O testículo, nova fonte de células nai pluripotentes.

O equipo de Kinarm Ko e Hans Schoeler no Instituto Max Planck para a Biomedicina Molecular en Münster, Alemania, conseguiu por primeira vez cultivar con éxito un tipo de célula claramente definida, extraída de testículos de ratones adultos, e converter estas células en células nai pluripotentes, sen introducir xenes, virus ou proteínas de reprogramación. Estas células nai teñen a capacidade de xerar toda clase de tecidos do corpo. Só as condicións de cultivo foron o factor crucial subxacente no éxito do proceso de reprogramación.

O testículo é un órgano delicado, e asombroso. Ata á idade de 70, 80 ou 85 anos, os homes teñen células que producen constantemente novos espermatozoides. Polo tanto, poden concibir embriones e ser pais a case calquera idade, supoñendo que poidan atopar unha muller o bastante moza. Baseándose nisto, os científicos asumiron desde fai moito tempo que as células dos testículos teñen un potencial similar ao das células nai embrionarias, cunha pluripotencia que lles permite formar máis de 200 tipos de células do corpo.

Diversos investigadores tropezaron en anos recentes cos talentos múltiples encerrados nas gónadas dos homes e dos ratones machos.

Todo empezou co traballo do equipo de Takashi Shinohara en 2004. Os científicos xaponeses descubriron que, como as células nai embrionarias, certas células nos testículos de ratones recién nacidos poden desenrrolar diferentes clases de texido.

imagen

 Autora: Deborah Lage

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to O testículo, nova fonte de células nai pluripotentes.

  1. andrea dalmao di:

    Este tema creo que ten un gran debate debido a igualdade. É moi interesante que dun home pódanse extraer celulas nai e sobre todo que sexa dos testículos posto que non habria que collelos dun “embrión” e poderiase pór en paz coa relixión.

  2. miriam yang di:

    é moi gratificante saber que podense sacar células nai de outro lugar que non sexan os embrións (como di andrea).
    É unha nova forma de encontrar solucions as enfermidades e que dannos novas esperanzas xa que as celulas nai son unha clave moi importante para curar a millóns de persoas.

  3. juan lorenzo di:

    Este descubrimento é moi interesante parece que se pode por fin zanxar o tema de extraer as células dos embrións e así xa habera menos empedimentos para ca ciencia sega avanzando que é o que nalgunhas ocasións a relixión impide.

Deixa unha resposta