O mar non é un vertedoiro de lixo

 

Contaminación marina

Os rios, lagoas e mares recollen desde tempos inmemorables o lixo resultado das actividades humanas. O ciclo natural da auga ten unha gran capacidade de purificación. Pero esta misma facilidade de rexeneración da auga e a súa aparente abundancia, fai que sexa o vertedoiro habitual no que arroxamos os residuos producidos  polas nosas actividades. As máis perigosas e que causan maior estrago son: pesticidas, desfeitos químicos, metais pesados, residuos radiactivos… Isto se encontra  en maior ou menor cantidade, o analizar as augas dos máis remotos lugares da Terra. Moitas augas estan contaminadas ata o punto de facelas perigosas para a nosa saúde e moi perxudiciais para a vida. A degradación das augas ven do pasado e nalgúns lugares, como por exemplo a desembocadura do rio Nilo, hai niveis altos de contaminación dende fai séculos, pero foi neste século cando se extendeu  a os rios e mares de todo o mundo. Primeiro foron os rios, as zonas portuarias das grandes cidades e as zonas industriais as que se convertiron en noxentas cloacas, cheas de productos químicos, escumas e toda clase de contaminantes. Coa industrialización e o desenvolvemento económico este problema foise trasladando ós países en vías de progreso.

Autor: David Regueira

Esta entrada foi publicada en 4. Contaminación e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

One Response to O mar non é un vertedoiro de lixo

  1. sabela di:

    Precisamente fai pouco estiven escoitando opinións de xente con respecto a este tema.
    Había persoas que aseguraban ter visto de todo nas rías e nos mares de Galicia. Desde botellas e bolsas, ata televisións e lavadoras.
    Unha desas persoas, apuntou que en Francia, existen sancións moito máis ríxidas para as persoas que contaminan as rías. Así, a xente pénsao dúas veces.
    Ademais do perigo que supón para os animais. Non é nada raro atopar todo tipo de animais mortos por asfixia, con pedazos de plástico no seu interior.
    Por outra parte están as fábricas, que verten ao día cantidades enormes de residuos tóxicos ao mar.
    Non sei se é por falta de medidas, ou de concienciación, pero a realidade é que esta é unha forma noxenta de tratar algo como os mares, que están tan cheos de beleza.

Deixa unha resposta