O segredo do caparazón das tartarugas está nas costelas.

 O Centro Riken para o Desenvolvemento Biolóxico de Kobe, Xapón, desvelou nun estudo as claves do desenvolvemento do caparazón da tartaruga, demostrando como puideron evolucionar a partir de ancestros de corpo brando a partir da fusión das costelas.Evolución del omóplato y las costillas en los seres humanos y las tortugas. SCIENCE

Os investigadores, dirixidos por Hiroshi Nagashima, tras analizar o desenvolvemento embrionario de polos, ratos e tartarugas chinesas de caparazón brando, desvelaron o misterio de como fórmase o caparazón a partir da fusión das costelas para cubrir as omoplatas. O traballo publícase no último número da revista “Science”.
En 2005 descubríronse os fósiles da tartaruga máis antiga coñecida ata agora, a Odontochelys, a primeira que posúe un caparazón incompleto. As tartarugas modernas adquiriron a súa forma actual a partir do desenvolvemento embrionario desta especie, sen a que é difícil explicar a forma evolutiva.
Este desenvolvemento contrasta co patrón común do resto de vertebrados amniotas, cuxos omoplatas se encontran fóra da caixa torácica. Esta estrutura corporal, totalmente diferente á do resto de vertebrados, suscitou, desde fai moitos anos, o interese dos científicos de todo o mundo.
No estudo descríbense as fases de transición por que puido pasar a evolución da tartaruga para chegar ao seu aspecto actual. Os resultados suxiren que, inicialmente, os embrións de polos, ratos e tartarugas comparten un patrón común de desenvolvemento que, probablemente, comparten co seu último ancestro común.
A medida que o embrión de tartaruga se desenvolve, unha parte da parede do seu corpo dóbrase sobre se mesma, mantendo algunhas das conexións entre os ósos e músculos en desenvolvemento pero, tamén, producindo novas conexións que non se observan noutros réptiles, aves ou mamíferos.
O caparazón, deste xeito, fórmase a partir do cambio no desenvolvemento das costelas, non da omoplata. Porén, a anatomía embrionaria do sistema esquelético musculo-esquelético non se analizou suficientemente para identificar a orixe específica do corpo da tartaruga.

Autora: Adriana Jiménez

Esta entrada foi publicada en 2. Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to O segredo do caparazón das tartarugas está nas costelas.

  1. david regueira di:

    Pareceme un artículo moi interesante,moitas veces descoñecemos o magníficos que poden ser os animais.

  2. Cristian Aimar di:

    David, os animais sorpréndenos continuamente dado a súa evolución.Nunca vas saber como vai ser un animal no futuro ou como sera a súa forma de seren o si aprenderán novas técnicas.Os animais son un completo misterio.Aun hai moitas cousas dos animais que non sabemos e que nos queda moito tempo para descubrir.

Deixa unha resposta