Try again

tragamonedasLos juegos de apuestas son algo que la mayoría de la gente utiliza para pasar un momento de diversión, sin embargo para alguna gente  supone arruinar  su vida. Cada vez necesitan estímulos mayores en forma de ganancias para encontrar satisfacción y cuando tienen que parar sufren síndrome de abstinencia.

Una fuerte reacción en el cerebro en respuesta a las ocasiones percibidas subjetivamente como que “casi se gana” estaría correlacionada con una mayor tendencia al juego compulsivo según un estudio del Journal Neuroscience.

En los juegos de azar no importa perder “por poco” ya que esto no dice nada sobre la probabilidad futura de ganar.

En una investigación realizada en Cambridge a voluntarios sanos vieron que en las pérdidas “por poco” en las que no ganaban nada, seguían activando las zonas del cerebro asociadas a las ganancias de dinero.

La dopamina es una substancia que aparece relacionada con las adicciones. El estudio indica que podría ser el “casi ganar” lo que favorece la transmisión dopaminérgica en los jugadores con problemas más graves. Esto significa que podría ser posible encontrar tratamientos que redujesen los efectos de la dopamina para aliviar la compulsión de jugar.

Autor: Rubén Lema

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Try again

  1. paloma lorenzo di:

    Si le asociamos esto a la dopamina, que es practicamente la que estimula y controla los “vicios”, tambien se le pueden atribuir el vicio a los juegos de rol, y ese tipo cosas? o esto es algo que no esta asociado a la dopamina?

  2. tamara p di:

    Incríble, as notas deste curso!
    Os aseguro que o porcentaxe de que aquí saian matemáticos é dun 0,000015%
    ¿O porqué cal é?
    Será que son moi difíciles, que o profesor pon uns exames ultradifíciles, que o alumnado non pon interese.. moitas dúvidas rondan pola miña cabeza, e moitos factores determinan estas notas.

    Esperemos que na seguinte proba saian mellores calificacións.
    Sempre hai que ter esperanzas de que ocurra unha milagre.

  3. javier otero di:

    Eu quería aportar a miña idea sobre a Ludopatía non sobre as notas do curso de primeiro de bacharelato. Penso que a ludopatía é unha enfermidade da cal é moi dificil sair, pois, as adiccións a este tipo de apostas son moi perigosas, así tamén coma os suspensos de primero de bacharelato.Corremos perigo en suspender esta asignatura de tantísimos números, raices, potencias, funcións, derivadas, integrais, etc… Pero tamén é verdade que cantas mais veces fagamos o mesmo exame mellor estamos preparados para o que nos espera en segundo de bacharelato.

  4. samuel garcia di:

    Uyy! Esa nota estimulou a miña transmisión dopaminérgica, porque “casi aprovo”. “Por pouco”.
    Pareceme moi intesante a noticia, casi tanto como o meu 0,75 en matemáticas.

  5. sergio vazquez di:

    Paréceme unha noticia moi interesante e moi certa xa que coñezo a varias personas que teñen este problema e comprobo que cando “casi gañan” teñen máis ganas de xogar despois.

  6. adriana jimenez di:

    Eu estiven buscando máis información e tamén atopei máis tratamientos para curar a ludopatía como os grupos de autoayuda e a medicación psiquiátrica. Tamén viuse que un enfoque,a terapia cognitivo-conductual, reduce os síntomas e eas urxencias relacionadas có xogo. Este tipo de terapia céntrase na identificación dos procesos mentales relacionados có xogo.
    Pero eu penso , por riba diso, que as personas ludópatas nunca se recuperan, é como unha droga que nunca estás desintoxicado por completo.
    Aínda que lles mediquen, no meu punto de vista, poden ter recaídas en calquera ocasión que se lles presente.

  7. deborah lage di:

    Este tema é interesante e con avances poderíase salvar a moitas persoas da ruina. Sen dúbida o mellor tratamento para non sufrir esas adiccións é non comezar a xogar.

  8. andrea dalmao di:

    Sen dúbida o xogo é unha droga. Tamén moi potente dentro das oficiais. Unha vez que empezas enganchaste e faise adictivo. Pero podese deixar mediante tratamientos fortes e unha conciencia con ganas de facelo.

  9. Daniel Barreiro Ures di:

    Penso que a ludopatía é un trastorno máis serio do que algunhas persoas poidan crer. É máis que un vicio ao xogo, xa que este trastorno non só afecta á persoa enganchada senón tamén á xente do seu redor que sofre os cambios de humor do ludópata e ve como os cartos vanse no xogo.

    Indagando un pouco sobre o tema, encontrei que só en España unhas 500.000 persoas son adictas ao xogo, é ademais moitas delas son xóvenes.

  10. pablo rodriguez di:

    Eu compararía a ludopatía coa drogadicción, porque se empezan xogando cantidades pequenas, como se empezaría co primeiro porro, e pouco a pouco vaste enganchando e xogando cantidades maiores e pasando máis tempo xogando.
    Este trastorno, como di Daniel, non só afecta á persoa que a sofre, senon que tamén a súa familia e ao seu entorno cercano, porque hai xente que se deixa todos os cartos e logo non pode chegar a fin de mes e vaise endeudando el e a súa familia.

  11. jose del moral di:

    persoalmente creo pablo que a ludopatia non se pode comparar coa droga, a ludopatia é un “vicio” do que case non te percatas mentres q has drogas duras (cocaina, non un simple porro) daste conta de que tes un grave problema e non so afectan o teu bolsillo senon tamen a tua saude, ademais é moi complicado sair das drogas xa que crean unha adiccion moi diferente ó xogo

  12. lucia valina di:

    Como contestación o comentario de jose.. eu creo que si que o poderiamos comparar cunha droga xa que ainda que non se mostren problemas de saude fisica, afectan a saude psicoloxica, e pode ser mais dificil de curar.

    Pareceme moi interesante a noticia xa que e un tema actual, dificil de tratat e que todos coñecemos.

  13. pablo rodriguez di:

    A miña comparación era a nivel psicolóxico, referíndome a que se empeza con pouco e maiormente de tontería e se acaba cunha adicción as máquinas tragaperras. Obviamente as drogas causan un efecto fatal no corpo e na mente, pero tamén se soe empezar con pouco e de tontería. Tamén se diferencian en que as drogas coma os porros uo a cocaína son ilegais, mentres que o “xogo” está legalizado.

  14. Javi Gago di:

    Creo que, coma Jose, a ludopatía non pode considerarse do todo coas drogas, aínda que si teñan certos graos de similitude, como o feito de “engancharse” a eles. Penso que este é un problema grave debido a que a persoa que a sofre non se percata do seu problema (outra similitude coas drogas), e necesita realmente axuda psicolóxica para saír desa “adicción” ao xogo.

  15. miriam yang di:

    o xogo pode ser moi adictivo se non nos controlamos e nos dexamos levar polas ganas de gañar. Non sabía que a adición fose debido os momentos nos que un casi gaña e ó non gañar sente a necesidade de seguir xogando at gañar. Ísto recórdame un pouco a cando un é pequeño e cando perde nalgún xogo ou quere a revancha ou dí que houbo trampas no xogo. De verdade é tan dificil aceptar a derrota?
    Bueno de todalas formas espero que co descubrimento da dopamina e a súa relación coa adición consigamos unha solución a todas as persoas que enganchadas ó xogo non pode ter unha vida normal

  16. ruben fernandez di:

    Este é un gran problema porque é unha enfermidade, na que o afectado non pode ver seus claros síntomas, é calquera persoa que haxa apostado agunha vez, sabe por propia experiencia que este produce un gran estímulo que provoca unha sensación moi atractiva, e isto é unha gran problema xa que non todo o mundo é capaz de retirarse a tempo é ántes de pechar os ollos xa tes moitas papeletas para rematar sendo un ludopata

  17. quique di:

    A noticia paréceme interesante porque, entre outras cousas, relaciona varios saberes: a medicina–neuroloxía, a socioloxía, a química, as matemáticas–estatística,…
    Nos xogos de apostas intervén o noso lado irracional: se actuaramos racionalmente, non apostaríamos, pois levamos todas as de perder (a non ser que sexamos os organizadores). Pero en maior ou menor medida temos un lado irracional que, desgraciadamente, é potenciado polos organizadores dos xogos de apostas. Por exemplo, o Estado fai campañas agresivas para que consumamos lotería de Nadal. Para iso, desde hai uns anos utiliza o lema “¿Y si cae aquí el gordo de navidad?”. Con esta propaganda pretende facer florecer os nosos instintos máis egoístas e rastreiros: teño que comprar non sexa que caia aquí e se fagan ricos os que me rodean e eu non. E así potencian que compre nesta cafetería na que entrei, neste comercio, … En fin, un tema que tamén ten interese desde o punto de vista sociolóxico, de marqueting, ético, etc.
    Pero permitídeme tratar o tema das apostas desde un punto de vista matemático. Moitas veces participamos nos xogos de azar porque non comprendemos adecuadamente os conceptos relacionados coa probabilidade e da estatística. E posuír eses coñecementos é fundamental, tal como sinalan os autores que cito a continuación [elixín a autores non matemáticos para que non sexan sospeitosos de parcialidade e para que comprobedes que incluso persoas procedentes doutros campos son capaces de dicir cousas sensatas 😉 ]
    “… os avogados serían mellores avogados, os xuíces mellores xuíces, os parlamentarios mellores parlamentarios e os cidadáns mellores cidadáns se souberan máis ciencia e, o que é máis pertinente, se razoaran máis como científicos. (…). Os xuíces, e os que deben tomar decisións en xeral, tomarían decisións mellores se foran máis versados nas artes do razoamento estatístico e da avaliación de probabilidades.” RICHARD DAWKINS, biólogo

    “… A súa ignorancia [do cálculo de probabilidades] pode conducir a erro aos profesionais expertos en campos como a medicina, a física e, por suposto, as ciencias sociais. (…) esta ignorancia é unha das fontes máis perniciosas de supersticións e fraudes. A aprendizaxe das súas bases fundamentais, como a aritmética, debería ocupar un lugar importante nos programas de matemáticas, a todos os niveis.” GEORGE CHARPAK (Premio Nobel) e HENRI BROCH, físicos

    “A (…) contribución á irracionalidade humana é noso fracaso á hora de empregar os rudimentos do cálculo de probabilidades e da estatística, así como dos conceptos que derivan deles. Parece que a causa fundamental neste caso é a ignorancia, atribuíbel en boa medida ao sistema educativo.” STUART SUTHERLAND, psicólogo

    Dito isto, imos ver dous erros que se cometen cando participamos en xogos de apostas. O primeiro erro ten que ver coa actitude que teño atopado en persoas que me rodean (mesmo en persoas con título universitario, o que demostra que telo non é garantía de que saibas pensar), que sentían excitación cando estaban a piques de tocarlle o premio… porque compraran a participación no sitio onde tocara [Nota: se queredes sentir esa parva emoción, encargade por internet un décimo da lotería de Nadal á La Bruixa d’Or, en Sort (Lleida). Alí venden tantos números distintos que é o sitio con máis probabilidade de que toque alí]. O malo é que nós compramos un número, e a probabilidade de que toque ese número é a mesma, independentemente de que o compremos en Lleida como na administración de lotería do noso barrio. Ou non?
    O segundo erro vén a conto da correcta afirmación de Rubén Lema “en los juegos de azar no importa perder “por poco” ya que esto no dice nada sobre la probabilidad futura de ganar”, e ten que ver coa incomprensión da probabilidade, e máis en concreto coa lei dos grandes números, que afirma que a probabilidade dun suceso é o número ao que se aproxima a frecuencia relativa cando repetimos o experimento cada vez máis veces. A incomprensión desta lei fai que se cometa unha falacia, é dicir, un razoamento incorrecto. Vexámolo cun exemplo: supoñamos que temos unha moeda equilibrada. Lanzámola unha primeira vez e sae cara, unha segunda e sae cara,… e así ata nove veces e en todas obtemos caras. Unha falacia consiste en supoñer que, como a moeda é equilibrada e a probabilidade de saír cara é igual á de saír cruz, xa vai sendo hora de que saia cruz e por iso apostaremos porque o décimo resultado sexa cruz. Esta falacia ten un nome, e é o de a falacia do xogador (ver http://gl.wikilingue.com/es/Falacia_do_xogador )
    É compatíbel ter unha moeda equilibrada e que saian tantas veces “cara”? Por que é unha falacia o anterior, non haberá un momento no que o número de caras e o número de cruces se aproximen? A resposta á primeira pregunta é que si, e á da esperanza de aproximación do número de caras e de cruces é que non. Por que? Esa é outra historia que debedes pensar e resolver durante este verán.

  18. david regueira di:

    Vamoslle ter que deixar poñer máis veces as notas a Quique no noso blogue para que nos deixe comentarios de este calíbre.
    En primeiro lugar creo que todos estamos concienciados que iso é un timo ou máis ben é o azar.
    O azar está presente en todos os tipos de apostas,xa estudamos moitas veces na clase a probabilidade de sacar certa cor dun frasco…pero nestes casos o azar esta manipulado,e como moi ben dixo Ruben máis o noso queridísimo Quique aínda que se acerque a gañar non quere dicir que o seguinte intento sexa o válido.
    A primeira pregunta que fai.Se non meto a pata coma de costume,non pode ter que ver co da nube de puntos estudada na clase??

Deixa unha resposta