Curiosidades dos animais.

As arañas femininas coñecidas como viudas negras comen aos machos despois do apareamiento pero tamén hai que aclarar que o fan cando estes están moi débiles (debido a copulacións anteriores con outras )ou tamén cando os confunden con comida. Este tipo de arañas chegan a poñer 400 ovos a vez.  A súa seda e a máis forte coñecida nas arañas.

                                             imagen

As xirafas adoitan durmir durante 20 minutos ao día. Poden chegar a durmir ata 2 horas (a intres, non dunha soa vez), pero excepcionalmente. Nunca se deitan. Tamén son a especie animal viviente mais alta, os machos poden chegar a medir 5,5 m. de altura cun peso de 900 g. O nariz das xirafas tamén é curiosa xa que a súas fosas nasais poden cerrarse a voluntad. Tamén hai que destacar que son animais que cando envejecen gústalles buscar a soidade e apartanse o máis que poden do resto das xirafas.

imagen

-As bolboretas Atlas son consideradas as máis grandes do mundo. Atópanse normalmente nos bosques tropicais do sudeste de Asia, o sur de China. A súa seda é moi preciada. E tamén hai que destacar que estas bolboretas non desarrollan a boca o que fai que non poidan comer o longo da súa vida, aliméntanse da graxa que xeneran na súa etapa crisalida.  Viven entre dous e tres semanas.

imagen

 

Os burros son animais que hoxe en día  están en perigo de extinción, e triste pero certo.  En España, en pouco máis de medio século  perdemos mais dun millón de exemplares. Varios defensores de este animal han solicitado á Real Academia que cambie a definición que aparece no diccionario xa que é un animal noble e milenario amigo da humanidade.

imagen

Autora: Laura Díaz

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to Curiosidades dos animais.

  1. Cristian Aimar di:

    Eu apoio a miña compañeira en que se debe de cambiar o concepto de burro no dicionario xa que non ten nada que ver con este concepto dado que son uns animais nobres,aunque polo que encontrei da súa etimoloxía o nome é correcto:
    “La palabra burro es un derivado regresivo del latín tardío burricus que significaba “caballo pequeño”; caballus era un caballo castrado usado para tirar o cargar´´.

    Respecto ás xirafas so facer un comentario:
    Estas son unha presa dificil e perigosa dado que a súa arma de defensa é unha poderosa patada capaz de partir o cráneo ou a columna dun león.

    Respecto a las arañas fago outro comentario:
    As viudas negras non son animais agresivos e non teñen o instinto de morder, son tímidas,sedentarias,solitarias,caníbales e nocturnas.Alimentanse de insectos e chinches.

  2. laura diaz di:

    Grazas por dar mais información…a verdade é que moitas veces non nos interesamos por este tipo de animais,pero e interesante saber cousas sobre eles 🙂

  3. María Piñeiro di:

    Gustaríame engadir algúns datos sobre a alimentación das xirafas.
    Grazas á súa altura extrema, a xirafa pode chegar por enriba dos seus competidores, outros herbíboros máis pequenos, no atestado ecosistema da sabana. Aliméntase de frutos, flores e brotes tenros de 40-60 especies diferentes de árbores.
    Unha xirafa adulta consome ¡ata 35 kg de alimentos ao día! Para obtelos en cantidade e calidade suficientes, desplázase extensamente. En épocas de escasez, a xirafa come follas secas, ramiñas e incluso espinas de árbores. Igual que outros rumiantes, primeiro mastiga e traga os seus alimentos, e logo os regurxita e mastiga de novo varias veces antes de completar a dixestión. É capaz de rumiar mentres camiña, unha adaptación única moi adecauada para o seu tipo de vida nómada.

    Outros animais que necesitan moita cantidade de comida son os osos panda. A súa dieta componse nun 99% de bambú. Ao teren un sistema dixestivo de carnívoro, os pandas non son capaces de dixerir a celulosa con eficiencia; só poden dixerir o 20% (un mamífero máis típicamente herbívoro pode dixerir o 80%). O panda come preferentemente as follas máis ricas en proteínas da planta, pero isto non fai ao bambú un alimento de gran calidade, e o animal ten que consumilo en grandes cantidades. Un panda adulto pode comer ata 40 kg de bambú ao día e invertir nisto 12-14 horas.

    Outros animais que resultan interesantes desde o punto de vista alimenticio son os koalas. Os koalas aliméntanse casi exclusivamente das follas dos eucaliptos. Estas follas teñen pouca proteína, son tóxicas e difíciles de dixerir, pero o aparato dixestivo dos koalas ten varias adaptacións especiais, que desactivan as toxinas. A pasta dixírese por fermentación bacteriana nun cego que cos seus cerca de dous metros é máis longo que o de calquera outro mamífero.
    Tras salir da bolsa materna, o koala come pequenas cantidades das heces da súa nai. Con estas heces, que son tamén unha importante fonte de proteínas, introdúcense no sistema dixestivo da cría as bacterias que esta necesitará para dixerir follas de eucalipto.

  4. pablo rodriguez di:

    É unha noticia moi interesante, o que máis me chamou a atención foi o dato de que as xirafas só dormen 20 minutos ao día, e tamén o da bolboreta xigante, que non ten boca e se alimenta no estado de larva. As respectivas imaxes tamén son moi curiosas e divertidas.

Deixa unha resposta