Pulsera máxica ou timo?

Imaxinádesvos unha pulsera capaz de reducir a dor, o estrés, as lesións deportivas, mellorar a resistencia e conseguir que teñades un mellor equilibrio? Pois existe, e chámase Power Balance.

imagen

Ben, a estas alturas seguramente todos teñades oído falar destas pulseras, ou incluso coñecer xente que as leve.

Según os seus creadores, Power Balance é capaz de:

-AUMENTAR: A forza e a enerxía do noso corpo, o noso equilibrio e coordinación, a nosa resistencia, o tempo de recuperación, a flexibilidade e a concentración.

-DIMINUIR: A dor, o estrés, as lesións, a fatiga e as enfermidades motrices.

                             

Quen dubidaría en mercar esta pulsera se todo son vantaxes? Pois ben, un recente estudio demostra que esto non ten fundamento científico ningún, só hai que fixarse na súa afirmación: “Power Balance é un holograma no que incrustáronse frecuencias naturales halladas na natureza”.  A “frecuancia” non é ningunha emisión ultratecnolóxica, simplemente é unha unidade de medida que sinala a tasa de repetición dun fenómeno nunha unidade de tempo.

Por último preguntarvos a vosa opinión. Eu non deixo de pensar que é un timo aínda que non a probei, pero coñezo xente que a ten e di que se sinte mellor e que se cumplen todas estas propiedades máxicas, e coñezo xente que a probou e non lle facía efecto ningún, polo que xa non debería de ser vendida con tanta seguridade se non ofrece esas propiedades para todo o mundo.

Déixovos o enlace do artigo que fala do timo aqui, e este outro moi interesante no que fala tamén das probas que desbaratan as propiedades destas pulseras, finalmente penso que o único efecto é pensar que che van facer ben, e elas mismas non fan nada, coma os amuletos da sorte.

Autor: Pablo Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 8. Pseudociencia e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Pulsera máxica ou timo?

  1. lizeth viancha di:

    Compañeiro Pablo, realmente é incríbel o que nos pasa, coincidimos nas noticias e comentarios da páxina. Estaba a piques de colgar unha noticia que falaba de estas pulseras “máxicas” as cales producen un efecto positivista sobre nós (según os seus defensores). Para min este positivismo é fraudulento, como podemos pensar que unha tira de silicona cun círculo no medio do tamaño dunha moeda dun céntimo nos pode axudar a controlar mellor o noso corpo? Penso que é máis psicolóxico que real.

    É o exemplo perfecto de publicidade enganosa e simplemente se venden polo xeito de que famosos as levan como Ignacio Gonzáles (vicepresidente da comunidade de Madrid), Cristiano Ronaldo e Raúl (xogadores do Real Madrid) ou a popular Belén Esteban que simplemente a leva porque lle pagan por ísto.

    Cadenas de televisión como Canal Sur (Andalucía Directo) promocionan dalgunha maneira este “invento”. Andalucía Directo emitiu un reportaxe que seguiron unhas 300.000 persoas a mesma cantidade de pulseiras que levan bendidas os hermanos inventores desta innovación.

    Espero que vos sirva a miña opinión sobre o caso.

  2. ruben fernandez di:

    Eu non creo que os efectos que producen estas pulseras sexan verdadeiros, senón que creo que a algunha xente estas pulseiras lles fan de placebo e así pensen que teñen máis forza, que lles reduce a dor… O que quero dicir é que poder da mente é moi grande.

  3. daniel varela di:

    Según o meu punto de vista, penso que esto é unha timada coma patas ten un cempés, posto que como di Lizeth e pablo, é de pensar que unha pulsera con un cacho de metal no medio non che vai facer cambiar as propiedades do corpo. Tamén penso que este video está amañado, porque a rapaza que está a facer as probas, se tan incríbel fose a pulsera, quedaría sorprendida, ou polo menos eu quedaríame sorprendido.
    en definitiva, se a alguén lle gusta levar pulseras e reloxos, pois esta é unha boa ocasión para comprala, porque é bonita, pero olvidadevos que non fan milagres!!

  4. javier otero di:

    Quería dar mi opinión sobre estas pulseras, me parecen un auténtico engaño, este señor del vídeo realmente no tiene ni idea de lo que habla ,¿cómo puede ser que digan que una simple pulsera puede mejorar nuestra salud y hacer que podemos mantenernos más en equilibrio ? Es que yo cuando vi esto me quede impresionado por lo que se inventan hoy en día para sacar el máximo beneficio.
    Y más aún si esto lo vendieron en farmacias pues eso potenció su venta y quien se crea esto va muy mal encaminado porque gastará dinero en cosas inútiles y se acabará arruinando.

    Quería añadir que muchas de las personas se mueven por instintos y no utilizando la cabeza , por ejemplo cuando en teletienda sale un producto nuevo cuyo valor es muy grande, esa persona que vea ese anuncio ya va a tener un impulso para comprarlo pero cuando lo utilice comprobará que se equivocó en comprarlo , lo dejará a un lado en su rincón de trastos viejos y ya no lo utilizará jamás.
    En conclusión , mucha de la publicidad de hoy en día simplemente es para convencer a la gente de comprar un producto o como en este caso de engañarla.

  5. juanjo regaldie di:

    Gracias ó debate que tivemos hoxe na clase, quédame claro que estas pulseras son un timo por moito que a xente diga que fan efectos! Paréceme vergonzoso que xente como os creadores de estes inventos, se esten facendo ricos grazas a xente inculta, que compra estos trozos de silicona con forma de pulseira “máxica”.

  6. Adela di:

    Quen pode explicarnos que é un holograma?

  7. lizeth viancha di:

    Un holograma é como una imaxe tridimensional na que se garda e proxecta información, non?
    E que a min me soa da pelicula de Stars Wars.

  8. sergio vazquez di:

    Paréceme vergonzoso e noxento que un grupo de empresarios capitalistas intenten (e logren) aproveitarse da incultura da xente con inventos como este. É un exemplo máis da sociedade de consumo e de intereses na que vivimos.
    O feito de que estas cousas triunfen no mercado é a publicidade que se lles da. E xente famosa como Ronaldo ou Raúl, ambos xogadores do Madrid, non dudan en enganar á xente con tal de levarse un poco máis de diñeiro (aínda queren máis?). Aínda así, dudo que estes dous personaxes, igual ca Belén Esteban esa, sepan que isto da pulxera máxica é mentira xa que non creo que teñan moitos estudos ámbolos tres.
    Como último apunte quixera dicir que, antigamente, a sociedade que maís se aproveitaba da incultura da xente era a Igrexa con todos eses inventos da Santa Compaña ou cousas polo estilo. O da pulxeira é o mesmo pero nunha sociedade moito máis moderna e avanzada, o que ten o dobre de delito.

  9. diego juarez di:

    Por casualidades de la vida yo se perfectamente lo que es un holograma. Toda la información que voy exponer lo podeis ver en la wikipedia con lenguaje más técnico.

    Para enpezar decir que el holograma se inventó en la década de los 50 intentando dar más resolución a los microscopios. El inventor se llevó el nobel.

    Para ver un holograma se necesita primero grabarlo en un material fotosensible y luego reproducirlo.
    Se basa principalmente en las interferencias que producen los objetos en la luz al ser ésta incidida y rebotada en él.
    El holograma que se puede hacer “facilmente” en casa es en 2D (como una pantalla). Su grabación consiste separar en dos un rayo LASER uno de los cuales incidirá directamente en el material fotosensible y el otro se reflejará en el objeto. Su reproducción se consigue, despues de ser grabado, haciendo incidir el mismo rayo laser por la parte trasera del material fotosensible.
    Los hologramas en 3D se crean proyectando los dos haces de luz sobre un espejo giratorio y combinando diversas técnicas electrónicas de drseño CAD.

    Espero que esta información haya sido relevante.

    NOTA CURIOSA: La primera película holográfica será un documental de Hannah Montanna.

  10. lizeth viancha di:

    Hannah Montanna no! Porque non o podian facer sobre outra cousa máis interesante ca iso? como un documental ou algo asi…

  11. ruben lema di:

    Non podo creer que a xente crea nestes milagros e que haxa outra xente que se aproveite da incultura dos demais.Pero iso é así,se unha persoa famosa leva a pulseira incitará a que os seus admiradores a leven.Creo que a venta de productos estafadores debería ser prohibida rotundamente e que non se mirarase pra outro lado.

  12. sofiaizquierdo di:

    Voy a añadir una experiencia propia, a esta noticia, pero con ella no quiero decir que sea verdad aquello que dicen que es capaz de hacer, pero si que algo consigue hacer, sea por que nosotros mismos creemos que va a funcionar y por pensar eso funciona y somos capaces de hacer cosas que no creiamos,

    Pues bien, yo no ceía que esta pulsera pudiera dar más equilibrino ni elasticidad, asi que hasta que la probé no me crei nada. El hecho es que un día, tuve la oportunidad de probarla, y sinceramente, me funcionó, no sé a que fue debido pero la cuestión es que con ella tuve más elasticidad y equilibrio, la cuestión es que yo estaba segurisima de que esa pulsera era un fraude y tenia claro que no me iba a hacer nada, pero si la gente dice, que como tu estas convencido de que la pulsera te va a hacer algo, te lo ” hace” pero realmente has sido tú el que te ha dicho a ti mismo que vas a poder, por qué en mi caso que no creia que la pulsera me pudiera hacer algo, me lo hizo¿?

    Sigo pensando que la pulsera es un fraude pero que hay algo que nos hace pensar que conseguimos unas cualidades que no teniamos solo con ponernos ese trozo de plástico, con un ” chip ” en el medio.

  13. lizeth viancha di:

    Pero Sofía eu fixeime, e os meus compañeiros, na clase de educación física que tes moita elasticidade e queríache preguntar: aumentou a túa elasticidade coa pulseira posta?

  14. pablo rodriguez di:

    Como o tema se comentou en clase houbo compañeiros que decían que probaran estas pulseiras e que lles funcionaran, eu penso que esto é debido a que realmente quen pensa que lle pode facer algo faillo, e quen non non, senon non mo explico. O mellor vai ser que o instituto faga un bote e compreunha e fagamos todos as probas a ver que conclusión sacamos.

  15. lizeth viancha di:

    Non apoio esa idea porque non penso contribuír a que os “inventores” gañen máis diñeiro á miña ou nosa costa e porque dame a risa de pensar que o poderíamos facer.

  16. ivan ares di:

    Non sei como a xente pode comprar estas pulseiras pensando que mellorara o seu rendimento muscular dando mais resistencia e cordinacion. Moita xente famosa tenas, polo que a xente normal ao ver que a usan os famosos tamén as compran pensando que lles fara algo. Eu creo que esto é un engaño e non fai nada.

  17. andrea torreiro di:

    Eu non tiven a experiencia de probar esta pulseria pero realmente paréceme algo incrible o negocio que esta empresa esta facendo con isto, xa que o número de vendas ascenden aos 300.000 a un promedio de 40 euros por unidade, a empresa diversificou o negocio e incluso creou unha línea variada de productos como colgantes, tarxetas plásticas ou pegatinas ás que se lles atribuen os mesmos resultados.
    Gustaríame citar que non é a primeira vez que se da un caso semellante, pois xa noutra ocasión anterior coa Ion Balance prometían cousas coma, reducir a dor , axudar a curar algún tipo de lesión, manter a xuventude ou combatir as células cancerixenas.

  18. samuel garcia di:

    Eu coincido con Sofia e con Ruben F. Penso que a xente desde sempre necesitou creer en algo, e isto sempre é positivo se fai que creemos en nos mesmos. Para a xente escéptica supoño que non tería efecto ningun, pero para algúns supersticiosos posiblemente si.
    O que non me parece correcto é lucrarse de estes inventos “máxicos”.
    Por poñer un exemplo, a min unha vez unha persoa importante para min regaloume un anel. Eu sentiame mais forte con él, e cando me fallaban as forzas ou non tiña ganas de continuar loitando por algo, miraba para o anel e iso dávame forzas, ainda que eu sabia que ese anel non tiña propiedades máxicas.
    Non sei se me expresei ven…

  19. javier gago di:

    Estou de acordo co comentario de Samuel. A xente normal, sen coñecementos específicos sobre o tema simplemente precisa crer en algo, algo que lle faga vivir con máis confianza,con máis forza. Penso que este invento xurdiu co obxectivo facer que a xente confiase nesa pulseira, aínda que os fabricantes souberan que non é correcto aproveitarse da ignorancia da xente. Penso que este tipo de negocio non é xusto, xa que saca partido do descoñecemento da xente nun ámbito determinado, aproveitando a persoas con gran influencia na sociedade para obter maiores beneficios. Penso que esto non é forma de tratar á xente.

  20. miriam yang di:

    Esta pulseira é un gran engano que busca o consumo e gañar diñeiro. É penoso ver como grandes empresas sacan enganos coma este aproveitandose da xente da sociedade, pero eu creo que se a pulseira chegou a triunfar parte da culpa tamén a ten a sociedade, xa que se non fosemos tan ignorantes, quen as compraría? Recoñezo que aproveitaronse da ignorancia social pero se non existise en tan gran medida entón xa non triunfaría como tantas outras cousas como a bruxería, ou a lectura do futuro.

  21. pablo rodriguez di:

    Por último engadir que eu puiden probala, e non me fixo efecto ningún, pero a miña prima, que era a dona, dixome que lle funcionaba a perfección, definitivamente, como non me fixo efecto ningún penso que é un timo, como decía antes. Gracias polos vosos comentarios compañeiros.

  22. samuel garcia di:

    Eu penso que é probable que a causa de que non te fixera efecto é que xa antes de poñela tiñas un prexuicio de que non iva a funcionar.
    Quizá a tua prima creeu nela desde que a puxo, pero vista desde un punto de vista obxetivo como o de Pablo, físicamente non ten ningún poder.
    Grazas por compartir a túa experiencia, Pablo.

  23. tamara p di:

    Un timo claramente.

    Creo que a súa efectividade é psicolóxica nin máis nin menos.
    Considero que por exemplo a disiminución da dor, do estrés, da fatiga ou o aumento da enerxia, concentración.. poden ser caracteres psicolóxicos.
    Que cando te pos a pulsera pensas que todo iso va a cambiar, e o único que cambia é o teu pensamento, xa que vás coa idea de que todo iso vai a disminuir e au mentar.

Deixa unha resposta