4ºC paréceche pouco?

 

imagen

O Museo da Ciencia de Londres creou un mapa interactivo que permite imaxinar como se vería afectada a Terra se a súa temperatura media aumentase en 4ºC. Dise que este incremento de 4ºC pode chegar entre o ano 2060 e 2100.

Según John Beddington, xefe científico do goberno británico, este cambio sería catastrófico.
A causa disto, diferentes grupos  políticos están a intentar facer acordos internacionais para lograr que este incremento da temperatura se reduza a 2ºC.  Ainda así é moi difícil conseguilo por problemas evidentes de organización mundial.

O aumento de 4ºC non vai ser homoxéneo en toda a Terra, por exemplo nas latitudes altas como o Ártico espérase  un aumento maior. Este cambio de temperatura acarreará unha diminución na produción de cultivos esenciais como os cereais. A dispoñibilidade da auga será un tema moi crítico xa que a poboación no 2080 aumentará en mil millóns e a sequía irá a máis, polo tanto a auga será mais escasa e o número de incendios maior. Tamén gran parte do Amazonas xunto con outras  zonas importantes de vexetación  secarán,  e polo tanto a capacidade da Terra para absorber CO2 se verá moi afectada.
O nivel do mar aumentará pola desaparición dos glaciares;  as correntes cambiarán o seu curso e a vida mariña verase seriamente comprometida.

En conclusión a Terra é unha longa cadea na que o mínimo cambio afecta a todas as demais partes.
Agora 4ºC xa non parecerá tan pouco!

MAPA INTERACTIVO

Autor: Jose Sevane

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

7 Responses to 4ºC paréceche pouco?

  1. david regueira di:

    É a realidade e nós, sen darmos conta, aportamos o noso graniño de area para que esto ocurra. Por iso debemos estar mentalizados, e facer o posibel para ser máis ecolóxicos. A Terra está a sofrir e parece que non nos percatamos.

  2. diego juarez di:

    En primeiro lugar gustariame dicir dúas (unha máis ou menos posibel e óutra fantástica) das propostas para diminuir a temperatura global, as cales moitos xa as coñeceredes:

    -Unha delas está baseada en reforzar a atmósfera da terra con microcristales en órbita a causa do incremento das emisión de radiaccións nocivas por parte do sol e o debilitamento, cada vez máis pronunciado, do campo magnético terrestre (o cal protéxenos das radiaccións solares). Estes cristales actuarán como unha pantalla traslúcida para as radiaccións. Este método considérase, de momento, pouco efectivo por ter que repoñer os cristais cada día.

    -Outro dos metodos, o cual é de moito imaxinar, é sacar a terra da súa órbita, aumentando así a súa distancia ao sol.

    En este enlace poderedes ver (en 10 partes) o que lle sucedería a terra se aumentasen 6 grados na temperatura media global (documental de National Geographic): http://video.google.es/videosearch?q=+SEIS+GRADOS…+QUE+PODRIAN+CAMBIAR+EL+MUNDO&so=3#

    Despois de expor esta breve ampliación da entrada gustaríame dicirlle a David que a xente xa está o suficientemente mentalizada de que hay que reciclar, o que pasa que nadie fai caso ó que lle din. Incluso os governo español, que non fai nada para que nas plantas de reciclaxe de lixo se separen as compoñentes do lixo.

  3. Lizeth Viancha di:

    Este estudio deberia concienciarnos sobre os perigos que nos esperan nun futuro moi proximo, no que os nosos descendentes teran que traballar máis en procurar una resposta a algo que nós podemos resolver no presente.

    Agora o principal é intentar que os 4ºC non cheguen e intentar concienciarnos un pouco co medio ambiente no que estou dacordo co meu compañeiro David.

    No referido ao comentario de Diego Juárez a primeira idea paréceme osada dado que non sabemos o coste de eses cristais e se son moi caros e se teñen que repoñer cada dia resultaria moi custoso sen ter en conta que o seu funcionamento aínda non está comprobado totalmente. A segunda idea xa me parece de pouco sentidiño.
    En resumo, ninguna das dúas paréceme boa para resolver este futuro problema o que non quita que está moi ben que penses formas de solucionalo.

  4. juan lorenzo di:

    En primeiro lugar agradecerlle a Diego o seu comentario, porque descoñecía totalmente as dúas propostas comentadas aínda que a segunda sexa bastante improbábel que suceda.
    En segundo lugar e centrandome máis en comentar a noticia, a realidade é que non toda a xente está mentalizada para loitar contra o cambio climático, a proba está en que países como China continúan emitindo cantidades moi altas de C02 á atmosfera, de feito 19 países (EE.UU, Rusia, China, Xapón, México, Polonia, Francia, Ucrania…) son os responsables do 82,8% das emisións de C02, segundo datos do Instituto Nacional de Ecoloxía, isto quere dicir que entre todos os paises que restan soamente emiten un 17.2%. Con isto pretendo chegar a que aínda que a maioria dos países estean mentalizados, mentres certos países non comecen a actuar todo esforzo será en inútil.
    Pero sendo realistas, cándo se vai a tomar con seriedade este tema? Na miña opinión cando estes países movidos unicamente pola interese económica comecen a concienciarse de que a causa do seu beneficio quen paga é todo o planeta, ainda que vai ser complicado cando gran parte destes países son os que teñen condenado a medio planeta á pobreza, o cal leva moitos anos importandolles ben pouco, polo tanto, por qué habería de importarlles o cambio climático?

  5. ivan garcia di:

    Primeiro decir que as ideas mostradas por Diego son moi boas, ainda que a realidade é que nestes momentos no son posibles de facer.
    Por outro lado, eu creo que o problema non e que a xente este concenciada ou non. O problema se atopa na indiferencia que mostramos ante o cambio climatico. O vemos como que algo que non nos afectará a corto prazo, si non nun período largo de tempo. O facer esto se comete un gran erro, xa que moitos dos fenomenos climatolóxicos que estan afectando a moitos paises se deben a isto.
    Por outra banda, aos paises ricos non lles interesa deter o cambio climático. A razón e moi sinxela, xa que si deixan de contaminar, terian que cerrar moitas petroleras, centrais eléctricas, centrais nucleares, etc.
    Estas duas razóns fan que os anos pasen sen facer nada e isto vaia a peor.
    Os políticos se reunen para buscar solucións, pero nunca se chega a nada.
    Esta indeferencia por parte de todos nos pesará dentro duns anos, como o aumento gradual da temperatura.

  6. daniel varela di:

    O que di David é certo. Deberiamos contribuir todos, pero é evidente que non todo o mundo vai a colaborar en toda actividade necesaria.
    A miña opinión é que deberiamos recurrir a medidas que impoñan máis autoridade, posto que xa non estasmos a falar de un caso de voluntariedade,senón que xa estamos no caso de que todo o mundo ten que contribuir si ou si.
    En caso de que alguén non o fixera, deberia serlle imposta unha multa ou algo polo estilo, para que a curto ou largo prazo as medidas impostas sexan positivas, posto que o que intentamos mellorar é este mundo e que dure o máis posibel…

  7. alba robles di:

    É verdade que é difícil conseguir chegar a un acordo para reducir este incremento de temperaturo pero na miña opinión non o chamaría exactamente un problema de organización dos paises porque a verdadeira razón é que a paises como Xapón China ou os EEUU non lles interesa perder cartos xa que para reducir este incremento sería necesario que eses paises deixaran de utilizar materiais contaminantes nas fábricas e eles neganse a facer iso polo que seria un problema de interés económico.
    respeto o comentario de Diego opino que son ideas boas pero improbables de que se fagan xa que os paises con cartos non lles interesa moito poñer os microcristais xa que non gañan diñero se non que o perden
    e iso economicamente on lles interesa. E a segunda idea tamén é boa pero seria complicado de facer por non dicir imposible.

Deixa unha resposta