É necesario formular hipóteses científicas para explicar fenómenos

                 mergullador-morto-enriba-dunha-arbore-02.JPG 

                        (Fotograma dun mergullador morto enriba dunha árbore, da película Magnolia)

Parece que os fenómenos “extraordinarios” non nos abandonan. O xornal La Voz de Galicia do martes 6 de abril faise eco dun suceso acaecido en Colombia durante a semana santa consistente na caída de peixes dunha árbore ao paso dunha procesión

http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2010/04/06/00031270509126683747178.htm

A noticia ten moito que ver co xa falado anteriormente noutros artigos (“choiva de peixes en Lajamanu”, “os erros na ciencia…”, “os valores culturais da ciencia”).

Diante desta nova noticia, interésame salientar o seguinte:

          – A relixión pronto atopa unha explicación: milagre. É interesante ante isto lembrar os comentarios 7 e 17 de María Piñeiro sobre os métodos “inmediatos” da relixión.

         – A ciencia é máis lenta na formulación de explicacións. Lembrar o artigo de Quique sobre os erros e os seus comentarios posteriores. Toda explicación debe ir acompañadas de probas. É interesante non esquecer a frase de Hume na que afirma que a responsabilidade probatoria recae sobre quen fai a afirmación. Ninguén ten que probar que non é un milagre. Os que pensen que o é, deben probalo.

        – A ciencia está desexosa de que apareza un abano de hipóteses contrastábeis [non interesa que alguén afirme que unha nave espacial veu cargar auga e que se desprendeu dos peixes, caendo estes na árbore] que pretendan explicar o fenómeno (iniciativa, creatividade). Lembrar o artigo “os valores culturais da ciencia” e o comentario de Sofía Izquierdo sobre o non saber realmente o que pasa ata non ter investigado.

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to É necesario formular hipóteses científicas para explicar fenómenos

  1. sofiaizquierdo di:

    yo siento decir que ante estos sucesos no se me pasa por la cabeza que sea algo relacionado con la intervención divina, cuando mi cabeza piensa en estos hechos lo primero que hace es buscar, “” cosas lógicas que han podido pasar”” por ejemplo , no me he creido que haya sido una intervención divina , pero que eran peces es indudable….
    y si … fuesen peces voladores¿?
    El pez volador se reconoce fácilmente por sus grandes aletas pectorales. Estas les permiten vuelos planeados fuera del agua. No se trata de verdaderos vuelos ya que se limita a impulsarse fuera del agua a gran velocidad y abriendo sus aletas planea durante bastante tiempo alcanzando distancias de más de 100 metros

    http://e-nimals.com/wp-content/uploads/2008/12/pez-volador-2.jpg

    foto de un pez volador, yo siempre busco algo de ciencia e intento buscar algo que pueda explicar algo que otras personas llaman milagro y siento si estoy ofendiendo a alguien con este comentario.Creo que siempre puede haber una explicación ” algo cientifica” para los milagros

  2. andrea dalmao di:

    Eu descartaría a posibilidade de Sofía posto que os peces voladores non se poden elevar moi alto (creo que non máis dun metro) e polo tanto non podrían chegar ata a copa dunha árbore.

    Venseme á cabeza a posibilidade dos paxaros. Éstes soen pescar no mar peces pequenos e transportálos ata os seus nidos para dar de comer.

    Ésta hipótesis sérvelle a esta choiva pero non outras que sabemos que son feitos extraños, pero non desconocidos.

  3. juan lorenzo di:

    Está claro que a ciencia é moito máis complexa que a relixión posto que a relixión non ten necesidade de dar unha explicación loxica ou se cre ou non se cre en cambio a ciencia en ocasións necesita formular moitas hipótesis ata chegar a unha que sexa correcta e demostrable.
    Con respecto da noticia da chuvia de peixes estiven invesigando un pouco e ata o de agora a única explicación científica que se topou para este fenómeno son os ventos fortes como os tornados, cousa que xa mencionou Cristian no seu artigo.

  4. claudia pinheiro di:

    Ante este tipo de sucesos evidentemente extraños y complejos a los que aquellos que profesan determinadas creencias no dudan en denominarlos como actos milagrosos, debemos sopesar las posibilidades y distinguir nítidamente entre razón y religión. En este sentido podríamos fácilmente poner la escolastica como ejemplo de la necesidad del hombre de encontrarle a todo una explicación divina. Pues en ella el pensamiento de Platón y de Aristóteles es adaptado para racionalizar los dogmas de la Iglesia católica. Sin embargo, debemos tener presente que no a todo se le puede hallar tal explicación y es más, en mi opinión, se debería recurrir primeramente a los criterios más lógicos. Así como diría Descartes “para ser un verdadero investigador de la verdad, es necesario, al menos una vez en la vida, poner en duda todas las cosas”.

Deixa unha resposta