Un raio de luz entre tanta sombra.

imagen

Ano 2003. Unha coalición de países, encabezados por Estados Unidos, comeza a invasión a Iraq. Dita invasión marcou o inicio da máis que coñecida Guerra de Iraq. Millóns de mortos, tanto soldados como civís. E preguntarédesvos que ten que ver isto coa ciencia.

Pois ben, un dos soldados que participou nesta guerra é quen actúa de nexo para unir estes dous campos. Craig Lundberg, de 24 anos, quedouse cego pola explosión dunha granada nesta guerra.

E aquí ven a nova: este soldado consegue volver a “ver” grazas a un innovador dispositivo que lle permite percibir o entorno desde a lingua. Craig Lundberg é a primeira persoa en participar neste programa piloto do Ministerio de Defensa do Reino Unido para paliar os efectos da cegueira mediante este dispositivo, chamado BrainPort e desenvolvido en Estados Unidos, segundo medios británicos. Este dispositivo consiste nuns lentes cunha minicámara que capta estímulos visuais, que posteriormente se traducen a sinais eléctricas que o usuario percibe coa lingua a través dunha “paleta” na boca. Lundberg declarou que o dispositivo é de gran axuda, xa que segundo a súa intensidade pode facerse unha idea do seu entorno, da forma dos obxectos, e en certa forma de “ler” letras. O Ministerio británico de Defensa continuará desenvolvendo o disposivo, e seguirá traballando nel para levar a cabo certas melloras, como o tamaño, xa que é demasiado grande, e os usuarios non poden comer nin falar mentres o utilizan. 

Esta nova significa un paso cara diante, e un rasquizo de esperanza para todas as persoas discapacitadas. A cegueira é algo que sofren millóns de persoas, e aínda que existen axudas para eles, perder a visión é unha das cousas máis duras e difíciles que nos pode ocorrer. Por iso a creación deste novo dispositivo, resultado da investigación, traballo, e dedicación, supón un gran principio no que se refire á creación de novas técnicas na loita contra esta discapacidade.

Persoalmente, penso que é un gran comezo no que podería significar unha serie de avances para paliar os efectos da cegueira. Paréceme moi interesante coñecer un pouco como é a vida das persoas que non poden ver o que teñen ao seu redor; imaxinádevos: nin a súa cidade, nin á súa familia… Nada, absolutamente nada.   Podedes atopar moi bos reportaxes sobre a cegueira en calquera medio de comunicación; así como estudos, ou incluso podedes informaros con libros como “Ensayo sobre la ceguera” de José Saramago, no cal baseouse a película “A Ciegas”, con Gael García e Juliane Moore. E, ademais da literatura e o sétimo arte, tamén podemos implicarnos máis no mundo da cegueira grazas a temas como “El pozo de Arán” do galego Carlos Núñez. Sen dúbida, o mundo no que teñen que vivir os invidentes é algo infinitamente complicado de imaxinar, e que ninguén querería experimentar, e facer que estas persoas poidan adaptarse ao noso mundo e intentar que cada vez teñan máis facilidades para facelo, está nas nosas mans. Por iso inventos coma este son tan ben recibidos e tan importantes para avanzar. Esperemos que pronto estea ao alcance de todos. 

E para finalizar, ao coñecer todo isto, eu plantéxome: poderán algunha vez as persoas cegas ver totalmente? Non digo ao 100%, pero, posto que cada vez os avances son máis significativos, poderán nun futuro recuperar case por completo a súa vista?

imagen

Autora: Sabela Rodriguez 

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

5 Responses to Un raio de luz entre tanta sombra.

  1. andrea dalmao di:

    Paréceme sin dúbida un gran avance para nosa tecnoloxía e creo que dentro de moi pouco o problema de tamaño no novo aparato estará solucionando, e gustaríame que fóra mediante nanotecnoloxía aunque creo que ese é o último paso.
    Tendríase o poder de dar unha inmensa felicidad ás persoas invidentes, o poder de devolvela vida máis ou menos normal.
    Estou segura de que ninguén vidente pode chegar a imaxinar tal situación pero góstame pensar que ten solución.

  2. laura obarrio di:

    Páreceme que está bastante claro que un avance importantísimo na ciencia, dende sempre hai moreas de persoas que non poden facer algo tan imprescindible e importante para todos, como é ver. Pouco a pouco este proxecto irá mellorando igual que o fixo ata agora. Preguntas se algún día recobraran a vista por completo ou polo menos na súa maioría e eu penso: por que non? Quizáis algún día ocorra, igual que inventaron móreas de cousas que antes ninguén imaxinaría, se non quen lle ía dicir a xente que existirían os teléfonos mobiles ou que hoxe poderían operarnos cun láser ou mesmo..tratamentos para enfermidades polas que antes morrían millón de persoas.
    Por último, as miñas felicitacións para Sabela por este artigo, a verdade e que encantoume.

  3. adriana jimenez di:

    A verdade é que este artigo pareceume moi interesante e con moita información, é increible como unha persona xa sen esperenzas de recobrar a súa vista pode volver a ver por pouco que sexa, a ledicia de ter esperanzas e non ter que depender tanto dos demais.
    A ciencia cada día sorpréndenos máis e máis.

  4. miriam yang di:

    Ísto é un gran avance e é a esperanza de milleiros de persoas, para os que naceron sen poder ver, para os que a perderon , para os futuros enfermos da vista…
    Penso que hai moita esperanza neste novo invento que lle vai devolver a vida a tantas persoas, porque a vista é o sentido que máis utilizamos e, polo tanto do que máis dependemos.

  5. juan lorenzo di:

    Parece incrible como avanza a ciencia hai uns poucos anos parecería impensable que unha persoa invidente poidese ver algo, pero hoxe en dia atrevo a dicir que é probable que un invidente chegue a recuperar case o 100% a súa visión.
    Felicitacións polo artigo, moi interesante.

Deixa unha resposta