Hai metazoos que viven sen osíxeno

imagen

A aparición de osíxeno posibilitou o desenvolvemento da respiración aeróbica, moito máis  eficiente en termos de obtención da enerxía. Un tipo de estas bacterias (que descubriron esta nova ruta metabólica) rematou por incorporarse simbióticamente noutras células, formando o que serían as mitocondrias e posibilitando a aparición da célula eucariota.
Máis tarde, a presenza de osíxeno e o novo tipo de células permitiu a aparición de seres pluricelulares complexos, que precisaban maior aporte de enerxía. Novos seres “despegaron” grazas a esta nova invención e deron lugar á explosión do Cámbrico, a os cordados e máis tarde a peces, anfibios, réptiles e mamíferos.
Estes seres activos, con grandes necesidades de enerxía e dotados de respiración aeróbica, remataron por dominar a parte máis visible e animada da biosfera. As rutas fermentativas,  outros metabolismos exóticos quedaron para os seres unicelulares e permaneceron alí durante todo este tempo.
Polo tanto, poderíase pensar que podemos dividir aos seres de este planeta en dous tipos: os seres unicelulares con unha gran variedade de rutas metabólicas (e que poden ter respiración aeróbica ou non) e os seres pluricelulares que respiran osíxeno.Baixo o punto de vista biolóxico, parece que hai excepcións. Agora descubríronse nas profundidades do mar Mediterráneo pequenos seres pluricelulares que viven a súa vida enteira sen osíxeno e rodeados por compostos sulfurosos que serían tóxicos para nosoutros. Estes organismos serían novos membros da filo Loricifera, son metabólicamente activos, teñen unha vida animada e se reproducen con normalidade. Todo isto en ausencia de osíxeno, algo que ata agora considerábase imposible.
Roberto Danovaro, da Universidade Politécnica de Marche (Ancona, Italia), e o seu equipo traballaron na análise de mostras extraídas de sedimentos procedentes dunha cunca anóxica profunda hipersalina do mar Mediterráneo en busca de sinais de vida. Ata ese momento asumíase que eses ambientes unicamente estarían ocupados por bacterias, arqueas e algún que outro virus.

Autora: Andrea Torreiro

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.