Gregor Mendel: o pai da xenética

Gregor Mendel

Gregor Mendel (20 de xullo de 1822 – 6 de enero de 1884) foi un monxe agustino católico e naturalista, nacido en Heinzendorf, Austria, que describiu as chamadas Leis de Mendel que rixen a herdanza xenética, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum). Os primeiros  en xenética foron realizados por Mendel.  Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales particularizáronse por saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados encontrou caracteres como os dominantes que se caracterizan por determinar o efecto dun xen e os recesivos por non ter efecto xenético sobre unha persoa heterocigótica. O seu traballo non foi valorado cando o publicou no ano 1866.

Hugo de Vries, botánico holandés, xunto con Carl Correns e Erich von Tschermak, redescubriron as leis de Mendel por separado no ano 1900.

Experimentos de Mendel. Mendel iniciou  os seus experimentos elixindo dúas plantas de chícharos que diferían nun carácter, cruzou unha variedade de planta que producía sementes amarelas con outra que producía sementes verdes. Estas plantas forman a Xeración Parental (P). Como resultado deste cruce producíronse plantas que producían nada máis que sementes amarelas, repetiu os cruces con outras plantas de chícharo que diferían noutros caracteres e o resultado era o mesmo, producíase un carácter dos dous na xeración filial. Ao carácter que aparecía chamouno dominante e ao que non, recesivo. Neste caso o color amarelo é dominante fronte ao color verde. Ás plantas obtidas da Xeración Parental  denomínase Primeira Xeración Filial (F1). Mendel deixou que se autofecundaran as plantas da F1 e obtivo a Segunda Xeración Filial (F2) composta por plantas que producían sementes amarelas e plantas que producían sementes verdes nunha proporción 3:1 (3 de sementes amarelas e 1 de sementes verdes). Repetiu o experimento con outros caracteres diferenciados e obtivo resultados similares nunha proporción 3:1.

Desta experiencia formulou a Primeira e Segunda lei.

Máis adiante, Mendel decidiu comprobar se estas leis funcionaban en plantas diferenciadas en dous ou máis caracteres, elixiu como Xeración Parental plantas de sementes amarelas e lisas e plantas de sementes verdes e rugosas. Cruzounas e obtivo a F1 composta por plantas de sementes amarelas e lisas (a primeira lei cumpríase), na F1 aparecían os caracteres dominantes (amarelos e lisos) e non os recesivos (verdes e rugosos).

Obtivo a F2 autofecundando a F1 e obtivo sementes de todos os estilos posibles, plantas que producían sementes amarelas e lisas, amarelas e rugosas, verdes e lisas e verdes e rugosas, contounas e probou con outras variedades e obtíñanse nunha proporción 9:3:3:1 (9 plantas de sementes amarelas e lisas, 3 de sementes amarelas e rugosas, 3 de sementes verdes e lisas e 1 de sementes verdes e rugosas).

imagen

Autor: Daniel Barreiro Ures

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta