Xubilados, parte fundamental da sociedade.

imagenMoita xente estará a pensar que os xubilados non serven para nada despois de cumplir a idade de retiro. Pois non, isto non é así.
O responsábel da Solidaridade Galega afirma que a axuda destas persoas pode ser moi beneficiosa para todo o mundo. Moitas peroas propóñense voluntarias para traballar en países do terceiro mundo cando máis médicos se precisan para o traballo, que normalmente suele ser en épocas do verán, cando máis alta é a necesidade.

É verdade que a maioria destas persoas traballan sen cobrar salario ningún, pero ofrecerse significa facer o que a un lle gusta,é dicir, que seguramente farano por gusto e como médicos retirados que son.

Pola miña parte, opino que esta é unha noticia para seguir, xa que moitas persoas retiradas do mundo traballador poden e queren axudar ó mundo. Non creo que importe que estén sen cobrar, posto que esta ocasión é única na vida.

Autor: Daniel Varela

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Xubilados, parte fundamental da sociedade.

  1. adriana jimenez di:

    Eu penso, por unha parte, que sí que é unha boa oportunidadde para aquelas persoas que se senten inútiles e queren seguir facendo outras cousas despois da súa xubilación. Pero por outra parte penso que non todos os xubilados o poden facer aínda que queiran, polas súas dificultades sanitarias ou pola familia. Case todas as persoas xa algo maiores teñen moitas dificultades case para facer determinadas cousas e non creo que estén capacitados para iso.

  2. deborah lage di:

    Estou completamente de acordo con adriana, é unha boa oportunidade, pero os xubilados teñen unha idade que ás veces non lles permite realizar un traballo que para a xente xove sería sencillo.

  3. pablo rodriguez di:

    De acordo con Deborah e Adriana, sempre que sexan útiles a súa axuda é ben recibida.
    Alégrome de que estes xubilados, querendo traballar, axuden de voluntarios por todo o mundo.

  4. david regueira di:

    Isto é moi relativo…Por exemplo un xubilado de unha idade considerable non pode exercer traballos que requiran agudeza visual xa que pode ser un perigo.O que esta claro é que unha persoa que no súa mocidade era competente de maior tamén o pode ser.

  5. alejandro lopez di:

    É unha notcia moi interesante posto que os xubilados non son, como moita xente pensa, un estorbo.A axuda que eles poidan proporcionar será ben recibida polos demais.

  6. andrea dalmao di:

    Eles cobras a felicidade de poder facer o que lles gusta ou o que queren. Que hai mellor que iso? O diñeiro dache a felicidade pero ó final nunca é a que nos buscamos e desexamos de verdade. A que costanos encontrar toda unha vida para podela conseguir.
    Ser xubilado sempre ten as suas ventaxes e non son poucas.

  7. juanjo regaldie di:

    Miña opinion é que todos pensamos igual,parécenos moi ben que os xubilados queiran “alargar a sua xubilacion” facendo traballos por todo o mundo e intentado axudar pero, tamen temos que ter en conta que son persoas xubiladas que non poden facer moitas cousas.

  8. jose del moral di:

    eu opino o mesmo que o señor regaldie pero tamen cabe engadir que os xubilados queren axudar en cousas e oficios que xa non poden ou o fan mal

  9. lucia valina di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros, pareceme moi ben que participen en actividades e intenten axudar, pero na sua medida. Ainda que tamen penso que somos libres de escoller o que queremos facer e eles tamen, pero sempre coa saude por diante.

  10. Javi Gago di:

    Penso coma os meus compañeiros, sempre que queiran e todavía estean capacitados para traballar estando xubilados, a súa axuda sempre será ben recibida, e sobre todo nos países máis necesitados do mundo, onde nunca sobran médicos.

  11. ruben lema di:

    Nun pais como España onde a tasa de xubilación superará a media da UE,será do 35.6 por cento,a incorporación destas persoas en traballos solidarios aportaría moita axuda aínda que é verdade que non poden realizar esforzos físicos nen relacionados coa agudeza visual(non sempre hai xubilados que ven e oen perfectamente)pero ao formar parte desta sociedade tamén poden seguir participando nela activamente despis dunha vida de traballo e experiencias.

  12. miriam yang di:

    Eu penso que os xubilados son moi importantes na sociedade. Eles foron os que no pasado traballaron e conseguiron manter a sociedade e ó xubilarse tócalles descansar. O seu papel non ten porque termiñar aquí, como dí na noticia poden axudar en traballos solidarios e así á vez sentirse útiles na sociedade. Na actualidade a xente mallor moitas veces é olvidada ou debido ó traballo non podemos coidar deles e mandámolos os centros onde os coidan. Pero ísto non é o que queren. Eu creo que deberíamos telos en conta e sempre que se poida telos ó noso lado e darlles moito amor e cariño.

Deixa unha resposta