Biólogos galegos descobren que o polbo ten múltiple paternidade.

polvo

Biólogos da Universidade de Santiago de Compostela descobreron que o polbo ten paternidade múltiple porque as crías poden ser de tres ou catro padres diferentes, xa que a femia pode almacenar espermatozoides viables durante dez meses. Os machos teñen modificado o seu terceiro brazo dereito, que emplean para transferir paquetes de espermatozoides ás femias. Ambos sexos teñen múltiples compañeiros de cópula, de forma que pode existir unha especie de competencia dos machos para eliminar da femia o esperma do anterior e deixar a súa propia pegada xenética.
Pero aínda que o último macho arranque os espermatóforos (paquetes de espermatozoides) do anterior, sempre queda algo de esperma no corpo da femia, resultado de cópulas anteriores. O terceiro brazo do polbo modificouse evolutivamente para esta operación de eliminación do esperma do anterior, pero parece que isto non funcionou de maneira perfecta, xa que incluso pode haber tres ou catro padres diferentes.

Autora: María Piñeiro

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Biólogos galegos descobren que o polbo ten múltiple paternidade.

  1. Adela di:

    Parece que a modificación evolutiva deste terceiro brazo do macho non funcionou moi ben.
    Boas noticias, estes estudos van ser útiles para a conservación da especie e para tentar conseguir o ciclo completo na acuicultura do polbo

  2. María Piñeiro di:

    É certo, para quen poida estar interesado, hai máis información na edición dixital de La Voz de Galicia, déixovos o enlace: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/03/15/00031268659704013610468.htm

  3. laura obarrio di:

    Non tiña nin idea de que podían chegar a ter a capacidade de almacenar os espermatozoides durante tanto tempo e moito menos de que as súas crias poderian ser de pais diferentes.
    Unha noticia moi interesante María.

Deixa unha resposta