Unha mente marabillosa.

imagenProbablemente a maioría de vós vistes ou escoitastes falar da película “Unha mente marabillosa”. 

Esta película está inspirada na vida dun dos grandes científicos: John Forbes Nash, premio Nobel de Economía en 1994, cuxo cerebro abarca un inxenio tan deslumbrante, que se compara co de Einstein. John Nash destacou dende ben novo pola súa incrible capacidade para as matemáticas. Foi dende pequeno un neno antisocial, que pasaba os días lendo grandes libros e dedicando o seu tempo ás ciencias. Así, chegou a desenvolver esta capacidade, case sobrehumana, prestando especial interese polas matemáticas. Comezou o seu traballo en RAND Corporation, unha institución que canalizaba fondos do goberno dos Estados Unidos para estudos científicos relacionados coa guerra fría; e posteriormente empeza a dar clases no Instituto Tecnológico de Massachusetts (no que non era moi valorado polos seus alumnos debido ao seu carácter difícil). 

Pero algo comezou a pasar dentro desta mente marabillosa. Apenas un ano despois de casarse, diagnosticóuselle esquizofrenia paranoide, unha grave enfermidade que lle acompañou durante os seguintes 30 anos. A esquizofrenia é un trastorno mental caracterizado por unha perda de contacto coa realidade (psicosis), alucinacións, delirios, pensamento anormal e alteración do funcionamento social e laboral. Aínda que a causa específica é descoñecida, o trastorno ten claramente unha base biolóxica. Moitas autoridades na materia aceptan un modelo de “vulnerabilidade ao estrés”, no cal considérase a esquizofrenia coma un fenómeno que se produce en persoas biolóxicamente vulnerables. 

Os síntomas de Nash eran moi claros: oía voces, buscaba mensaxes secretos nos números, desaparecía durante días sen mediar palabra, e incluso falaba con persoas que non existían. Ademais, o seu fillo desenvolveu a súa mesma enfermidade.  

Nash declarou que a búsqueda da racionalidade como ideal afundiuno  na  loucura. O medo á mediocridade fixo que se embarcara nun proxecto demasiado ambicioso; acabou desestabilizado física e mentalmente e empezou a ter delirios de tipo mesiánico, político e relixioso.  Nash conseguiu recuperarse tras anos de continua loita por conseguilo; declarando repetidas veces o difícil que é para el falar desta enfermidade, e da situación tremendamente dura pola que tivo que pasar case a metade da súa vida. 

Actualmente, afirma que desexa seguir coas súas investigacións, e lograr algo valioso nos seus estudos actuais e futuros.

Autora: Sabela Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to Unha mente marabillosa.

  1. juanjo regaldie di:

    Non tiña oído falar nin de Nash nin de esta película, pero ten algo que ver esta película con Nash?
    Por outra parte creo que esta persoa é un claro exemplo de superacion, porque unha enfermidade como a que tivo el é moi dificil de superar. Tivo que pasar por moitos malos momentos seguramente, porque non debe ser fácil creer que estas a falar con alguen e que che digan que non hai ninguen o teu lado, por exemplo.
    Unha noticia interesante

  2. sabela di:

    Respondendo á pregunta de Juanjo… si, a película está baseada na vida de John Forbes Nash. O protagonista é Russell Crowe, e gañou en total catro oscars no 2001. Déixote o trailer, xa que penso que é unha película que plasma moi ben como foi a vida de Nash. (Síntoo, non atopei o trailer en español…)
    http://www.youtube.com/watch?v=aS_d0Ayjw4o

  3. roberto vazquez di:

    Creo que hoxe en día a sociedade ten unha valoración negativa sobre as enfermidades mentais, por iso pareceme moi ben que mediante este tipo de peliculas coñezcamos a realidade das persoas que padecen estas enfermidades. Pero o que de verdad me gusta é que se recoñecera o traballo John Forbes Nash é se lle concedera o premio nobel .

  4. pablo rodriguez di:

    Unha noticia moi interesante, pero non entendo moi ben o como Nash conseguíu saír desta enfermidade, se pensas que falas solo, como vas pensar que non falas con ninguén? non sei, sería unha enfermidade psicosomática?

  5. ruben lema di:

    É curioso como alguén que dedica tanto tempo a investigar e estudar chege ao extremo de que perda o sentido da realidade,neste caso pola enfermidade de esquizofrenia,pero creo que Nash tivo sorte de sair desa enfermidade e segir dedicándose as suas investigacións.

  6. javier otero di:

    En un primer lugar decir , que me ha parecido una noticia sorprendente.
    En segundo lugar procederé a decir lo que pienso , y que me recordó esta noticia.

    La enfermedad de Esquizofrenia aparece por ejemplo en el libro de Don Quijote de la mancha , pues se que no es una realidad , es una ficción , pero la cosa está en que es similar.

    Pues en el libro Don Quijote pierde la cabeza por leer novelas de caballerías y pierde la cabeza y distorsiona la realidad.

    ¿Creéis que Cervantes ya sabía de la existencia de esta enfermedad , o por el contrario fue una simple coincidencia?

    En último lugar darle las gracias a mi compañera Sabela por introducir este tema.

  7. javier otero di:

    *Don quijote pierde la cabeza y distorsiona la realidad a causa de las novelas de caballerías.*(rectificación que hice una redundancia)

  8. sabela di:

    A esquizofrenia non ten un tratamento en concreto que asegure a curación. O que si se utiliza son unha serie de medicamentos cos que o enfermo vai controlando a súa enfermidade. Superar a esquizofrenia, recobrando a cordura, é algo que algúns conseguen e outros non, ao igual que a superación de moitas outras enfermidades. Pero a mente é algo moi complexo. Non podemos saber o que pasou dentro da mente de Nash cando comezou a desenrrolar a esquizofrenia, e tampouco sabemos que sucedeu cando, despois de moitos anos, conseguiu superala. O que si podemos asegurar, é que conseguiu aproveitar esa impresonante capacidade mental para saír do pozo sen fondo no que anos atrás afundíraoo. O que si pódese asegurar con total convicción é que a enfermidade que Nash padecía era esquizofrenia paranoite, sen lugar a dúbida.
    O certo é que todo isto é algo no que profundizar. Que sucede nunha persoa para chegar a un estado de esquizofrenia, pero o que é aínda máis sorprendente, como pode esa mesma persoa superalo. Non é algo sinxelo de respostar, pero é un tema interesante que tratar.

    Por outro lado, respostando ás cuestións que plantexa Javier… a verdade é que a loucura de Don Quijote, malia ser un personaxe ficticio, ten moito para poder ser analizada. Así pois, hai varia teorías sobre isto. Atopei algunhas páxinas onde explican bastante ben o tema.

    “Según el doctor Alonso Fernández, Cervantes era plenamente consciente de lo que estaba describiendo cuando emprendió la aventura de escribir su obra maestra. “Había conocido a muchos enfermos mentales en el manicomio de Sevilla y además, él mismo debió ayudar en ocasiones a su padre, que era un cirujano barbero. También es posible que se inspirara en un personaje real que vivía en Argamasilla de Alba y que se llamaba Domingo Pacheco. Lo cierto es que todos los psiquiatras que tenemos cierta experiencia hemos visto a enfermos mentales muy parecidos al hidalgo Alonso Quijano.
    Una vez aceptada la idea de que Don Alonso Quijano padecía una enfermedad mental, llega el momento de preguntarse cuál. ¿Neurosis? ¿Esquizofrenia? ¿Ideas obsesivas en torno al tema de la necesidad de administrar justicia y ayudar a los pobres y a los débiles? El trastorno bipolar —lo que antes se llamaba trastorno maníaco-depresivo— es la opción por la que se inclina Francisco Alonso Fernández”

    E por outra parte…

    “Desde el punto de vista médico, don Quijote es un paranoico magníficamente retratado. Esta enfermedad mental se caracteriza por concepciones delirantes sistematizadas, de curso progresivo, con síntomas como egocentrismo y susceptibilidad. La locura de don Quijote no ofrece siempre las mismas características, y va evolucionando en el transcurso de la novela”

    Así que, como vedes, hai moitas teorías ao respecto; xa que se trata dun tema do que poden sacarse moitas conclusións, e como toda obra de ficción, cada un pode interpretalo de diferente maneira. Eu, persoalmente, non creo que Don Quijote tivera esquizofrenia. Pero si penso que Cervantes foi consciente do papel importante que a enfermidade de Don Quijote tiña para a obra, non só desde o punto de vista poético e literario, senón tamén desde unha visión médica.

  9. daniel varela di:

    pareceme unha noticia interesante sabela, é incríbel como unha persoa cunha enfermidade como esa poida saír dela con esforzo e voluntade.
    Que lle sea leve.

  10. miriam yang di:

    Unha noticia moi interesante. Non sabía que a esquizofrenia era hereditaria eu o que pensabe e que esta enfermidade producíase debido a factores externos como o estres, a insociabilidade,a crencia de cousas estrañas…
    O que sí é que me alegro de que Nash se recuperara desta dura enfermidade que marca a vida dunha persoa.
    Debe ser inmaxinable a soidade que trae esa enfermidade e como de irreal é o mundo para aquelas persoas que sofren disto.
    Epero que pronto encontren unha cura definitiva para todas as persoa enfermas de esquizofrenia.

  11. Javi Gago di:

    Paréceme unha noticia moi interesante. É asombroso como unha persoa enferma de esquizofrenia pode ter esa forza de vontade, que o leva ata tal punto de gañar un premio Nobel. Paréceme un bo exemplo a seguir: forza, tenacidade, persistencia…Moi boa noticia.

Deixa unha resposta