A min, unha pel impresa, por favor.

imagen

Gustanos debuxar porque se nos equivocamos podemos borrar e volver a comezar. Pero a natureza pode facer o mesmo con nós? Que pasa se alguén ten un accidente e lle cae auga fervendo con só 5 anos na cara? E se cae da moto e quedase sen pel na rodilla?

Doutores do Instituto de Mediciña Rexenerativa da Universidade de Wake Forest,  Estados Unidos, lideraron un proxecto que consiste nunha “impresora” que esparce células de pel sobre o tecido danado por queimaduras. Funciona como un “spray”, e podería ser usado noutro tipo de feridas dérmicas.

Esta “impresora de pel” está formada por un contenedor de células de pel, células nai, nutrintes e unha boquilla controlada por ordenador que se encarga de inxectar as células no seu lugar.

Como funciona?

A ferida é escaneada por un láser, para que a impresora (que está baseada nas de inxección de tinta comúns) encárguese posteriormente de repartir dúas capas de células na ferida: primeiro de fibroblasto como substrato, e logo imprime unha capa protectora de células de queratinocitos. Ambalas duas  solucións conteñen un composto acuoso de células dérmicas non desenvoltas.

As prácticas en animais deron bos resultados. Últimamente estánse a provar en porcos  pel máis parecida a nosa e os resultados invitan a facer experimentos en humanos.

Pero..causarán problemas os tecidos novos nas peles vellas? E se o seu crecemento fose continuo?

Autora: Andrea Dalmao.

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to A min, unha pel impresa, por favor.

  1. lizeth viancha di:

    A noticia é realmente interesante e gustaríame saber se este “tecido novo” pode ser rexeitado polo paciente ou ten algunha conexión connosco?
    Encántame a idea de que se unha persoa sofre algún contratempo no que perda parte de súa pel podaselle rexenerar (polo menos físicamente) sen problema ningún.
    O proxecto está en desarrollo ou aínda non avanzou?

  2. pablo rodriguez di:

    Unha noticia moi interesante e impresionante polo feito de poder rexenerar tan ben a pel. A miña dubida é se esto se aplica nada máis está a ferida aberta ou xa sobre a zona afectada xa curada.
    Gran noticia.

  3. andrea dalmao di:

    Todavía non se sabe moi ben Pablo. A zona afectada, imaxínome que aberta polo titulo da noticia no que á encontrei, é localizada e nela introdúcense as celulas.
    Lizeth, non sei moi ben que estasme a preguntar con se ten que ver connosco pero está formado por “celulas nai” que póden ser de calquera persoa posto que todas son iguais.
    Non sei se che respondo a pregunta pero bueno calquera dubida intentarei compracerchela.

  4. juan lorenzo di:

    Creo que é un avance moi importante está claro que o campo das células nai non ten límite é unha fonte de recursos inesgotable.
    En canto as preguntas que formulas a primeira non a acabo de entender moi ben, porque como ti ben dixeches as células nai son todas iguales, polo tanto non debería haber rexeite algún.
    Con respecto á segunda soamente realizar experimentos pode respostalo.

  5. sofiaizquierdo di:

    parece incrible que a ciencia avanze con esta facilidade e rapideza, isto so dixen a miña nai e pareceulle incrible, que non sabe como poden facer iso, nos coincidimos en que é unha cousa super inovadora e que lle facilitará moito a vida a certas persoas de agora e do futuro.
    Preguntome se a xente a que lle implantan esta pel poderia sufrir un rechazo, porque eu penso que se un neno pequeno de idade se lle implatase estas novas células para cubrir unha parte da sua pel dañada poderia sufrir un rechzlo e con elas ter uns síntomas graves que puxeses a vida de este neno en perigo. Alguén saberíame responder¿?

  6. andrea dalmao di:

    Non poden sufrir rechazos penso eu. Porque as celulas nai son celulas inofensivas, que están sen especializarse. O verdaderiro problema é cando se algunha destas celulas non parase de crecer. Pero por agora non houbo ningún problema.

  7. Tania Blanco di:

    Unha noticia moi interesante.
    Parece que a ciencia non para de avanzar.
    Ata o de agora os inxertos viñanse facendo con pel do propio enfermo para que non houbese rechazo, e ainda así nn sempre eran con resultado favorable. Pareceme un descubrimento moi importante e oxalá consigan obter o resultado esperado, pero a miña dúbida é: E si estas células nai crecen descontroladamente? Poderían chegar a formar algún tipo de tumor?

  8. andrea torreiro di:

    Gustaríame aportar que este “spray” celular está pensado para tratar queimaduras graves de segundo grao, nas que as dúas capas superiores da pel están danadas pero o tecido subcutáneo aínda segue intacto. As queimaduras de tercer grao, de maior gravidade, aínda precisan o uso de inxertos de pel.
    É un gran avance neste tema xa que é moi importante, a pel protexe a noso corpo, e é algo que facilmente podemos danar, xa podemos dicir que a nosa pel ten “memoria”.

  9. miriam yang di:

    Como a todos esta noticia pareceume moi interesante.
    Para moitas persoas do mundo que sufren quemaduras ésta é unha salida tanto para a súa saúde (xa que o quemarse a pel esa zona queda moi desprotexida e exposta as bacterias e virus que poden producir infeccións) como para a vida persoal.

    Eu creo que co avanzado que esta a ciencia hoxe en día en todos los sentidos espero que non haxa problemas na aplicación deste método.

  10. tamara p di:

    Me alegro mucho al ver noticias como estas;
    Porque a mi me recuerda a cuando yo me quemara con aceite y agua hirviendo mitad de la cara y mitad del abdomen. Gracias a mi suerte y a los cuidados,no me quedaron ni marcas ni secuelas, pero recuerdo lo que pasé esos meses mientras me curaba y todo lo que me pasaba por la cabeza al pensar que mi cuerpo quedaría desfigurado de por vida. Y ahora gracias a estes avances no tendríamos porque llegar pensar ni a vivir con partes del cuerpo desfiguradas, podríamos tener una reconstrucción casi intacta de nuestra parte del cuerpo afectada.

    Porque mucha gente joven y no tan joven tiene cicatrizes, quemaduras que seguramente le gustaría recontruir y hacer una vida más normal.
    Porque ya no es tener una parte del cuerpo afectada sino que también tienen secuelas psicológicas, sociales…
    Y con estos avances haríamos mejorar notablemente la vida de la gente.

  11. ruben fernandez di:

    Un gran avance para toda esa xente que por queimaduras ou accidentes, que marcado para toda a vida. Esta claro que esto aínda atopase en desarroio pero é un gran avance, xa que ata agora só se podian facer inxertos da nosa propia pel.

Deixa unha resposta