Dous machos copulando o máis grande foi completamente feminizado pola atrazina
A atrazina, o pesticida máis común en todo o mundo para combater as malas herbas nos cultivos agrícolas e nos campos de golf, converte en femias funcionais aos machos dalgúns anfibios, ou ben, provócalles unha castración química.
Unha investigación realizada pola Universidade de California e por un grupo de científicos estadounidenses, desvelou que ao expoñer as ras de unllas africanas a este pesticida un 10% destas desenvolvían capacidades reprodutoras das propias femias e incluso podían aparearse e producir ovos viables.O problema, é que aínda que estas ras poidan reproducirse soamente poden ter descendencia masculina, debido ao seu xenotipo, isto podería provocar unha extinción da especie a longo prazo. Este pesticida está prohibido na Unión Europea pero é o máis utilizado no resto do mundo.
Paga a pena arriesgarse a perder unha especie animal para manter en condicións os nosos campos de golf?
Autor: Juan Lorenzo
A min este artículo cáusame algo de confusión, porque fala dunha posible extinción das rás por ter só descendencia masculina, pero cando estos animais sofren o cambio de sexo co pesticida, aínda que so teñan descendencia masculina, co uso diste pesticida seguirían a se converter en rás femias non?, mantendo os dous sexos aínda que nun principio acabaran sendo todas macho.
Creo que o problema estaría en que se se a poboación de rás nun futuro fora maioritariamente masculina polos efectos deste pesticida, necesitarían para sempre a exposición á atrazina para poder reproducírense, e se non, extinguiríanse.
Pablo na resposta á túa dúbida.
Como ben dices coa utilización do pesticida as rás poden realizar funcións das femias. Pero que ocorrerá no momento que se deixe de utilizar, é dicir, e se esta empresa deixa de fabricar o produto? Pois o que ocorreria seria que estas rás terian descendencia masculina unicamente, pero esa descendencia ao non estar afectada polo pesticida non realizaría funcións das femias e a especie extinguiríase.
Espero ter despexado a túa dúbida.
A vale, todo máis claro, non caera no suposto de que se deixase de fabricar o pesticida, así claro que se poderían estinguir debido ao aumento dos machos e que so poidan ter descendencia masculina as rás afectadas.