Un tigre siberiano morre devorado.

O outro día vin esta noticia e a verdade pareceume incrible en que condicións poden chegar a ter aos animais. Que opiñades?

Resulta que un tigre siberiano morreu devorado polos seus compañeiros de xaula nun zoo chino. Todos sabemos que son unha das especies con maior peligro de extinción do mundo. Como poden permitir que pase algo asi cando se supón que queren protexelos para que a especie perdure e poida sair adiante?  Pois o caso é que catro tigres famentos mataron o seu irman xa que o zoo non lles proporcionaba suficiente alimento e os tiña en condicións nefastas. Primeiro o atacaron e logo comezaron a comelo, isto e algo que nunca pasou, ademais os cinco tigres tiñan a mesma idade e conviviran xuntos toda a vida. Ainda tiveron tempo de comerse o outro antes de que chegase a súa codadora…o zoo intentou disculparse dicindo que non lles chegaba o presuposto para alimentalos o suficiente xa que ese tipo de animais requeren uns 20 kilos de carne o día. O subdirector do zoo confesou que soamente lles daban un par de polos cada dous días. E eu pregúntome…como pode chegar a pasar isto?

imagen

Autora: Laura Díaz

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Un tigre siberiano morre devorado.

  1. pablo rodriguez di:

    Certamente eu tamén me pregunto como deixan en mans da xente deste zoo este tipo de animais en perigo de extención e non se leva a cabo ningún seguimento de como os tratan, co fin de impedir estos casos, e máis sendo este tipo de animais.

  2. sabela di:

    Paréceme impresionante. Non sei ata que punto hai que chegar para que animais dunha mesma especie, que se criaron xuntos, cheguen a atacar e devorar a outro. O que está claro é que é algo froito dunha total irresponsabilidade por parte dos encargados do zoolóxico. É impensable que estas cousas poidan pasar, e menos cando estamos a falar dunha especie protexida.
    É unha vergoña que animais que supostamente están nun zoolóxico para que poidan sobrevivir e para estar protexidos acaben así, independentemente de quen sexa a culpa.

  3. Adela di:

    Que pensades dos zoolóxicos en xeral? Sabedes que un 80% dos zoos españois manteñen aos simios en malas condicións? Que sofren soidade e aburrimento nunhas gaiolas as veces de cemento? Diriades como Saramago (Premio Nobel de Literatura 1998):
    “Si yo pudiera, cerraría todos los zoológicos del mundo. Si yo pudiera, prohibiría la utilización de animales en los espectáculos de circo…”
    O pola contra, pensades nos zoos como bos “embaixadores” da cultura medioambiental? Como lugares onde poder achegarse aos animais en perigo de extinción?
    Coñecedes algún zoolóxico? Cal foi a vosa experiencia?

  4. laura diaz di:

    Pois a verdade é que as veces que fun os zooloxicos non tiñan os animais en moi boas condicións,aparte de que penso que como mellor están é en liberdade.Tamén e certo que sen zooloxicos serianos imposible ver a moitos dos animas que neles se atopan,pero sitios asi deberian levalos persoas que realmente os aprecien e os cuiden,non simplemente por montar un negocio e sacerlle diñeiro que é o que en realidade moitos estan a facer,deberia darlles vergoña situacións como a que puxen arriba.

  5. adriana jimenez di:

    Eu non estón en contra totalmente dos zoolóxicos ,porque penso que alí polo menos suponse q están atendidos e que non lles falta de nada, pero o que non me parece normal e que non os coiden como é debido e que despois pasen cousas coma esas , tamén estou en parte en contra porque as veces como dis ti, Adela, os teñen encerrados en sitios moi pequenos nos que non están agusto e sofren.
    Eu das visitas que fixen a algún zoolóxicos pareceume que todo estaba máis ou menos ben salvo pequenas excepcións nas que algúns animais estaban bastante descoidados.

  6. María Piñeiro di:

    Estou con Saramago.
    Nos zoolóxicos, un pode achegarse aos animais, pero non pode ver nin entender a complexidade do seu mundo. Achégaste moito máis aos animais nun documental onde podes ver cales son as súas extratexias de supervivencia que véndoos engaiolados, afastados da súa natureza.
    Ademáis, aínda que nos guste poder ver aos animais ao alcance da nosa man, máis que velos nunha pantalla… ¿é xusto que por este desexo noso teñamos encerrados aos animais? Eu creo que non.
    Condenar a un simio a unha vida de infelicidade e encerro para que os nosos fillos poidan tirarlle cacahuetes…
    Non. Definitivamente non.

  7. pablo rodriguez di:

    Eu penso que deberían de estar algo máis controlados polas autoridades para evitar este maltrato e esta deixación que sofren algúns animais nestes lugares. Por outro lado, penso que é unha maneira de achegar animais pertencentes a outras zonas, imposibles de ver en directo, despertando o interese de nenos que pode que os faga meterse de maiores nestes temas. A min de pequeno leváronme a varios zoos, como o de madrid e o de barcelona, e non recordo ver aos animais moi tristes (tampouco me fixaba moito neso) pero penso que é unha maneira de despertar a curiosidade dos nenos.
    Para finalizar decir que eu estou a favor dos zoos, pero penso que deberían estar máis controlados para evitar estes temas de deixación que sofren neles os animais.

  8. laura diaz di:

    O caso é que si os zoos fosen levados por xente qu queira os animais e que os trate ben,por min perfecto,sempre que teñan un minimo de liberdade e esten ben alimentados.
    Alégrome de que a miña noticia vos dei que falar 🙂
    porque estes temas moitas veces están ocultos e non somos conscentes da gravidade do asunto porque non nos toca de preto

  9. laura obarrio di:

    Pareceme algo verdadeiramente indignante,que haxa todavía xente deste tipo e con tan pouca preocupación e responsabilidade, a cargo de animais, e sobre todo de animais en perigo de extinción, e coincido coa opinón de pablo, tamén creo que as autoridades tiñan que implicarse máis nestes temas e polo menos telos algo controlados, non pode ser que non se percaten da situación pola que estaban a pasar estes animais ata que un deles morra devorado.

  10. alba robles di:

    Realmente é algo increible como tratan os animais se non lles chegan a presuposto por que non os envian a outro con mellores condicións?
    Pareceme que non é disculpa o do presuposto por que iso pódese solucionar.
    É imperdoable que deixaran facer iso, dame moita pena xa que son animais en peligro de extinción e non teñen coidado ningún.

  11. javier gago di:

    Estou de acordo con Alba, se non son capaces de coidar a un animal que debe ter unhas condicións de vida especiais polo feito de ser animais en perigo de extinción, que os envíen a outro zoo que poida estar máis capacitado para o seu coidado, en vez de fixarse no diñeiro gañado ó presentalos á sociedade.

  12. andrea dalmao di:

    Gustanme os animais moito. Fun o zoo de madrid pero era pequena e xa non me acordo moi ben.
    Non estou moi de acordo con ter os animais en cautividade en zoos pareceríame mellor telos no campo o no seu habitat controlados.

Deixa unha resposta