Científicos en Barcelona descubren que algúns infectados polo VIH son inmunes

A loita contra a SIDA da un novo paso adiante. Uns investigadores do hospital clínico de Barcelona descubren por qué algúns seropositivos non desenvolven a enfermidade incluso aqueles sen tratamento médico.

                       

Os autores do descubrimento cren que as alfa defensinas 1-3, o nome destas particulares moléculas, “poden ser potenciais axentes profilácticos e abren unha nova líña de investigación para tratar a infeción da sida “.

En calquera caso, o descubrimento liderado por Marta Rodríguez-García, investigadora no Instituto Ragon de Massachussets, aclara que, no inicio, a infeción é igual para todolos afectados, gocen dunha alta presencia de moléculas ‘salvadoras’ ou non. Pola contra, cando hai unha alta cantidade de moléculas alfa defensinas, éstas conseguen que, ainda que o virus nunca desapareza do sangue, non poida completar a viaxe a través do resto do sistema inmunolóxico. Un tránsito que o VIH consegue con total facilidade de maneira habitual.

A clave, polo tanto, será incentiva-la acción das células dendríticas, para conseguir que o VIH non invada ao resto do sistema inmunolóxico. Os investigadores din «Logramos demostrar por vez primeira que as células dendríticas nos pacientes infectados polo VIH que controlan a infeción de maneira espontánea producen niveis elevados de alfa defensinas 1-3. Isto asociase cunha progresión máis lenta da enfermidade e propon potenciais implicacións diagnósticas, terapéuticas e preventivas».

«Podemos lanza-la hipótese de que canta máis capacidade teña unha célula dendrítica de xerar moléculas alfa defensinas, o organismo poderá controlar o VIH sen necesidade de recibir tratamentos antirretrovirales», afirma Josep Mª Gatell, Xefe do Servizo de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínico de Barcelona, profesor do Departamento de Medicina da Universidade de Barcelona.

Autor: Diego Frade

Esta entrada foi publicada en 3. Enfermidades infecciosas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta