Os valores culturais da ciencia

No xornal La Voz de Galicia do domingo 28 de marzo apareceu un artigo de Ramón Núñez Centella, director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, sobre os valores culturais da ciencia. Nel fala da curiosidade, da autocrítica, da creatividade, etc., valores dos que directa ou indirectamente están saíndo neste blogue. O artigo do xornal é un fragmento da intervención do autor no Senado: http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/03/28/0003_8385041.htm

Para min, o carácter fragmentario deste interesante artigo nótase: uns apartados recollen exemplos explicativos, pero outros non. Ademais eu, pensando nun blogue como o noso (permitídeme que me inclúa), poñería outros exemplos para explicar o que se quere dicir. Atrevédesvos a desenvolver algúns deses valores e utilizar outros casos concretos máis próximos a vos para facervos entender?

A tarefa é relativamente doada pois, como xa o indiquei máis enriba, estades facéndoo consciente ou inconscientemente. Por exemplo, hai un mes Cristian García escribiu un artigo sobre unha choiva de peixes en Lajamanu (http://ies.fernandowirtz.ccmc.climantica.org/2010/03/03/choiva-de-peixes-en-lajamanu/ )

Imaxinádesvos vivindo esa experiencia: cantas hipóteses se formularían para explicar ese fenómeno (creatividade); que procedementos seguiríamos para analizalas (escepticismo, racionalidade, apertura), que actitude manteríamos ante as diferentes hipóteses (autocrítica) para chegar a unha conclusión (provisionalidade),…Desgraciadamente, a cotío preséntase a ciencia como un conxunto de resultados e leis, pero se nos ocultan as razóns polas que se estudou un problema, o xeito de abordalo, os avances e retrocesos na busca de solucións, como finalmente chegamos a elas, privándonos do que algunhas veces (non quero xeneralizar) é máis interesante que o resultado en si mesmo.

Antes de rematar, e volvendo ao artigo de Cristian, déixovos un enlace a unha escena dunha película (Magnolia) moi interesante desde o punto de vista cinematográfico e tamén desde unha óptica matemática (o papel do azar nas nosas vidas, do que fala María no seu último comentario ao artigo sobre os erros), no que aparece unha chuvia de ras. Gozade con ela: http://www.youtube.com/watch?v=6sWJuQD0cL8&feature=related 

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to Os valores culturais da ciencia

  1. sofiaizquierdo di:

    En primeiro lugar gustariame facer referencia a unha frase do noso profesor de fisica Roberto Palau, que di así <> ben, a inmensa maioria imaxínome que os preguntaredes por que poño esta frase, queria poñela para facer referencia a unha parte do artigo da voz de galicia que di: “recuperar el humanismo ha de superarse la brecha entre ciencias y letras”.
    Ben, con isto queria aclarar que desde o meu punto de vista a ciencia e o campo das letras estan separadas por barreiras que son inesplicables, as que non se lle otorga ningun motivo. Que o campo das ciencias proporciona cultura iso esta claro, pero tamen pode
    suceder o revés¿

    No blogue que todos estamos empregando, estamos facendo ciencia pero axudandonos maioritariamente da investigación e da cultura, por que de onde sacariamos as nosas noticias? Onde conseguiriamos a nosa información? Que é cultura para nós?

    En segundo lugar, o fragmeto da pelicula que Quique nos deixou pareceme interesante, pero isto me dio que pensar e plantearme preguntas como: que pretendian os directores, guionistas…… que a xente pensase cando toneladas de ras se lles botaban enriba? o apocalipsis¿ que un avión cargado de ras explotou no ceo? …..a min si me pasara isto nos saberia realmente o que pasa, hasta haber investigado o que realmente pudo pasar como para que ras pareceran gotas de chuvia.

  2. sofiaizquierdo di:

    A frase de Roberto Palau ( que non se ve, non sei moi ben por que motivo non se pode ver…)
    é : Los que no querais escribir, os habeis equivocado de bachillerato, iros al de letras.

  3. sabela di:

    Bueno, para empezar creo que todos eses pasos que se nomean no artigo da Voz de Galicia están presentes en case todo. Quero dicir, cando escribes sobre algo, e tes que investigar sobre calquera cousa que aínda non ten un porqué, pasamos por todos eses criterios. Sobre todo cando se trata de algo subxectivo e podemos explaiarnos todo o que queiramos.
    Un bo exemplo é ese da choiva de rás.
    Ao ver un fenómeno como este, un montón de hipóteses se nos pasarían pola cabeza para buscar o motivo desa choiva.
    Se vivisen isto, cada persoa pensaría algo distinto. Un avión cargado de ras, un tornado, ou incluso un milagre.
    A continuación, para ir descartando posibilidades, analizaríanse cada unha de elas, para ver cal é a máis probable, ou cal delas consta dunha serie de probas que poidan reforzala como causa definitiva.
    Para o descarte destes posibles motivos, serían imprescindibles a autocrítica, para buscar os puntos débiles de cada un, a racionalidade etc
    Finalmente, chegaríamos a unha conclusión, sempre e cando esta sexa firme e rotunda.

    E, con respecto ao vídeo da película, coincido co que dixo Adela en clase. A min tamén ponme moi nerviosa. Polo simple feito de que, ao velo, me imaxino como sería se pasase aquí. Se de súpeto ocorrese iso mentres estou, por exemplo, paseando ao can, ou en medio da rúa.
    É bastante angustiante.

  4. claudia pinheiro di:

    Respecto a los valores de la ciencia y tomando como hilo conductor la citada brecha entre las ciencias y las letras sería necesario que nos planteásemos hasta que punto existe tal brecha. Pues tanto un periodista (representante por excelencia del ámbito más puramente humanista) a la hora de escribir un artículo sobre un novedoso suceso, como un físico (claro ejemplo del mundo científico) que trata de elaborar una nueva ley, emplean a su vez métodos muy semejantes. Ambos, guiados por su espíritu innovador y creativo, parten de la consideración de un hecho concreto para posteriormente someterlo a diversas hipótesis las cuales serán sometidas a consideración para finalmente, y de forma crítica, decantarse por la opción más plausible en tanto que se ajusta más a las epectativas deseadas o a los datos obtenidos.
    Así pues todos podemos hacer alarde de los valores culturales de la ciencia mencionados en el artículo de La Voz de Galicia en algún momento de nuestras vidas.

Deixa unha resposta