“A pedra rosetta” da evolución humana

 

Un grupo de científicos atopou en Suráfrica restos dunha nova especie de homínido cuxa anatomía, mitade home e mitade mono, convértese no mellor candidato a ser o precursor dos primeiros humanos. O seu nome é Australopithecus sediba. Esta nova especie, viviu fai uns 2 millóns de anos, durante un momento moi descoñecido da evolución na que se pensa na posibilidade de que algún membro do xénero Australophitecus enxendrou o xénero humano, do que o Homo Sapiens é o único supervivente actual.

Fai pouco, o noso compañeiro Ivan Ares publicou un artigo no que se falaba do descubrimento dun novo tipo de homínido en Siberia. Despois desta nova, temos xa ante nós un novo e importantísimo descubrimento neste campo.

O novo hallazgo, consta de dous exemplares, unha muller, e o que sería un neno duns 13 anos, que conserva case a totalidade do seu cráneo. Este último, ten unha pelvis moi similar á dos primeiros humanos, que indica a súa capacidade para andar erguido. A súa nariz tamén é similar á dos humanos, e as súas extremidades son máis longas cas dos outros Australophitecos. Sen embargo, o seu cráneo é moito máis pequeno co dos humanos.

Fai entre 3 e 2 millóns de anos, Suráfrica era un fervideiro de homínidos que incluía exemplares de rasgos axigantados, como os Paranthropus, outros máis avanzados como o Australophitecus africanus, e os Homo habilis, primeiros membros do xénero humano. Os restos atopáronse entre outros fósiles de antílopes, e tigres de dentes de sable. Os expertos afirman que xa hai como mínimo outros dous exemplares, que se están desenterrando, e que pronto serán capaces de ofrecer unha reconstrucción detaiada de como era o corpo, o rostro e a forma de vida desta especie.

Tendo en conta os grandes hallazgos que houbo todos estes anos, quen sabe que outras sorpresas, ofrecidas polo pasado, nos deparará o futuro?

 Autora: Sabela Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 2. Os Homínidos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to “A pedra rosetta” da evolución humana

  1. sergio vazquez di:

    Paréceme moi interesante os descubrimentos de especies humanas que aínda non se coñecían. O máis impactante de todo isto é que sigan existindo restos de civilizaciones de fai 2 millóns de anos, a min polo menos me impresiona. Este descubrimento fai que o dito de que África é a cuna da humanidade cobre aínda máis veracidadade.

  2. miriam yang di:

    A verdade é que nadie sabe cantas especies existiron no noso pasado, que variedades de australopitecus houbo, como eran, que diferencias teñen con nós, porque desapareceron, tantas e tantas preguntas que aún non teñen contestación. Pero pouco a pouco seguramente iremos descubrindo todo aquelo que a historia humana de hoxe en día non sabe. Ésta noticia é un claro exemplo de que nada está seguro, é dicir, que sempre podemos levarnos grandes sorpresas. Como dí Sabela, quen sabe o que nos espera no futuro?

  3. ruben fernandez di:

    É incríbel que a pesar de todo o que xa se atopou en hallazgos arqueolóxicos, seganse atopando tal cantidade de descubrimentos que seguen a aportarnos información, como descubrir un antecesor do humano , algo asombroso, xa que é un tema do que se supón que se coñece ,bastante ben, súa evolución ou que polo menos investigase máis neste campo.

  4. sabela di:

    Gustaríame compartir con vós a seguinte nova: Os neandertales de Maltravieso comían hienas.
    Semella ser algo aparentemente normal, sen embargo foi descuberto recentemente por un grupo de expertos, que afirman que os habitantes da cova cacereña de Maltravieso foron os primeiros homínidos en comer hiena, que era un dos principais “enemigos” destes homínidos.
    É unha nova curiosa, das moi numerosas que pouco a pouco nos van chegando dos nosos antepasados, e que fan que poidamos imaxinar con un pouco máis de exactitude como era a súa vida.

Deixa unha resposta