Quorum sensing: a vida secreta das bacterias

Durante moito tempo, a Microbioloxia considerou que as bacterias son seres asociais, seres que toman os nutrientes do seu entorno, aumentan o seu tamaño e reproducense.

Non obstante, se consideramos que as bacterias son seres extremadamente importantes (moi utiles a nivel industrial, clínico e  na investigación) e que son os organismos máis abundantes, deberiamos pensar que elas tamen deben de ter un mecanismo de comunicación. Este mecanismo e o que se chama “Quorum sensing”.

Esta linguaxe, como di  Bonnie Bassler  (descubriu este mecanismo de comunicación entre bacterias no 2002), basase nun sistema de “voz e voto”: as bacterias votan, contan o número de votos e se este é o suficientemente elevado, responden a eles. De esta forma, todas as bacterias coordinanse para lanzar un ataque simultaneo.  E agora preguntámonos; por que non o fan individualmente? A resposta está en que requerirían moita enerxía e, en moitos casos, non se asegurarian un ataque o suficientemente forte contra o hospedador (no caso que vaian a causar un ataque de virulencia ó ser humano,  por exemplo).

Este descubrimento  é moi importante xa que se podería interrumpir esta comunicación e, polo tanto, os ataques de virulencia os hospedadores. 

 Anímovos a que vexades a seguinte conferencia, está destinada a un público sen experiencia e coñecementos científicos (é a segunda parte da conferencia a que se centra no Quorum Sensing, pero a verdade é que a primeira é imprescindible para entender esta segunda parte):

                       

   Autora: Tania Blanco               

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.