O lixo, o novo combustible de California

Altamont Lanndfill era pouco máis cun amontonamento de lixo. Un espazo  enorme fronte a San Francisco, onde dende 1980, foronse acumulando máis de 15 millóns de toneladas de residuos producidos pola cidade. Pero hoxe os centos de camións de lixo que chegan diariamente ós seus  outeiros  non van  descargar, van encher  o depósito. Waste Management Company Altamont Lanndfill tornouse o maior fábrica de tratamento de gas metano do mundo.

A través de máis de 200 pozos afundidos nas 100 hectáreas desta minirrefinería, a empresa recolle o gas, de efecto invernadoiro, producido pola descomposición do lixo para transformalo en gas natural licuado (GNL). Isto dá unha fonte de enerxía cun menor impacto ambiental que calquera combustible fósil, cuxo uso podería reducir emisións en ata un 70%, sendo ademáis máis máis barato ca gasolina.

 O proceso é simple: despois de extraer o metano licuase a -161 º C.  Kenneth Lewis, director de operacións da planta, resume o seu traballo:  “Convertemos o lixo en instalacións de produción de enerxía. A planta pode producir 60.000 litros ó dia, aforrando 11,3 millóns de litros de diesel cada ano,  evitando que 30.0000 toneladas de   CO2 cheguen á atmosfera”.

O  gobernador Arnold Schwarzenegger pretende reducir  as emisións en California un 25% para 2020.  A administración xa pensa noutra planta xemelga a 40 kilómetros ao sur de Los Ángeles, a cidade con a maior  flota de autobuses impulsados por GNL do  país, uns 2.700. 

“O GNL vai reducir a nosa dependencia dos combustibles fósiles e é un gran beneficio ambiental para as comunidades” dixo Duane Woods, vicepresidente de Waste Management.

imagen

Autora: Alba Robles

Esta entrada foi publicada en 4. Enerxías renovables e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

8 Responses to O lixo, o novo combustible de California

  1. alejandro lopez di:

    Paréceme unha noticia moi interesante porque debido a todo o lixo que os humans verten ao medio ambiente, estamos a contaminar o planeta pouco a pouco. Con este metodo, non so recibimos enerxia, senon os nosos lixos nos serven para facer algo produtivo e non para acumulalo e facer dano a humanidade.

  2. ruben fernandez di:

    É interesante o emprego dos residuos para a formación de combustibles alternativos e que reducen o impacto CO2 á atmosfera, é unha boa alternativa pero deben seguir investigando para atopar un combustible ideal ou un mecanismo que aproveite mellor a enerxía, porque nos motores de agora, coa tecnoloxía que hai, o incribelmente baixo redemento que teñen.

  3. miriam yang di:

    É unha noticia moi interesante, quen pensaría que todos os residuos que producimos todos os días servirian agora de combustible? A verdade é unha moi boa forma de reciclar os residuos ademáis do vidrio,cartón papeis… que xa estanse a reciclar.
    É unha boa solución que nos axuda a nós e tamén a Terra.

  4. ruben lema di:

    È unha boa medida adoptada por California para reducir as sùas emisiòns de CO2 à atmosfera. Estiven buscando datos sobre a contaminaciòn en California e chamoume a atenciòn que 1/4 da sùa contaminaciòn provèn de China. Isto dèbese a que a poluciòn atravesa o Pacìfico por medio duns ventos do denominado “Cinturòn do Oeste”,correntes de procedencia Artica que, ò norte do Tròpico de Càncer, moven os ventos de direcciòn oeste-este dende Asia central e oriental hacia as costas Norteamericànas. Creo que os todos os paìses deberìan concenciarse seriamente co cambio climàtico e unha boa medida serìa como a do texto de enriba;a implantaciòn de transportes con combustible procedente do lixo e incluso cun funcionamento a baterìa.

  5. samuel garcia di:

    É gratificante ver como os grandes paises como Estados Unidos preocúpanse polas xeracións venideiras reciclando o lixo para obter enerxía. De todas formas, o gas metano obtense da descomposición dos residuos orgánicos, cando realmente o problema son os plasticos que se utilizan nos embases dos productos qe consumimos.

  6. juan lorenzo di:

    Paréceme unha boa alternativa de fonte renobable aínda que estou dacordo con Rubén, estas compañías deben seguir traballando para que con estes combustibles se obteña un rendemento mellor, sería interesante que outros países soubesen como empregar estas tecnicas para converter o lixo en combustible.

  7. claudia pinheiro di:

    Es una forma muy útil e interesante no sólo de conseguir combustible de otro modo sino también de deshacernos de los desechos.

    Además hay que destacar que California no es el único estado capaz de darles salida a los desechos, pues en otros países los mismos también se utilizan para el abono de cultivo, pero sin tanta eficacia, ya que las intoxicaciones en el cultivo producidas a consecuencia de los malos procedimientos de reaprovechamiento de la basura como abono.

  8. claudia pinheiro di:

    Es una forma muy útil e interesante no sólo de conseguir combustible de otro modo sino también de deshacernos de los desechos.
    Además hay que destacar que California no es el único estado capaz de darles salida a los desechos, pues en otros países los mismos también se utilizan para el abono de cultivo, pero sin tanta eficacia, ya que las intoxicaciones en el cultivo producidas a consecuencia de los malos procedimientos de reaprovechamiento de la basura como abono.

Deixa unha resposta