Células artificiais.

A creación nun laboratorio da primeira “célula sintética” permite fabricar microoganismos á carta, estas bacterias están diseñadas para acelerar a produción de vacinas, fabricar novos bicombustibles e incluso para comerse vertidos como o do Golfo de México. Pero este descubrimento non supón unicamente unha serie de vantaxes, tamén ten unha serie de dúbidas bastante inquietantes como a  modificación do xenoma humano ou a creación de armas bacteriolóxicas.

Craig Venter “pai” da nova célula creada é consciente dos riscos deste descubrimento, por iso se apresurou a dicir que hai que regular esta tecnoloxía tan poderosa. A Craig Venter, que recibiu o premio Príncipe de Asturias de Investigación, non lle preocupa tanto o paso que acaba de dar senon máis ben o que ocorrerá nos próximos anos.

“Creo que as regulacións existentes non bastan, como creadores e responsables do seu desenvolvemento queremos ver que se fai todo o posible para previr abusos” afirmaba Venter.

Sobre o seu logro, Venter afirma que se trata dun “novo paradigma”. “Partimos dunha célula viva, pero o cromosoma sintético transformaa nunha nova célula artificial”. A nova célula unicamente conten o ADN sintético, este sistema non fabrica as proteínas nin as células sinteticamente, senon que é o cromosoma o que determina o proceso.

Como primeira aplicación o científico estadounidense ten en mente obter algas limpiadoras, que capturen o dióxido de carbono e coas que se podan fabricar novos hidrocarburos. Tamén ten un proxecto co Instituto Nacional da Saude de Estados Unidos e con Novartis para axilizar a fabricación de vacunas.


Autor: Juan Lorenzo

 

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

10 Responses to Células artificiais.

  1. María Piñeiro di:

    Xa en xaneiro de 2008, cando Craig Venter presentou o primeiro xenoma sintético dunha bacteria, os científicos valorárono como un enorme avance tecnolóxico, pero non como unha verdadeira revolución científica. Agora que ten logrado dar un paso máis e transplantar o xenoma deste microorganismo a outra bacteria á que lle quitara previamente o núcleo, a valoración segue sendo a mesma. A xeración de microorganismos á carta, o obxectivo, aínda está lonxe. E tampouco se ten creado unha bacteria totalmente nova saída do laboratorio. O gran adianto é conseguir a síntese dun cromosoma totalmente in vitro.

    En sentido estrico, non se ten creado unha nova célula. Copiouse o xenoma dunha bacteria xa existente para reconstruílo in vivo en laboratorio. Despois, este ADN nuclear transplantouse á célula de outra bacteria á que se lle quitara o núcleo. Iso si, o microorganismo exóxeno asumiu o control do seu hóspede, tomou as rendas da súa maquinaria celular.

    É a primeira vez que se teñen construído fragmentos de ADN de gran tamaño a partir de partes elixidas a vontade ata construír un cromosoma dun tamaño respectábel. A ensamblaxe do millón de nucleótidos nos que estaba ordenado o xenoma da bacteria na súa secuencia ordenada é o que constitúe un auténtico salto tecnolóxico. Crear cromosomas sintéticos por enxeñería xenética non é unha novidade, pero ata o de agora só se podía manipular unha pequena parte.

    Agora mesmo, crear células humanas ou de outros mamíferos é ciencia ficción. Unha cousa é crear unha célula sintética dun organismo unicelular e outra fabricar o cromosoma dun ser complexo. Una bacteria non é máis que un saco cunha molécula de ADN moi primitiva, é moito máis sinxela de reprogramar. Para facer o mesmo cunha célula eucariota superior non se teñen nin os medios nin a información necesarios.

    A información xenética das bacterias é moi simple, teñen un xenoma cunha información circular e relativamente sinxela de copiar. Por contra, cada célula do noso corpo contén 23 pares de cromosomas lineais e con moita máis información e máis complexa, con mecanismos que aínda non se coñecen.

    O descubrimento de Craig Venter e o seu equipo demostra que é posible lograr microorganismos á carta con fines industriais e médicos, pero aínda queda un largo camiño por recorrer para conseguilo, nunha carreira na que tamén se terán que establecer os límites desde un punto de vista ético e de seguridade.

    A manipulación xenética de bacterias vense practicando desde hai moito tempo, pero agora se trata de crear un novo xenoma sintético para modificar a acción de outras bacterias coas propiedades que interesen en cada caso. A partir deste cromosoma mínimo, que conteña a información xenética indispensábel para a súa supervivencia, poderán ensartarse os xenes elixidos coas calidades específicas para cada caso. Pero hai que saber cómo facelo.

    Desde un punto de vista estritamente científico, esta investigación non debería plantexar un debate ético, porque non se trata de crear vida nova, e moito menos humana, pero si cómpre establecer un marco que regule a aplicación do novo coñecemento. Estamos falando de microorganismos novos e non están moi claras as condicións de bioseguridade que terán.

  2. andrea dalmao di:

    Lin todo o comentario de María é sinceramente cada vez asombrame máis. Son cousiñas que eu tamén sei pero que non as explicaria de mellor forma ca ela porsuposto.

    Etou totalmente de acordo co que di sobre crear un debate ético. Pareceme absurdo posto que tratase de ciencia e non prexudica nin máis nin menos os seres humanos. Pero aun así estou convencida,e non é por ningun mal, de que tarde ou temprano saldrá algunha opinión.

    É unha boa noticia, pero é as consecuencias?

  3. laura obarrio di:

    Supoño que como na maioria dos temas os problemas que xurden son pola falta de información, é lóxico que a xente teña medo e remate por facerse ideas que non son se esta información non se publica nos medios.
    A verdade e que estos descubrimentos polo de agora teñen unhas boas espectativas e fins, que seguro melloraran a nosa vida.

  4. Javi Gago di:

    Incrible. O único punto contradictorio nesta historia é un debate ético forte, como ben di María. Eu penso que, desde un punto de vista científico, esto é un gran avance, xa que gracias a esto pódese chegar a crear células de calqueira tipo, facendo moito maís fácil a curación de diversos problemas fisiolóxicos. Desde un punto de vista ético, non penso que esto poida acarrear ningún problema, porque non se leva a cabo nada malo, desde o meu punto de vista. Moi boa publicación.

  5. Cristian Aimar di:

    Estou dacordo co meu compañeiro Javier, pensamos nas desventaxes científicas soamente, pero non pensamos nas reprimendas éticas que a igrexa pode realizar.
    Eu penso que esta moi ben porque é un importantísimo avance que pode axudarnos a moitas cousas.
    Boa noticia.

  6. andrea torreiro di:

    Supón un avance tecnolóxico extraordinario,
    dende o punto de vista técnico “abre campos e posibilidades enormes”
    Algúns dos alumnos do ano pasado coñecemos a complexidade que ten unha célula e o seu funcionamento e por iso penso que o que se aportou é unha parte deste funcionamento celular, pero a célula e moito máis.

    Por último gustaríame engadir esta páxina na que me pareceu interesante tanto o vídeo como ao final a explicación sobre a formación desta célula artificia.
    http://www.bbc.co.uk/mundo/ciencia_tecnologia/2010/05/100520_celula_sintetica_men.shtml

  7. samuel garcia di:

    Penso que é un enorme avance para a ciencia este feito.
    En resposta a Cristian, non solo a igrexa esta en contra de este tipo de avances pos motivos éticos, senón tamén outras comunidades que teñen un punto de vista acerca da vida moito mais místico, e pensan que non se pode manipulala.
    Eu penso que non hay devate ético posible, e que este avance será moi veneficioso, e utilizarase para a mediciña, e non para a guerra. Mentre isto sexa así, non vexo ningún inconvinte en que se siga a investigar neste campo.
    Gustoume a tua noticia, Giovanni. Meus parabens.

  8. ruben fernandez di:

    Este descubrimento supón un gran avance na enxeñería xenética, pero coma todo avance está claro que ten problemas, pero o que hai que facer non e evitar progreso senón adaptalo á nosa saciedade e establecer unha normas consecuentes co que estes avances podan supoñer.
    E putra cosa que se debería facer son campañas divulgativas adecuadas á xente para que podan entender estas investigacións e desta maneira non se crearían moitos dos debates éticos que se producen moitas veces na sociedade, e que son fruto da ignoranciaen moitos casos.

  9. alejandro lopez di:

    Eu penso que este avance favorecerá a vida do ser humano no caso de ter problemas deste tipo. En todo avance, neste caso é un avance de inxeñeria xenética, pode atoparse claquera tipo de problemas pero, isto co tempo irase mellorando y, seguirase a investigar neste campo.É unha noticia moi interesante que nos pode servir para o futuro ou mesmo, para o presente.

  10. ivan garcia di:

    Este descubrimento creo que pode significar un avance moi importante, case se poderia decir que unha revolución cientifica xa que estamos a falar que este descubrimento significar en avanzar en varios campos da ciencia. Pode significar que o home deixara de depender do petroleo ou que desastres coma por exemplo o do Golfo de Mexico podanse remediar dunha maneira rápida e eficiente.
    Penso que este descubrimento ten mas ventaxas que inconvenientes e que se deberia inverter moito mas diñeiro en este tipo de investigacións.

Deixa unha resposta