Descubren o mecanismo universal do envellecemento

                                                                                         Grazas o desenrrolo do chip de ADNimagen poidose comprobar que  a proteína chamada sirtuin condiciona o proceso de envellecemento dos fungos e os mamíferos .

De feito, a súa importancia radica na  regulación das expresións xenéticas de forma adecuada, é dicir, a medida que pasa o tempo o ADN vaise deteriorándo e como consecuencia a proteína sirtuin non pode facer ben o seu traballo que consiste en regular a actividade xenética. Polo tanto aparecen as características propias do envellecemento.  

Este importante descubrimento publicado na prestixiosa revista Cell-2, propoñe un “mecanismo universal” do envellecemento, ata o punto de poder crear medicamentos que fagan reversible a vexez nun futuro.

Experimentando con ratos e baixo a hipótese de que con máis  sirtuins, a reparación do ADN volveríase máis eficiente,  extendeuse a esperanza de vida dos ratos  entre un 24 e un 46%. Os científicos sinalan que este descubrimento abre unha vía cara a creación de medicamentos que poidan estabilizar a redistribución de sirtuins a medida que pasa o tempo. 

O deterioro do ADN non sería en sí mesmo a causa do envellecemento, se non que pon en marcha un proceso que provoca a ausencia da regulación da expresión xenética.

 Máis información aquí

Autora: Miriam Yang

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.