no rendemento deportivo dunha persoa.Pero ao mesmo tempo non me parece de todo correcto porque o propio deporte é para facelo a costa do teu esforzo, e non de ningunha camiseta ou otro tipo de axuda.

  8. david regueira di:

    En primeiro lugar dicir que isto como ben di o artigo probase en deportistas de élite,non en aficionados o deporte…Aínda que a marca,saca os beneficios dos aficionados o deporte…Eu creo que pode ter algo de razón,xa que é lóxico que unha camiseta sen costuras relaxe os músculos,aínda que para notar cambios hay que traballar a un alto nivel físico.

  9. lizeth viancha di:

    Penso que é máis marketing que eficacia. Todos estes inventos de “marcas” para a miña forma de ver son detestables, unha mera forma de enganarnos.

  10. ivan garcia di:

    Como ben dice david, este tipo de camisetas ou prendas deportivas e beneficiosa soamente para deportistas de elite, e os resultados das probas son de experimentos feitos en deportistas de primeiro nivel e non en afecionados.
    Non creo que estas prendas sexan tampoco maxicas, pero si que e certo que melloran o rendemento do deportistas debido as suas costuras e que se adapta a pel coma se fora unha segunda capa, mellorando asi o rendemento do deportista.

  11. María Piñeiro di:

    É certo que a roupa que levamos condiciona que xoguemos mellor ou peor, pero, sentindo moito xogar o papel da escéptica, teño que dicirvos que unha mellora de máis do 1% na velocidade, do 4% na capacidade de salto e de máis do 5% na eliminación do ácido láctico parécenme porcentaxes demasiado altas. Tantos beneficios por una malla de poliuretano termoplástico? Non terá algo que ver a publicidade e o conseguinte efecto placebo? E como dixo Juanjo, tamén hai que ter en conta que non en todos os partidos se xoga igual, por moito que estas probas estean feitas en deportistas de elite; todos temos días mellores e peores por bos que sexamos, e pensar que levamos unha roupa que nos fai mellores pode darnos máis confianza e facernos, efectivamente, mellores, pero sen que o efecto sexa producido pola camiseta, senón polo noso cerebro.
    E no caso de que estas camisetas teñan os efectos citados na noticia, non pensades que si un equipo leva este tipo de equipamento e o outro non, é como facer trampas? Se é certo, aumentarían as capacidades dos xogadores. Ao igual que a dopaxe.

  12. ruben fernandez di:

    O nivel ó que avanza a tecnoloxía no deporte é impresioante xe que parece algo totalmente imposibel que unha camiseta poda chegar a ter ta repercusión na capacidade física dun deportisita, este é igual que as botas feitas a medida e que tamén varían seu peso é composición sengún a posición na que xogues no caso do fútbol.
    Aínda que isto non lle serviu a España polo de agora esperemos que cambie e a ver se psamos de cuartos.

  13. miriam yang di:

    Ante todo paréceme unha boa noticia, pero como dixeron os meus compañeiros quizás algo exaserada en canto na mellora do salto e a velocidade. Eu penso que sí que axudan os xogadores pero non de forma tan esaxerada.Se de verdade funciona ou non poderemolo ver no mundial aunque nun partido hai moitos elementos que poden determinar gañar ou perder un partido.

Deixa unha resposta