A forza desmedida do Furacán Katrina

O Furacán Katrina foi un gran furacán, unha tempestade tropical que alcanzou o nivel 5 da Escala de Furacáns Saffir-Simpson no verán de 2005.

Os ventos do furacán alcanzaron máis de 280 quilómetros por hora, e causaron grandes prexuízos na rexión litoral do sur dos Estados Unidos, especialmente arredor da rexión metropolitana de Nova  Orleans, o 29 de agosto de 2005 onde máis dun millón de persoas foron evacuadas. O furacán xa pasou polo sur da Florida, causando en torno de 2.000 millóns de dólares en danos e causando 6 mortes directas.  O furacán Katrina causou  aproximadamente 1000 mortes, ata o 31 de agosto de 2005, sendo un dos furacáns máis destructivos que ten chegado aos Estados Unidos. O furacán paralizou moita da extracción de petróleo e gas natural americano, pois unha boa parte do petróleo americano ven do Golfo do México. Durante uns meses, cinco millóns de persoas estiveron sen electricidade na rexión Costa do Golfo.

Como consecuencia da tempestade, apareceron moitos problemas. En particular, o rompimento dalguns diques que protexen Nova Orleáns, fixo que a auga fluíse cidade adentro. Aproximadamente 200.000 casas ficaron debaixo da auga en Nova Orleans e  levou  meses o bombeo da auga para fora da cidade. Houbo alí un desastre humanitario, con moitas persoas illadas debido a anagamento. Sede, fame e falta de recursos básicos  levaron a situación a un estado caótico. A área federal de desastre foi colocada baixo o control da FEMA e a Guarda Nacional.  Declarouse un estado de emerxencia,  que  dá alguns poderes similares aos de lei marcial que non existe no estado de Luisiana. Na noite de 31 de agosto, o Prefecto de Nova Orleans Ray Nagin declarou “lei marcial” (polo menos en nome) na cidade e dixo que “os policías non precisaban de preocuparse dos dereitos civis para deter os saqueadores”. A interrupción do suministro de petróleo, importacións e exportacións causada pola tempestade tiveron consecuencias importantes para a economía global.

Autor: Diego Frade

Esta entrada foi publicada en 4. Clima, 4. Riscos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

8 Responses to A forza desmedida do Furacán Katrina

  1. javier otero di:

    Quería añadir que esta tempestad a parte de inundar la ciudad de Nueva Orleáns, arrasó también las costas de Luisiana, Misisipi y Alabama.

    Este huracán produjo la muerte de 1836 personas por lo que llegó a ser uno de los más mortíferos.

    Se produjeron también enfermedades como hepatitis B, Cólera y fiebre tifoidea.

  2. samuel garcia di:

    Pareceme incrible a forza que pode ter a natureza.
    Non quero nin imaxinar o que houbera pasado se este ciclón tropical houbese descargado a sua forza contra algun pais menos poderoso e rico. As perdidas materiais non serian maiores, pero seguro que a masacre houbera sido moito maior.
    O tema do petroleo tamén foi importante, xa que sendo un pais no que o petroleo é tan importante, a produccion reduciuse a un tercio do normal, e tiveron que abrir as reservas estratexicas de petróleo para combatir a subida de precios.
    Moi bo artículo.

  3. andrea dalmao di:

    Vin unha noticia sobre este furacán. Ainda agóra, na actualidade, as árbores das praias estaban pola metade como se se cortasen pola mitade e deixasen de crecer. Un campo de pinos talados pola metade, sen follas e sen nada, só os talos dos vexetais. A verdade que chamoume moito a atención pero non foi o único. Tamén fixeron alusión á marea negra que lles está a chegar. Estaban ensinando as barreiras que andan a pór ns beiras do mar. E dixeron que ó mellor cambia o tempo e o vento. Isto alonxa a mancha da costa e estan máis tranquilos. A min pareceume mal porque coma sempre o ser humano pensa nel só. Logo non morrerán seres mariños de tódolos tipos ala onde vaia a mancha? Foi culpa nosa.

    Mentres uns teñen praia e sol, outros perden a vida a costa dos demáis.

  4. daniel varela di:

    É bastante sorprendente o que pode facer un simple furacán, que leva consigo moitas vidas humanas e moitos danos a largo plazo e ata tamén a corto plazo!
    Supoño que este furacán traerá consigo moitos problemas para a súa poboación, tanto económicos como sociais, e ata pode que turísticos tamén, xa que Nova Orleáns e Florida ou Bahamas tamén teñen o seu punto turistico.
    Paréceme unha boa noticia Diego, interesante. A imaxe tamén é impactante

  5. andrea torreiro di:

    A lentitude a hora de actuar por parte do goberno dese momento (George Bush) para afrontar a crisis foi un gran problema cara esta traxedia natural xa que ninguén se explica como a primeira potencia mundial non puido afrontar esta situación; incluso países con menos recursos fixérano mellor anteriormente noutros casos. Esta forma de actuar por parte do gorberno foi criticada tanto a nivel nacional como especialmente polos medios de comunicación .

    Outro punto que quero nombrar é o racismo que alegou a maior parte da poboación negra á hora de recibir axuda por parte da Cruz Vermella estadounidense.

    Un ano despois deste suceso prácticamente só regresara a metade da poboación e aínda non comenzara a reconstrucción, só os diques foran reparados.

  6. sofiaizquierdo di:

    Yo tengo entendido que este huracán, causo grandes destrozos en Luisina, donde afectó sobre todo a la petrolifera, la que se estimó que perdió 420.000 barriles en la producción por el caos y los destrozos de este huracán.

  7. miriam yang di:

    lendo esta noticia recordoume un documental que vin na tele fai uns días. Un grupo de xóvenes especializados en materiais de construción decidiron facer unha proba que consistiu en recubrir as caravanas de fibra de carbono (un material moi resistente e a vez lixeiro e maleable) para que asi poidan resistir mellor os furacans, xa que nos paises pobres moita xente vive en caravanas e estan moi desprotexidas. O resultado da proba foi que a caravana que recubriron de fibra de carbono conseguiu resistir un vento coa mesma forza que un furacan de nivel 5 sen romperse. Foi impresionante. Ó mellor grazas a fibra de carbono as destrucións por furacans pode rebaixarse moitisimo.

  8. lizeth viancha di:

    Eu tamén vin ese documental e parecéume unha gran idea para protexer ás persoas da forza da natureza. Espero que o apliquen para lamentar menos mortes nas catrástrofes naturais.

Deixa unha resposta