A alma petroleada


Un vello petroleiro con bandeira de Bahamas que transportaba 77.000 toneladas de fuel de Letonia a Xibraltar, foi morrer fronte ás costas galegas un día de tormenta de 2002. Pero o do Prestige foi máis que un simple naufraxio, dos moitos que deron o seu nome á Costa da Morte.

Todos recordamos aquel tráxico día, e todos os que lle sucederon. Cando falamos do Prestige, podemos falar dunha infinidade de temas entre os cales se atopa o que vamos tratar: a biodiversidade. Con motivo da conferencia do profesor Victoriano Ugorri,  na Domus, nos chamados “Luns con ciencia” ,  gustaríame tratar o tema da biodiversidade en Galicia despois do Prestige, xa que é algo que está ao noso redor, un proceso que todos vivimos, e que nos afecta de preto.  

O Prestige foi unha das catástrofes cuxos efectos máis se prolongaron no tempo. Catorce meses despois, aínda se vertían seis toneladas de residuos ao día. Estes vertidos tóxicos afectaron a todos os ecosistemas. Os animais morreron pola impregnación do fuel e por asfixia. 

Dentro do sistema peláxico, unha trintena de especies víronse afectadas. Así, o neuston foi afectado, en primeiro lugar, por un inmediato efecto físico de adherencia. Os copépodos, tamén foron dos máis danados polo fuel e  os vertebrados peláxicos, con 23.181 aves afectadas.

Algunhas especies, foron arrastradas directamente ata a morte, mentres que outras foron vítimas de deformacións. Algúns mariscos foron imposibles de levar ao mercado, converténdose en non comestibles. Por outra parte, temos os fondos submarinos das costas galegas, que son extraordinariamente ricos en fauna e flora, sendo sen dúbida os máis afectados pola catástrofe.

En canto os fondos, temos que incluir nos afectados ós  fondos profundos  os fondos de plataforma e os fondos infralitorais nos que infinidade de especies morreron ou viron seriamente afectado o seu hábitat. Os infralitorais rochosos, sen embargo, foron os menos afectados de todos

No medio intermareal, tanto praias, mariñas, coma coídos foron inundadas por estes vertidos tóxicos. Neste caso, calquera de nós puido comprobar no verán seguinte á traxedia, como restos de chapapote aínda quedaban enterrados nas nosas praias. Ademais, de forma directa, miles de voluntarios comprobaron os efectos do Prestige entre todas esas rochas tinxidas de negro. 

Pero non só o fuel foi o causante do deterioro da biodiversidade da nosa terra, senón que os agresivos métodos de limpeza tamén causaron gran impacto. Probablemente non houbo moitas opcións neste sentido, xa que outros métodos non serían tan efectivos no que se refire á limpeza do fuel. Pero é necesario sinalar que tamén repercutiron na biodiversidade galega. 

A medio e longo prazo, tamén as rías víronse afectadas en certo modo polos vertidos provenientes do Prestige. 

imagen

Está claro. Todos estes danos, todo o que se perdeu xa non se poderá recuperar. Malia cómpre facer algo: non esquecer. Non esquecer para evitar que volva a repetirse. Para evitar que un descoido, algo mal levado, unha catástrofe que deu pé á tantas discusións de como tratar o problema, volvan a deixar que todo isto pase ante os nosos ollos, volvendo a causar todos os desfeitos que causou. E sobre todo, non esquecer ao mar, a riqueza que vive nel, e nas nosas terras. E protexer esa riqueza. 

Miro o mar en Touriñán e dime:
“¡Ei ti! O 15 de Agosto estabas a bañarte neste paraíso cos delfíns”. O mar míranos e nota que tamén a nós nos quedou cara de fuel, como á nosa amada costa, como á paisaxe, como ós paxaros, e nota que tamén os humanos estamos petroleados, coa alma petroleada e chapapote na mirada e no corazón. Temos esa substancia viscosa metida en cada poro da alma e do corpo.

E o mar di: “Recorda rapaz: ¡¡¡ Hai esperanza se hai rebeldía!!!”
Pero Galicia é stand-by, é o meigallo, o silencio, a intimidación, a alma petroleada ….
E o mar levántase e berra:
“¿ESTADES VIVOS? ¿HAI ALGUÉN POR AÍ?”

(Manuel Rivas)

Autora: Sabela Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 4. Contaminación, 4. Enerxía nuclear e combustibles fósiles e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

13 Responses to A alma petroleada

  1. lizeth viancha di:

    Noticias coma ísta fannos recordar aquela catástrofe e con moita razón. Os danos causados polo Prestige foron enormes – coma os que di a noticia de Sabela- e parece que para os medios de comunicación só durou mentres atopaban outra noticia de máis actualidade.

    Hai que pensar que as especies mariñas seguen estando afectadas polo accidente (porque un barco que estivo á deriva durante seis días sen que ninguén fixera nada é un “accidente”) que aínda hoxe verte 50 litos de fuel ao día, algo relativamente pouco pero significativo.

    O peor é que aínda, nesta sociedade moderna, non se tomou ningunha medida de precaución para o futuro, polo que non descarto un próximo “nunca máis”.

    Xornais como El País acordaronse do Prestige nunha recente publicación comparando éste con outro accidente maior no golfo de México. Deixovos o enlace:

    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/grave/Prestige/elpepusoc/20100501elpepisoc_2/Tes

  2. sabela di:

    Estou dacordo con Lizeth… aínda que non hai que ser catastrofistas, como dicía o profesor Ugorri na súa conferencia, é necesario non esquecer todo isto.
    Gracias pola información que nos aportas co enlace á noticia, xa que últimamente, con toda esta traxedia do golfo de México, moitos recordos do Prestige están a vir á mente de todos.

  3. pablo rodriguez di:

    Opino igual que Lizeth, penso que se deberían de probar métodos para impedir este tipo de catástrofes e ser precavidos, porque nunca se sabe o que pode ocorrer, estase a ver o pouco preparados que estamos contra esto, hai pouco vin no telexornal que se estaban a poñer barreiras para impedir o paso do vertido as costas, pero que non servían de nada.

  4. lizeth viancha di:

    Grazas compañeiros, gustaríame engadir que os políticos locais e mesmo a xente que traballa na costa non admiten o gran dano e din que o estado non é tan crítico como informan os medios de comunicación, xustifícanse ensinando unha das aves mariñas en perfecto estado despois de pasar un proceso de limpeza cando hai miles na súa situación.

  5. María Piñeiro di:

    Para min, o máis triste de todo isto é que a historia tense repetido unha infinidade de veces. Desde 1973 co Polycommander, pasando polo Erkowit, o Urquiola, o Andrios Patria, o Cason e o Mar Exeo ata chegar ao Prestige, que é o que nós recordamos.
    Son demasiados. Demasiados en tan pouco tempo.
    E con este historial, non creo que os políticos locais teñan maneira algunha de xustificarse. A pesar do accidentado das nosas costas, os petroleiros vellos, en mal estado e sen dobre casco seguen a pasearse por ela, correndo o risco de pór en perigo a nosa xa castigada biodiversidade. ¿E alguén fai algo? Sobre todo cando se trata de protexer o medio ambiente, previr é mellor que curar. Porque ás veces, curar é imposible, ou polo menos necesita moito tempo.
    Outro punto polo que creo que os políticos non poden xustificarse, é a forma de actuar que se tivo co Prestige, movéndoo dun lado para outro soltando fuel para todos lados, sen saber qué facer e sen tomar unha decisión.
    Dada a infinidade de casos que tivemos na historia local nun período de trinta anos, deberiamos ter un método de actuación rápido e eficaz preparado por se se volvese a dar o caso, ¿ou non? E tamén deberiamos encontrar algunha maneira de impedir que volva a repetirse. Porque é intolerábel.

  6. javier otero di:

    Quería decir que estoy de acuerdo con muchos de mis compañeros .

    Y mi opinión es que esta noticia me hace recordar todas las muertes de animales marinos y aves y la gran faena que debieron de pasar aquellas personas que se ganaban la vida con la pesca y en esos tiempos del prestige se quedaron arruinados.

    Espero que se reduzca este numero que hace contaminar tanto el mar y ocasionar la muerte segura a muchas especies marinas.

    Quería añadir que también se produjo una fuga de petroleo recientemente , os pongo el enlace para que veáis la noticia : http://www.elcorreo.com/vizcaya/rc/20100404/sociedad/fuga-petroleo-buque-chino-201004040921.html

  7. pablo rodriguez di:

    Os dejo este enlace del telediario de antena tres de hoy, en el que habla de la fuga que amenaza el golfo de Méjico y en el que se ve la imagen de la mancha desde el satélite y que dicen que tiene el tamaño de la comunidad de Madrid.

    http://www.antena3noticias.com/PortalA3N/internacional/Florida-prepara-para-evitar-desastre-ecologico-sus-costas/10539599

  8. david regueira di:

    O que esta claro é que houbo un cadea de erros graves. Unha desastrosa organización foi o que maís indignou a xente que via que iso non iba acabar ben.
    A meirande parte das desastres son debidas a que a avaricia rompe o saco, carganse ata os topes buques que non estan preparados.
    Tamén queda na historia as caras das mulleres e homes que loitaron coas suas forzas contra o chapapote.
    Gustaríame facer unha homenaxe o home que vivía en Camelle. Seguro que tedes oido falar de él. Conocido como Man de Camelle, de procedencia alemana, quedouse enamorado da beleza da paisaxe. Non o pensou duas veces e quedou a vivir alí. Unha das principales causas de morte foi provocada por esta catástrofe, unha gravísima depresión e a constante inhalación do chapapote acabou cun home que entregou a meirande parte da súa vida o coidado das rochas onde vivia en Camelle. Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver o seu museo http://www.elangelcaido.org/comunicacion/200610mcamelle/200610mcamelle.html

    Sabela encantanme os teus artigos.

  9. andrea torreiro di:

    O máis importante é que despois de cada unha destas desgrazas, seguen repetíndose sen tomar as anteriores como precedentes e é que podemos citar varias anteriores ao 13 de Novembro do 2002 (Prestige) e posteriores tamén.
    Cada vez que ocorre unha destas desgrazas mírase cara os políticos e é que por unha ou outra razón sempre xestionan mal os problemas, como claro exemplo disto temos o Prestige que tras varios días de maniobras para afastalo da costa galega, rematou hundido a uns 250 km da mesma e mentres os políticos miran polos seus intereses propios. Miramos cara atrás de adiante é os fallos son enormes e nunca se aprende deles, é algo ao que realmente lle deberiamos dar a importancia que se merece.

  10. sabela di:

    Estou de acordo con todos. Os erros que se cometeron foron moi grandes, sobre todo porque as persoas que tiñan nas súas mans decidir que facer coa situación non se poñían dacordo entre elas. Despois de ter pasado por tantas catástrofes similares, non se soubo nin por onde empezar en canto á resolución do problema.
    Por outra parte, agradezo a información que deixades sobre o que está agora a acontecer en Mexico, e que tanto nos recorda ao que nós vivimos. Despois de todo o que pasamos, a conciencia sobre este tipo de catástrofes é sen dúbida moito maior.
    E por último, decir que os datos que deixa David sobre o home de Camelle paréceme un tema moi bo. Eu si coñecía a historia dese home, e penso que é moi interesante, e que non está demais, polo menos, coñecela, xa que tan vencellada está á Galicia.

  11. samuel garcia di:

    O que mais me impactou foi ver á xente que vivía do mar vendo como se destrúia o seu medio de vida e como saian en pequenas barcas a recoller o “chapapote” coas mans apenas cubertas por simples lubas de lavar a louza.
    Como dicía David, eu tamén penso que aquí houbo moitos erros na organización.
    Os galegos estamos en débeda con todos esa ola branca de voluntarios que sen dúbida fixeron un brillante traballo limpando as nosas costas.

  12. javier gago di:

    De acordo con que di David e Samuel, penso que os galegos, unha vez máis na historia, demostramos que somos “aficionados” ó traballo duro, xa que moitas persoas foron salvar o seu medio de vida (como ben di Samuel) con simples guantes de goma e ata con culleres. Tamén agradécese a axuda dos voluntarios do resto de España e de outros países na labor de limpeza.

    Buscando datos sobre esto, encontrei de súpeto este poema, no que se fala desta catástrofe, redactado por un escritor da Costa da Morte. Aquí vo-lo poño:

    “Apáñese un mercante petroleiro
    dos que pasan por cerca da Marola
    argállese un pifostio que nin diola
    que faga alucinar o mundo enteiro,
    bótese un delegado pintureiro,
    acálense xornais e caixa tola,
    procúrese esquecer dar pé con bóla,
    entréguese ós leóns un conselleiro.
    Engádanse uns bistés de boi de palla,
    salfírase soberbia incompetente,
    en ver de dar razóns, sáquese a tralla.
    Móntese un show mediático impoñente,
    ignórese o clamor, míntase a esgalla,
    desprécese o país e a súa xente.
    Cózase todo
    no mesmo pote:
    Lacón con grolos
    de chapapote.”

  13. miriam yang di:

    Estou de acordo con todos os meus compañeiros.
    As fugas de petroleo son demasiado dañinas para a biodiversidade e non podemos permitirnos que pase infinidade de veces e seguir sen facer nada para impedilo ou tomar medidas en canto ós buques que transportan o petróleo. Parece que nunca aprendemos, que pensamos que esta vez vai a ser a última pero sempre acaba repetindose. É que os humanos podemos chegar a ser crueis se quera darnos conta.

Deixa unha resposta