4ºC paréceche pouco?

 

imagen

O Museo da Ciencia de Londres creou un mapa interactivo que permite imaxinar como se vería afectada a Terra se a súa temperatura media aumentase en 4ºC. Dise que este incremento de 4ºC pode chegar entre o ano 2060 e 2100.

Según John Beddington, xefe científico do goberno británico, este cambio sería catastrófico.
A causa disto, diferentes grupos  políticos están a intentar facer acordos internacionais para lograr que este incremento da temperatura se reduza a 2ºC.  Ainda así é moi difícil conseguilo por problemas evidentes de organización mundial.

O aumento de 4ºC non vai ser homoxéneo en toda a Terra, por exemplo nas latitudes altas como o Ártico espérase  un aumento maior. Este cambio de temperatura acarreará unha diminución na produción de cultivos esenciais como os cereais. A dispoñibilidade da auga será un tema moi crítico xa que a poboación no 2080 aumentará en mil millóns e a sequía irá a máis, polo tanto a auga será mais escasa e o número de incendios maior. Tamén gran parte do Amazonas xunto con outras  zonas importantes de vexetación  secarán,  e polo tanto a capacidade da Terra para absorber CO2 se verá moi afectada.
O nivel do mar aumentará pola desaparición dos glaciares;  as correntes cambiarán o seu curso e a vida mariña verase seriamente comprometida.

En conclusión a Terra é unha longa cadea na que o mínimo cambio afecta a todas as demais partes.
Agora 4ºC xa non parecerá tan pouco!

MAPA INTERACTIVO

Autor: Jose Sevane

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , . Garda o enlace permanente.