Estas aves eran máis grandes ca o home, só que non voaban. Foron extinguidas fai moitos anos. Uns científicos británicos e australianos experimentan cas cascas dos ovos destas aves, sacando o ADN do interior da casca. Pensan que nun futuro, probablemente máis próximo que a largo alcance, poderán traballar con este descubrimento, que xa anteriormente intentaron, pero sen éxito..
Altura do animal
Casca dos restos dos ovos do que se extrae o ADN
Déixovos o link da páxina para que vexades.
Autor: Daniel Varela
Son parentes de avestruces extinguidas?
non andrea, son aves moi parecidas aos ñandús e as avestruces, pero non son da mesma especie, nin parentes nin nada polo estilo.
Espero ter resolto a tua dúbida.
Fixádevos, cando entredes na páxina que nos deixa Daniel, no “despiste” do periodista cando fala de 19000 millóns de anos. Pero… se a vida no planeta ten uns ¡3600 millóns de anos! É máis, estas aves ¿son anteriores ao propio universo?
En canto a estas aves, a súa Taxonomia seria:
Reino: Animalia
Filo : Cordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Superorde: Paleognathae (“mandíbulas antigas”)
Orde: Struthioniformes
O avestruz, o emú, o ñandú, o kiwi, o casuario e as grandes aves extintas coma este Aepyornis pertencen á orde Struthioniforme. Pero non son da mesma familia. Lembrade que as especies agrúpanse en xéneros, os xéneros en familias e as familias en ordes.
O avestruz pertence, dentro desta orde, á familia Struthionidae
Este artigo demostra que os erros están en todos os lados, aínda que este sexa algo excesivo e que hai que informarse mellor das cousas antes de fácelas públicas.