O cambio climático revoluciona a migración das aves.

imagen

O cambio climático está causando cambios radicais no comportamento das aves migratorias españolas, rompendo coa orde natural coidadosamente transmitidas nos seus xenes xeración tras xeración durante miles de anos. Os invernos son agora máis suaves en Europa e máis secos na África subsahariana, onde tradicionalmente estes animais teñen os seus cuarteis de inverno. A comida abundante xa non está no sur, senón no norte. Moitas especies están descubrindo como a perigosa viaxe entre os dous continentes é cada vez menos atractiva O exemplo máis coñecido é o das cegoñas brancas. Moitas xa non marchan cando chega o verán, adaptadas a alimentarse en vertedoiros, onde a comida non escasea.  Outras aínda fan esa viaxe incerta, movidas polo seu instinto, pero despois de viaxar milleiros de quilómetros, para chegar a zonas, cada vez máis secas e pobres, regresan, pois non paga a pena o esforzo. Tamén as cegoñas negras, prefiren cada vez máis os campos de Extremadura e Andalucía que   os de Malí ou Niger. Os ornitólogos están verdadeiramente desorientados coa observación de especies que xa deberían estar en África dende hai varios meses e permanecen no noso país. Vense aguias_culebreiras en Málaga, Cádiz e Doñana, pois como xa non vai frio, lagartos e serpes, os seus manxares preferidos, están todavía no campo. Avións anduriñas permanecen no sur da Península alimentándose  de mosquitos, aínda abundantes  xa que as xeadas se demoran en chegar. En Alemania permanecen máis de 60.000 grullas que viñan cara a Península Ibérica e detiveron a viaxe para quedar alí, a pasar o inverno. O ano pasado ocorreu algo similar, pero entón foron a metade .Tamén no norte de Europa fai menos frío e as grullas xa non lles sae tan rentable a viaxe. As que si lles vale a pena o esforzo é as especies típicas de África, cada vez máis na península. Coma o camachuelo trompetero, o corredor sahariano, os buitres moteados  (típicos da sabana), o vencello moro ou o elanio azul. Antes era moi raro atopalas na Península, pero xa non. Veñen en busca dos nosos desertos e adaptáronse a eles moi ben.  

Autora: Andrea Torreiro

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to O cambio climático revoluciona a migración das aves.

  1. pablo rodriguez di:

    As aves tamén son afectadas por este cambio climático, e son un sinal máis de que algo está a ocorrer. Se chegan a españa aves de áfrica, podería supoñer esto un perigo para outras especies? Produciríase algún desequilibrio?

  2. andrea torreiro di:

    Estes casos non son aparicións accidentais, ou sexa, son casos que se fixeron habituais en moitas rexións, nos últimos anos vimos un avance na chegada das aves e mesmo un cambio nas especies que pasan, o cal reflexa que o cambio climático está cambiando o mapa da migración de aves. A causa é o cambio climático, que anticipa a floración das plantas e, polo tanto, fai que estes animais suban de latitude antes, xa que a dieta da maioría das aves na época de procreación céntrase en comer os insectos que atraen as flores.

  3. miriam yang di:

    neste texto vese moi ben reflexado o que esta causando o cambio climatico. Un cambio na biodiversidade e por lo tanto na vida de todos os animais. Podemos considerar que o cambio climático esta a influir en todo, na vida dos animais, na reproducion das plantas que constituen a base alimenticia de moitisimos animais, etc, é un cambio global que como xa sabemos estanos a influir a os humanos e por iso tomamolo máis en serio.

  4. andrea torreiro di:

    A longo prazo podería supor un desequilibrio pola alteración das cadeas tróficas e podería alterar as especies vexetais das que se alimentan as cegoñas ou aumentar o número de depredadores destas.

Deixa unha resposta