Engaño mundial de grandes compañías?

                           

Propongo este video para que la gente lo vea y deje su opinion y genere controversia sobre lo que nos muestra el video, sobre algo que hemos tenido presente desde el año pasado por la importancia que se le ha dado en los medios de comunicación, el virus H1N1 y el Tamiflú.

Autor: Pablo Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to Engaño mundial de grandes compañías?

  1. ivan garcia di:

    A verdade e que e un video moi interesante na que se mostra unha realidade, que o unico interese que hai neste mundo e a de gañar diñeiro. A costa de que? Pois a costa de enganarnos y probocar o medo mundial por unha enfermidade que para as farmaceuticas e soamente unha maneira de gañar diñeiro. Desde logo que non esta mal que haxa medidas e medicamentos para combater a gripe porcina, pero o que non se pode tolerar e que nos mintan e abusen da ignorancia de moita xente, coa unica preocupación de deferder as suas familias.
    Desde logo a unica maneira de combater este abuso e que non nos deixemos manipular por ninguen, e nuncar caer nos enganos das farmaceuticas.

  2. diego juarez di:

    Ben; vale que en 3 días os ingresos dunha farmacéutica se elevaran nun 70%, pero iso non significa que houbese un pacto para provocar o medo na xente.
    Cando se descobre unha nova enfermidade pasa un tempo en saber como actua. O que fixeron todos os países foi reservar tamiflú por ter un alto porcentaxe de éxito. Non se sabía que ía ser unha enfermidade “chorra”. O único que fixo declarar esa enfermidade á forma de epidemia mundial foi polo rápido e fácil que se transmitía, non por crear mortes. Xa se sabía que mortes non ían sobrar.

  3. tamara p di:

    Muchas palabras se le amontonan a mi mente después de conocer esta cruda realidad a través de la cual se puede comprobar que ni siquiera el que se trate de la salud humana detiene a algunos hombres cuando dinero y poder están en juego.

    Los medios se manipulan, cuando debieran ser objetivos y cumplir su fin primero, que debiera ser el de informar, los cargos públicos son catapultas que permiten a los sobornables tratos de extremo favor, sin que escrúpulos detengan sus enmarañadas y astuta y estratégicamente tejidas redes y la sociedad camina, día a día, y se somete, ajena e ignorante de que somos meros títeres en un escenario organizado al interés de unos cuantos. Solamente, de vez en cuando, harta, deja sentir un rumor, murmurando como nuestros gobernantes nos engañan y nos mienten, sin sospechar ni de lejos la magnitud de la verdad que están diciendo.

  4. María Piñeiro di:

    Información extraída da revista XL Semanal, nº 1.161.

    A apocalíptica gripe A está a resultar a máis suave da historia, segundo sinalan os estudos. E, tralo susto, chega o escándalo. O Consello de Europa está a comezar unha investigación para determinar se a declaración de pandemia por parte da OMS estaba xustificada e se houbo intereses económicos trala campaña de vacinacións masivas. As sospeitas de corrupción salpican a varios expertos e funcionarios públicos. No centro da polémica, encóntrase o virólogo de fama mundial que estivo detrás de tódalas alertas sanitarias dos últimos anos: o holandés Osterhaus, ao que xa chaman “o doutor Gripe”.

    Albert Osterhaus é xa reincidente en meternos o medo no corpo. En 2003, converteuse no virólogo máis prestixioso do mundo cando identificou o coronavirus responsable do Síndrome de insuficiencia respiratoria aguda (SARS). Tratábase dunha misteriosa neumonía que causou unha psicoses mundial (9.000 casos, 750 mortos). O brote foi tan letal coma efémero, supoñemos que grazas á rápida identificación do axente causante. Sen embargo, a carreira de Osterhaus como salvador da humanidade está agora manchada polas sospeitas de que se enriqueceu grazas aos seus lazos coas compañías farmacéuticas que fabrican as vacinas que el mesmo recomenda.

    Osterhaus ten detectado unha ventena de microorganismos patóxenos, e grazas a isto converteuse nun dos principais asesores da Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre a gripe A, ao igual que o foi durante a gripe aviar. As previsións máis pesimistas da OMS sobre esta pandemia falaban de 150.000.000 mortos; ata o de agora, van só 282 falecidos.

    E a gripe A está a resultar a máis suave de tódalas gripes desde que existe un rexistro histórico; 13.000 mortes no mundo mentres que a gripe estaciona causa entre 250.000 e 500.000 vítimas anuais.

    A reputación de Osterhaus comezó a tambalearse cando unha reportaxe da televisión pública holandesa destapou que é o accionista maioritario de ViroClinics, unha empresa contratada pola farmacéutica GSK para investigar a vacina da nova gripe. Presuntamente, poido beneficiarse da venda dos 34 millóns de doses encargadas polio Ministerio de Sanidade holandés, cuxo titular é amigo persoal de Osterhaus.

    A pesar da polémica, a directora xeral da OMS, Margaret Chan, considera “prematuro” desactivar a alerta de pandemia.
    Vai sendo hora de pedir contas: ¿Temos sido vítimas dunha campaña de desinformación? ¿Ou as nosas autoridades reaccionaron con rapidez ante unha ameaza descoñecida? ¿Hai que felicitar á OMS ou vendeunos a moto?

    Unha moto moi cara, por certo. Estimábase que as compañías farmacéuticas ían embolsarse entre 5.000 y 7.000 millóns de euros grazas ás vendas das vacinas adquiridas polos gobernos que seguiron as recomendacións da OMS. E sexan cales sexan os beneficios finais para os laboratorios, o certo é que os países que compraron vacinas masivamente, agora non saben qué facer con tódalas que lles sobran. España, por exemplo, adquiriu 37 millóns de doses, pero soamente se vacinaron uns 3 millóns de persoas. O Ministerio de Sanidade querer quedar con 13 millóns e devolver aos laboratorios tódalas demais, ou regalalas a países en desenvolvemento, ou revendelas de saldo a Polonia e Bulgaria. Calquera cousa con tal de diminuír os 270 millóns de euros que custaron as vacinas.

    En Francia, compráronse 94 millóns de vacinas en xullo, cando a OMS advertiu que sería necesario administrar dúas doses por paciente para asegurar a inmunidade, o que resultou ser unha exaxeración e posteriormente foi descartado. Estas vacinas custaron 869 millóns de euros. Agora, tratan de ofrecerlles as sobras a países como Qatar, Exipto, México e Ucrania.

    O fracaso das campañas de vacinación ten varios motivos. Por unha parte, o rexeitamento dos cidadáns, bastante “inmunizados” xa contra os sobresaltos da OMS e menos crédulos que os gobernos desde que o mal das vacas tolas chegara en 1996, causando… 15 mortes anuais. Por outra parte, a rebelión silenciosa da maioría dos médicos e do persoal sanitario. En España, nove de cada dez non se vacinaron contra a gripe A, a pesar de estaren incluídos nos grupos de risco.

    Internet tamén influíu. As dúbidas sobre as vacinas e os seus aditivos plantexadas pola monxa beneditina Teresa Forcades no seu vídeo “Campás por la gripe A” tivo unha repercusión insospeitada. Déixovos un enlace: http://www.youtube.com/watch?v=XUk_umKnOjg É o primeiro de seis vídeos, se queredes velos todos tedes os enlaces dos demáis na ventaniña da dereita.

    Tampouco inspira confianza que as farmacéuticas non publicaran en revistas científicas de prestixio os resultados das probas clínicas. Ou que se retiraran do mercado 800.000 doses en EEUU, aínda que o laboratorio alegase falta de eficacia, non de seguridade. Finalmente, a pouca gravidade da gripe A na inmensa maioría dos casos fixo o resto.

    Toca esixir responsabilidades. E na primeira liña está Albert Osterhaus, como máximo experto da OMS en gripes. É unha celebridade en Holanda, aínda que moitos critiquen os seus tintes apocalípticos. <>, di un importante microbiólogo, Miquel Ekkelenkamp.

    Unha moción para que o goberno holandés rompese os seus vínculos con Osterhaus foi rexeitada, aínda que unha nova lei obrigará aos científicos a revelar se teñen intereses financeiros en empresas privadas.

    Osterhaus obsesionouse cos paxaros. As aves migratorias, dicía, podían diseminar o virus por toda Europa bombardeándonos coas súas feces. O seu equipo recolleu 100.000 mostras de feces, pero non encontrou ni rastro do temido H5N1 mutado. Para entonces, os laboratorios fabricantes de Tamiflu e de Relenza tiñan gañado unha fortuna, pois moitos gobernos decidiron facer xuntanza de antigripais. As ventas mundiais de Tamiflu chegaron a superar os 1.002 millóns de euros nun ano. Sen embargo, o Brithis Medical Journal puña en dúbida a súa efectividade. Boa parte dos dez millóns de doses adquiridos por España seguían nos seus bidóns.

    O terror suscitado pola gripe aviar amainou, pero unha nova enfermidade ameazou o pasado abril a nosa supervivencia, alertou a OMS, cando en México diagnosticaron o primeiro caso de gripe porcina. Os síntomas eran os da gripe común. Pero en xuño, Margaret Chan activou o nivel 6 de urxencia pandémica. ¿Por qué?
    Presuntamente, Chan limitouse a seguir os consellos do Grupo Estratéxico de Consulta da OMS, do cal forma porte Osterhaus, que ademais é presidente do Grupo Europeo de Traballo Científico sobre a Gripe, que está financiado polos laboratorios que fabrican as vacinas.

    Pero Osterhaus non é o único ao que agora se mira con lupa. Outros membros da OMS tamén reciben suculentas propinas dos laboratorios.

    Nas reunións do Grupo Estratéxico de Consulta participan os fabricantes de vacinas, que tamén financia a maior parte do presuposto da OMS.

    Cando se comezou a falar da gripe A como “a pandemia do século”, nin sequera había mil infectados. Declarouse a alerta máxima co argumento de que se trataba dun virus novo. Sen embargo, unha das características da gripe é a súa mutabilidade. Os virus da gripe toman novas formas rapidamente. Non hai nada novo niso; é o de tódolos anos.

    A OMS cambiou a definición de pandemia en maio. Antes non só tiña que aparecer un brote dunha enfermidade en varios países ao mesmo tempo, senón que ese brote tiña que causar unha mortalidade por enriba da media. A nova definición non ten en conta a gravidade da enfermidade, só a velocidade da súa propagación. E a OMS considerou que o virus era perigoso porque, ao ser novo, a xente non tivera tempo de desenvolver inmunidade contra el, pero iso é falso. Moitas persoas maiores de sesenta años xa teñen anticorpos, o que significa que xa estiveron en contacto con ese virus ou con outros moi similares cando eran nenos o xoves. Sen embargo, os anciáns estaban nos grupos de risco.

    Ademais, a OMS recomendou que se administrasen dúas inxeccións, unha dobre doses, cousa que non se tiña feito nunca e que no está xustificada. Algúns gobernos, como o de Francia, víronse presionados a comprar o dobre de vacinas. Desde 2005 e 2006, coa gripe aviar, para asegurar o subministro rápido de vacinas en caso de alerta, a industria farmacéutica non corre ningún risco económico investigando novas vacinas: os gobernos comprometéronse a compralas todas.

    Sacade as vosas propias conclusións.

Deixa unha resposta