Que é a Nanotecnoloxía?

nanotecnoloxía

No seminario “Nanotecnoloxía básica para a sustentabilidade na sociedade do cambio climático” o profesor José Rivas, catedrático de electromagnetismo da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e Director do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, enviou como  material anexo a súa intervención esta interesante publicación divulgativa da Comunidad Europea sobre Nanotecnoloxía.

Que vos parece acercarse á Nanotecnoloxía comezando por este video para nenos?

Esta entrada foi publicada en 5. Nanotecnoloxía. Garda o enlace permanente.

5 Responses to Que é a Nanotecnoloxía?

  1. pablo rodriguez di:

    Paréceme algo interesantímo, pero tamén moi ambicioso, porque fala de todo o que busca, como materiales impermeables, que cambien según a climatoloxía, que reparen ósos e dentes, resistentes e lixeiros, en fin, algo que parece casi imposible e moi complicado. Eu estou totalmente de acordo con este tipo de investigacións, porque facilitan moito a vida e evitan moitos problemas.

  2. ruben fernandez di:

    O campo da nanotecnoloxía pareceme fascinante, xa que con algo tan pequeno (do tamaño dun nanómetro) e con moita constancia e medios, podese haber innovado tanto coma para obter resultados tan sorprendentes que estan a cambiar nosas vidas.
    Grazas a artigos coma este e os dos meus compañeiros que vese que estan moi interesados no tema enterámonos do que acontece neste campo, polo que agradame moito haber comezado un tema coma este que semella haber gustado tanto.

  3. andrea dalmao di:

    Eu non sabía que coa nanotecnoloxía podíanse facer tantas cousas e incluso cousas que moitísima xente cree que son imposibles. O que si está claro é que isto só acaba de comenzar e gustaríame chegar a ver como termina, se é que termina claro.

  4. miriam yang di:

    é un campo moi interesante e que seguramente no futuro será algo indispensable para a nosa sociedade.
    Seguro que todos nos sorprenderemos do que podemos chegar a facer coa nanotecnoloxia.

  5. andrea torreiro di:

    Na miña opinión, a nanotecnoloxía é unha parte da ciencia moi pouco desenvolta que precisa de máis fondos e máis difusión. Cando un escoita a palabra nanotecnoloxía, pensa que só está destinada á electrónica ou á informática pero se souberan que, no futuro, poderá curar enfermidades que na actualidade considéranse crónicas, como o SIDA, ou que poden ser letais, como o cancro, apoiarían máis a esta modalidade da ciencia.
    Persoalmente, a nanotecnoloxía impresióname moito, non sei como os científicos poden ser capaces de manipular os nanomateriais con tanta precisión como para facer nanorobots ou simplemente para combinar dúas moléculas. Así mesmo considero que esta, é a tecnoloxía do futuro é tódolos países deberían xuntar fondos para traballar todos xuntos por un futuro mellor.

Deixa unha resposta