España quéntase o triplo de rápido que o resto do planeta.

A Península Ibérica quentase a un ritmo superior que o resto do hemisferio norte. A taxa do seu quentamento é un 50%  superior á media desta zona do planeta é case o triplo da media global, segundo o Informe “Clima en España: pasado, presente y futuro”, elaborado pola RedeTemática CLIVAR-España.

Segundo este estudio a finais do século XXI a temperatura mostrará un aumento de até seis graos centígrados, haberá un descenso das precipitacións de case un 50% e haberá unha tendecia cara condicións máis áridas na maior parte do territorio.

imagen

O estudo mostra que a temperatura aumentou a un ritmo de 0,13 graos por década entre 1901 e 2005 e case a 0,5 entre 1975 e 2005.

Se consideramos o século XX a temperatura aumentou case por igual en todas as estacións, pero nos últimos 30 anos o quentamento foi moito máis pronunciado en primavera e verán.

A profesora Blade  sinalou que aínda que a temperatura aumente seguiremos a ter invernos puntuais. En canto ás precipitacións descenderon notablemente a finais do inverno con respecto das décadas dos 70 e 80.

Autor: Juan Lorenzo  

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.