Os animais suizos non terán abogados.

imagen

Pode soar un pouco raro. Pero foi unha proposta que se levou acabo en Suiza para combater o maltrato animal. A idea era que un letrado poidera defender o animal que recibiu o maltrato ante o xuiz. Era unha moi boa iniciativa, xa que o maltrato animal non esta lexislado correctamente. Por exemplo, en España unha persoa pode chegar a matar e torturar un animal que como castigo mais forte levara unha multa, xa que isto esta visto unicamente coma unha falta leve e non ten penas de prisión.

Pero as asociacións de defensa dos animais non tiveron sorte, xa que non levaron  o apoio suficiente por parte da población. Unha verdadeira pena que esta medida non se poida levar acabo en Suiza, pero non estaría mal que o goberno español tomase nota e propuxera unha iniciativa no parlamento.

Autor: Iván Ares

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Os animais suizos non terán abogados.

  1. javier otero di:

    Penso , que esa superioridade que algunhas persoas teñen sobre os animais , sobre todo en España levando a cabo a torturas , capturas ou mesmo matanzas, se aplicase o parlamento unha nova lei , esa superioridade iría disminuindo. Pero ainda así , non se consiguiría de todo , porque tamén hai persoas que infringen a lei, ou persoas que consideran esa tortura de animais como por exemplo os toros, como un deporte.

  2. laura diaz di:

    A verdade é que eu non entendo como a xente pode chegar a maltratar a un animal…e deberian ir o cárcere posto que é algo o suficientemente grave coma para que soamente lles caia unha multa,non podo entender como se seguen permitindo ese tipo de abusos o pobres animais!

  3. Cristian Aimar di:

    Eu penso que os animais,como as persoas deben ter os mesmos dereitos e non ser despreciados e abusados por non ter a capacidade cerebral do ser humano.Matar ou maltratar a un animal é como maltratar a unha persoa porque tamén teñen sentimentos coma nós.Pareceme moi bn o traballo realizado polas asociacións defensoras dos animais ao intentar axudalos dandolle toda a sua axuda.Pareceume moi mal que denegaran a proposta exposta en Suiza a favor dos animais maltratados.Como xa dixen antes os animais teñen sentimentos e nalgúns casos son maiores dos que pode ter unha persoa hacia outra e o cariño que se lle pode coller a un animal é increible.Eu propoño unha pregunta:
    ¿Porque causas se pode chegar a maltratar a un animal?¿Que te leva a facer iso?¿Non credes que valen o mesmo ca unha persoa?

  4. laura diaz di:

    Claro que valen o mesmo que calquera persoa,o que pasa é queo ser humano moitas veces creese superior e con dereito de maltratar o seu antollo os pobres animais,a todo aquel que non lles gusten pois que non os teñan e punto.Para o carcere todos!

  5. Daniel Barreiro Ures di:

    Un animal non pode equipararse a unha persoa, é unha loucura.

    A min gústanme os animais e torturalos (torturalos, non confundamos) paréceme repunante.

    Javi, a tauromaquia é unha festa tradicional española e hai estudos que reflexan que os touros, pola rápida secreción de hormonas, non sofren na plaza.

  6. jose sevane di:

    Está claro que deberían mejorar mucho el control del maltrato animal porque a parte de afectarle a los animales también nos puede afectar a los humanos.
    Cuando una persona tortura hasta la muerte a un animal, o lo descuartiza o cualquier otra aberración significa que esa persona esta mal de la cabeza dando lugar a que a lo mejor esa persona en vez de matar animales acabe matando personas.
    Por el bien de todos deberían tomarse más en serio este tema.

    Y eso de que los toros no sufren me parece un poco hipócrita, por mucha hormona que segreguen si le estan clavando una banderilla algo sentirán y no ceo que estén muy tranquilos en esa situación. También cuando le clavan la espada directa al corazón y fallan el golpe tampoco sufren…en fin.

  7. ivan garcia di:

    En resposta a daniel barreiro sobre a tauromaquia.
    Non sei se sabes que o touro ante de sair a praza e picado para que saia o ruedo rabioso e non se poida controlar, sen comentar que en moitas casos o touro e drogado para que aparte de sair dañado a plaza sai totalmente manso.
    Despois de isto, o touro e matado polos estoques do toureiro. Neste proceso de morte moi lenta sofre moitisimo porque o valente toureiro o esta a matar a base de estacazos.
    Finalmente cando o valente home e capaz de atravesar o corazon do touro e matalo de unha vez por todas. Despois de matar o pobre animal, o seu asesino, lle corta orella para mostrar ante todo o publico que e un home moi valente por matar a este animal.
    Isto que acabo de narrar se pode dicir que e unha festa nacional?
    Para min, non e ningunha festa, senon unha desonrra nacional que ainda en España se permita este tipo de espectaculos.

  8. sabela di:

    Está claro: os animais non son persoas. E non poden ser tratados como tal.
    Pero vexo que se abriu un tema que me interesa moito.
    Para empezar, non se poden xustificar as corridas de touros dicindo que non sofren. Como non van sufrir?
    Propoño que lle votedes un vistazo a isto:
    http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=1135
    Segundo, tampouco é normal que se xustifique dicindo que é unha festa tradicional… Cando o que se está a facer é torturar a un animal ata á morte, non podemos facer a vista gorda porque “é algo tradicional”. Sexa ou non sexa tradicional segue sendo unha barbaridade. Ademais, dicir que é a nosa festa, que é de orixen español tamén é falso, porque non naceu en España.
    O único argumento que escoitei máis ou menos razonable, é que os touros viven como reis toda a vida, ata que son sometidos a isto, ao final. Aínda así, non penso que o xustifique.
    Por desgracia non é a única barbaridade que facemos aquí aos touros… hai centos de festas populares nas que se torturan aos touros, e as veces incluso a outros animais, brutalmente…
    Non estaría de máis recordar que os animais tamén teñen os seus dereitos.

  9. lizeth viancha di:

    Eu o que teño que comentar sobre a tauromaquia non é que se cancele, porque é unha festa demasiado arraigada á cultura nacional, senón que ao final do ruedo non maten o animal porque, que cambiaría isto ó final? penso que nada dado que o placer de torear ao animal xa se fixo. O comentario de Iván paréceme unha demagogia completa, porque hai formas de decilas cousas sen ese ton como o acabo de decir eu. Non sempre saen drogados, senón esta festa estaria controlada moito máis.

    É verdade o que di o meu compañeiro Daniel sobre que non se pode comparar unha persoa con un animal. Os animais teñen o mesmo dereito ca nos a non recibir maltrato de ningún tipo. Vale, o home tamén é un animal pero un animal racional, íso é o que nos diferencia.

  10. ivan garcia di:

    Pareceme que a idea que intentaba mostrar coa noticia non a entendedes. O que equero mostrar con esta noticia e o drespotexido que están os animais ante o ser humano.
    Respondendo a Lizeth, non entendo porque di que o meu comentario e demagogo, porque non empleo ningún ton, so mostro unha realidade que se da en todas as plazas de España.

  11. Cristian Aimar di:

    Estou dacordo con cancelar as corridas de toros porqur sofren demasiado.

    Y Lizeth os animais poden valer o mesmo cos humanos dado que nós tamén somos animais o que pasa é que estamos mas evolucionados pero una pregunta: Eu digo que hai que protexer aos animais,cando naces asta os dez anos te teñen que coidar mentres que os animais ao ano xa son capaces de marcharen polo seu pé.Crees que somos máis listos?

  12. Adela di:

    Lizeth e Iván; demagoxia é unha forma enganosa de razoamento que se caracteriza por falsea-la realidade para sacar algún proveito.

    Como vedes este é un tema no que mestúranse cultura, tradición, arte, negocio, política, sociedade, animais, risco e sangue. Anímovos a seguir. Deixade os vosos comentarios e participade.

  13. sabela di:

    Para comezar non penso que o comentario de Iván sexa para nada demagogo; como podemos ver claramente na definición que deixa Adela.
    Por outra parte gustaríame dicirlle a Lizeth, que non creo que a solución sexa non matar ao touro ao final, xa que o dano xa está feito. As medidas ás que foi sometido o touro antes da corrida, e a tortura continua durante, xa son suficientes para darnos conta do sufrimento extremo polo que ten que pasar o animal. Matalo é soamente unha forma de rematalo.
    Penso que falta información. A “festa nacional” non é un simple festexo, hai moito máis detrás.
    É unha vergoña como podemos chegar a tratar aos animais simplemente por pasar “un bo rato”, ou por propio interese.
    E paréceme o colmo que esto se poida considerar arte ou cultura. Non me cabe na cabeza como seguen estando vixentes este tipo de prácticas atroces, e como se lles conceden premios culturais que non fan máis que incentivalas.
    Por non falar de que soamente o 31% da poboación está a favor dos touros, e que sen embargo todos contribuimos cos nosos cartos a este tipo de festexos.
    O ser humano é capaz de destruir aos animais e incluso de destruirse a si mesmo por pura diversión. Que gran maneira de demostrar a nosa intelixencia.

  14. pablo rodriguez di:

    Agora a calquera cousa se lle chama arte, eu non entendo para nada ese concepto e estou en contra del.
    Estou por un lado a favor dos toros, pero por outro e parándonos no seu sufrimento non me parece moi ben, pero sin embargo ata o momento da corrida o toro vive libre, ben cuidado e ben alimentado.

  15. ivan garcia di:

    Estou totalmente dacordo co que di Sabela. Penso que a xente ainda non esta o suficiente informada sobre as corridas de touros.
    Sego a decir o mesmo que dixen no meu comentario anterior, pareceme unha auntentica vergoña que en un pais coma España os touros sexan dende hai uns dias patrimonio cultural. Como se pode chamar cultura a matanza de touros nunha plaza? E quen di matanza tamén di as multiples festas que hai en todo España na que o touro na maioria dos caso sofre un maltrato.
    E decir tamén que moitas grazas a Adela pola sua aclaración.

  16. laura obarrio di:

    Estou totalmente de acordo con que os animais merecen unha defensa mellor ca que lles damos, e que a xente que os maltrata merece unha pena maior; non vexo a razón para chegar a ese extremos, se non che gustan os animais non os teñas e algo tan simple coma iso,deixa que os coide xente que á que realmente lle gusten.
    E no tema dos touros estou completamente de acordo con todo o que di Sabela.

  17. María Piñeiro di:

    Grazas a Sabela pola páxina que adxunta no seu comentario. ¿Que o toureiro é un valente e merece o noso respecto? Non sei se na vosa si, pero desde logo, na miña definición de valente non entra a tortura a un animal. Tortura ademais sen ningunha finalidade, só polo pracer de ver agonizar a un animal.
    Pero, ¿a qué chamades vós arte? ¿A qué chamades vós cultura? Que esta práctica sádica teña moitos anos non a fai menos sádica. É máis, na miña opinión, cada ano vólvese peor.
    ¿Con qué dereito tratamos aos animais desta maneira? ¿É que seguimos a concibir o mundo como un lugar feito para o home, cremos que podemos facer o que queiramos con todo o que encontremos ao noso paso?
    Non podemos divertirnos co sufrimento dun animal e pretender estar mentalmente sans.
    http://www.youtube.com/watch?v=Dzh0Nj-ftD4
    É unha pena que tantos tomen o tema da defensa dos animais a risa.

  18. María Piñeiro di:

    Gustaríame aportar outra noticia que trata o tema da desprotección legal que sofren os animais. Refírome aos animais que son criados para converterse no abrigo de alguén, que pasan os seus días expostos aos elementos en gaiolas extremadamente pequenas e forradas de urina e feces. As investigacións teñen encontrado animais con horribles lesións e sen atención médica, e a raposos e armiños entolecidos polo seu cativerio, camiñando en círculos incesantemente.

    Os armiños, raposos, chinchillas, mapaches e outros animais nas granxas de peles pasan a súa vida enteira encerrados en pequenas e sucias gaiolas, camiñando dun lado ao outro sen descanso debido ao estrés e ao aburrimento. Algúns animais ata chegan a mutilarse ou cómense aos seus compañeiros de gaiola. Os zorros viven en gaiolas que miden só 2’5 pés cadrados, con asta catro animais por gaiola. Os armiños e outras especiais, xeralmente están nunha gaiola que mide só 1 por 3 pés, e igualmente con asta catro animais por gaiola. As condicións de extrema superpoboación e confinamento son especialmente angustiosas para os animais solitarios coma os armiños.

    Durante o verán, centos de miles de animais soportan un calor sufocante e sofren mareos e vómitos antes de morrer por un shock térmico. As crías son ás vítimas máis comúns, xa que sucumben máis rápido á deshidratación. No inverno, os animais encerrados non teñen ónde buscar refuxio para escapar das temperaturas xeadas, choiva, sarabia e neve.

    Ningunha lei protexe aos animais nas granxas de peles. Os granxeiros con frecuencia matan aos animais por medio da electrocución anal ou xenital, o que lles causa a intensa dor dun ataque ao corazón cando aínda están completamente conscientes. Outros métodos de sacrificio inclúen romperlles o pescozo e afogalos. Algúns animais só quedan sen sentido; quítanlles a pel cando aínda están vivos.

Deixa unha resposta