Necesitas tomarte un respiro? Os bosques, si.

Para a produción de chocolates, a empresa Nestlé compra aceite de palma ao grupo empresarial Sinar Mas, maior produtor de aceite de palma de Indonesia, un aceite utilizado como ingrediente en moitos produtos de chocolate, como o Kit Kat.

Sinar Mas é unha compañía que está a destruír as selvas tropicais de Indonesia para estender os seus cultivos de palma aceiteira, de onde se extrae o aceite de palma. Estas selvas son o hábitat do orangután, unha especie en perigo de extinción, e ademais serven para o mantemento das poboacións locais. Debido ao drenado dos bosques, emítense grandes cantidades de dióxido de carbono á atmosfera, o que contribúe a agravar o cambio climático. Aínda que esta práctica está prohibida, despois de talar os bosques quéimanse os restos vexetais. De esta maneira, substitúese a selva por enormes plantacións de palma aceiteira que se perden no horizonte.

Así pódese producir máis aceite de palma, destinado á alimentación, á cosmética e aos agrocombustibles. Este aceite, comprado para elaborar Kit Kat, está causando a destrución das selvas e turberas de Indonesia.

                             

Para loitar contra isto, Greenpeace lanzou unha campaña contra Nestlé. O vídeo de Kit Kat foi visto por máis de 600.000 persoas en todo o mundo.

Debido ao seu grande impacto, o mércores 17 de marzo Nestlé censurou o vídeo en Youtube, o que provocou unha mobilización aínda maior na súa contra, incluso na súa propia páxina de facebook, á que se suscribiron miles de Non-Fans para criticar a súa política de compras.

Respecto as consecuencias do vídeo nos avances da campaña, Nestlé comunicou aos medios o seu rexeitamento a Sinar Mas, pero seguen utilizando o seu aceite de palma a través doutros intermediarios.

Autora: María Piñeiro

Esta entrada foi publicada en 4. Deforestacion e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Necesitas tomarte un respiro? Os bosques, si.

  1. lizeth viancha di:

    Penso que esta noticia é importante para informarnos sobre a situación da natureza en Indonesia porque eu polo menos non estaba ao tanto.
    Penso que todos merecemos un respiro e a selva indonesa estao pedindo a “gritos”.

    O producto “Kit Kat” ten un gran éxito na poboación polo que creo que non se vai baixar a súa producción e moito menos deixar de fabricarse porque se hai algo que move ao mundo é o diñeiro.

    Deberiamos plantearnos que cada vez que lle damos un mordisco ao chocolate estamos a darlle outro máis grande ás ultimas selvas tropicais de Indonesia.

    En canto ao vídeo paréceme demasiado directo e penso que ísto é importante para que chegue a mensaxe ao consumidor – aínda que vivamos nunha sociedade que se lamenta moito pero despois non fai case nada.

    Espero que a compañía pense máis no futuro do planeta e menos nos seus benefios (algo, sincera e tristemente, imposible).

    Pola miña conta non vou consumir máis este produto porque non me parece normal o que lle estan a facer aos orangutans. Doulle as grazas a María pola información.

  2. javier otero di:

    Quería aportar mi grano de arena para este debate dando mi opinión. Yo siempre fui consumidor de “kit kat” desde mi infancia, pero nunca pensé que ese “kit kat” que yo desenvolvía con mucho entusiasmo iba a destruir el hábitat natural del orangután y me quedé sorprendido porque también hace que no se mantengan las poblaciones locales. Espero que greenpeace tenga el apoyo suficiente para que se prohíba esa destrucción de las selvas tropicales.

    Muchas gracias María por ver como ese kit kat que creía bueno se convirtiera en una destrucción del hábitat de un orangután en peligro de extinción.

  3. pablo rodriguez di:

    Xa coñecía este video porque o vira un día de casualidade, e como di Lizeth tamén me pareceu moi directo e “forte”.
    Paréceme un pouco esaxerado deixar de consumir este producto tan de golpe se che gusta, a min gúsme e seguireino comendo, aínda que o como de forma moi esporádica, pero non estou de acordo de que fagan iso coas selvas tropicais.

  4. Adela di:

    Indonesia ten a maior tasa de deforestación do planeta. En que outros paises o aceite de palma tamén está a provocar graves problemas ambientais?
    Que sabedes do aceite da palma?

  5. ruben fernandez di:

    Eu quero dicir que Pablo tes rezón ó dicir que o vídeo e moi forte e directo, pero é que a realidade é que se este vídeo non fose así de impactante pasaría totalmente desapercibido. Para a xente esta é a única maneira de que dense conta da realidade do que acontece nos países pobres dos que nós, os ricos, aproveitamonos.
    Con isto, non quero dicir que deixemolo todo e comecemos unha guerra contra estas inxustizas, pero deberiamos aportar cada un de nós un graniño de area.

  6. lizeth viancha di:

    A verdade é que sabia moi pouco pero informeime en internet e encontrei que se obten a partir do fruto da palma, é o segundo máis producido no mundo e moi rico en vitamina A e E.
    O cultivo de palma de aceite asóciase a grandes problemas sociais e ambientais causados polo modo de implantación. O éxito do aceite de palma ten repercusións sobre os bosques tropicais, a súa diversidade e os seus habitantes. Como por exemplo a tala de bosques, envenenamento de auga e aire por medio de venenos agrícolas e empobrecemento das poblacións. As plantacións de palma tamén afectan á terra provocando sequías.

    O aceite de palma serve para a producción de biocombustible e por ísto moitas empresas extenden as súas plantacións invadiendo terras e afectando ao medio ambiente.
    Éstas plantacións estanse a expandir polas selvas e territorios indíxenas, Colombia e Ecuador entre outros.

    Espero que vos sirva a información que encontrei.

  7. Adela di:

    Moi beh Lizeth, e para a nosa saúde, que tal é o aceite de palma? Que tipo de graxas son?

  8. sergio vazquez di:

    Esta é unha mostra máis das barbaridades que fan as empresas multinacionais con tal de gañar diñeiro, que en realidade é o importante do negocio xa que o demais non importa, solo o diñeiro.
    Como apunte final, quero destacar que Nestlé é a compañía agroalimentaria máis grande do mundo e que ten máis de 200.000 traballadores (A nosa cidade non ten nin 250.000).

  9. ruben lema di:

    As empresas que infrinxen a legalidade na elaboración dos seus productos ainda que se descubran como neste caso buscarán outra forma de aumentar a súa riqueza sen importarlles a quen ou que afecten,deberíase por un castigo exemplar.O video plasma moi ben a noticia cunha mensaxe directa e clara,é moi orixinal.

  10. andrea dalmao di:

    A min o que me estraña é coa de millóns de cousas, explícome, estamos cáse a clonar seres humanos, e non somos capaces de atopar un aceite que teña menos consecuencias para a natureza?
    Non sei que dicir. O video é moi impactante e creo que deberíanse tomar medidas.Gustaríame poder axudalos.

  11. ivan ares di:

    É incrible o que fan as grandes empresas para poder obter mais ganancias, Nestlé como ven di na noticia é un claro exemplo pero sendo unha empresa de tales magnitudes a xente non fara caso disto posto que non lles afecta directamente, unha pena o que se chega a facer por gañar mais.

  12. sabela di:

    Supoño que todos estaremos máis ou menos dacordo con respecto a este tema… As grandes multinacionais fan o que sexa con tal de obter ganancias, e cando preséntaselles unha oportunidade doada que poida xerar bos resultados, van a por ela, sen pensar nas consecuencias.
    Para Nestlé, coma para moitas outras, o fin xustifica os medios. Non importa como se consiga, pero o seu obxectivo prioritario é ter éxito.
    E si, o conseguen. Teñen éxito. Porque son marcas mundialmente coñecidas e que todos consumimos algunha vez.
    Pero hai que saber ver máis alá, hai que informarse, para despois saber elixir con criterio.
    Ocórreseme relacionar esta nova con outras moitas…
    por exemplo, coa experimentación animal: http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=550
    ou as multinacionais explotadoras: http://rivendel.wordpress.com/2006/12/20/empresas-y-marcas-explotadoras-en-la-industria-textil/
    E non son empresas remotas, e descoñecidas. Son marcas, multinacionais, ás que todos nós acudimos nalgún momento.
    Cómpre saber a que clase de empresas van parar os nosos cartos, porque detrás dunha imaxe, e de toda a publicidade, agóchanse moitas outras cousas que a eles non lles interesa que saibamos, pero que temos o dereito de coñecer.

  13. andrea torreiro di:

    Todas estas multinacionais convértense normalmente en explotadoras dos países nos que se establecen xa que son moitas as veces que os salarios dos traballadores son baixos , o que supón que os costes dos productos sexan menores. Ao igual, explotan os recursos naturais dañando o ecosistema, que xa é un forte fenómeno a nivel mundial, incluso posteriormente as ganancias que obteñen estas multinacionais de tales explotacións non son reinvertidas normalmente no mesmo país, senón que son enviadas ao lugar onde se ubica a sede da empresa, provocando unha fuga de diñeiro. En conclusión, aparte de dañar o ecosistema dese lugar nin sequera contribue á economía nacional.
    Gustaríame citar como exemplo da destrucción do ecosistema, neste caso por parte de grandes corporacións mineiras e petroleras, os miles de mortos no desastre de Bhopal (India)
    http://www.madrimasd.org/blogs/salud_publica/2008/03/02/85713

  14. javier gago di:

    A verdade, María, non tiña o máis mínimo coñecemento sobre esto, e coma min, haberá outras moitas persoas. A verdade é que son bastante aficionado a estas chocolatinas, xa que as como case todos os días, pero despois de ver o vídeo (que me parece bastante chocante, xa que non o sabía), plantéxome a dúbida de seguer comendo Kit-Kat ou non. É unha noticia bastante informativa. A verdade é que alégrome de saber de onde procede este produto e os daños naturais levados a cabo para obtelo. Como conclusión, penso que se fabricar este produto leva consigo unha destrucción dunha especie animal, as autoridades deberían tomar parte. Sabedes algo sobre o tema?

  15. sofiaizquierdo di:

    Despues de ver esta noticia y este video, todo da que pensar, porque nadie hace nada al respecto? Pregunta Javier, la respuesta es sencilla, todo el mundo hace que es sordo, me explico, ¿para que denunciar a una empresa de gran éxito? Si total por mantenernos callados ellos nos pagan y nos da igual lo que hagan con las especies de este planeta, tarde o temprano se iban a extinguir igual si no es por esta compañia será por otra. Yo creo que esto es lo que se dicen esas ” autoridades ” a las que te quieres referir, esta claro que nadie hace nada al respecto o bien por que lo han intentado y no han conseguido nada al respecto o por que da igual lo que hagan, a quien le importa?

    Es muy triste decir estas cosas pero yo creo que es lo que de verdad sucede en estos casos en los que se sabe que una empresa perjudica al mediambiente directa o indirectamente.Ojalá algun día se comience a hacer algo por este planeta en el que vivimos y dejar de ser tan hipócritas y “pasotas”.

  16. miriam yang di:

    Esta noyicia impactoume, non só polo vídeo (que a verdade é dos que chaman a atención), senon porque non sabía que Nestle estivese dañando tanto o medio ambiente, non sei porque sempre pensei que os productos nestle eran dos mellores, pero despois de ler isto dinme conta de que moitas veces non hai que mirar só o que publican e as apariencias senon que hai que chegar máis alá, e saber de onde procede o que un toma. Como din os meus compañeiros todo é unha cuestión económica,o diñeiro supera ó benestar da natureza e dos outros animais mentres se gañe diñeiro e asi aumenten a sua riqueza as grandes empresas, neste caso Nestle.

  17. tamara p di:

    Coincido con Miriam, yo también era de esas personas que pensaba que Nestle era una de las mejores marcas.
    Nunca llegaría a pensar que una marca con tanto prestigio pudiera llegar a ocasionar este mal.
    Mi pregunta es, ¿por qué una marca con grán renombre llega a fabricar este producto?
    Ya que al fin y al cabo esto se acabaría sabiendo y dañaría su marca.
    Por otra parte me cabe pensar, que no se que tanto nos extrañamos porque toda marca importante tiene su fallo.

  18. lizeth viancha di:

    Eu pola contra penso que non ten nada que ver que unha empresa de gran calibre como é Nestle faga estas aberracións á natureza porque ven o pode facer unha empresa pequena ou anónima con diñeiro.

    O fan porque saben que aínda que a xente coñeza a verdade vai estar enganchada ao produto polo que non afectaria a súa comercialización e polo tanto os seus beneficios.

Deixa unha resposta