Astrónomos captan dende Chile unha zona de formación de estrelas na Vía Láctea

 [via-lactea.jpg]

 Observatorio Europeo Austral (ESO, polas súas  siglas en inglés) difundiu o 4 de febreiro a imaxe dunha formación de estrelas arredor da nebulosa NGC 3603, na Vía Láctea, que foi captada dende o norte de Chile.

Ubicada a 22.000 anos luz do Sol, é a rexión deste tipo máis cercana que se coñece na noxa galaxia e alberga ademáis a estrela máis masiva  coñecida ata agora. Trátase dunha especie de fábrica cósmica onde as estrelas nacen frenéticamente a partir das extensas nubes de gas e po da nebulosa NGC 3603. Tamén proporciona ós astrónomos un banco de probas locais para o estudo dos procesos da formación intensiva de estrelas.

A forma desta nebulosa débese a intensa luz e ventos que proveñen das xóvenes estrelas masivas que levantan cortiñas de nubes e gas, revelando unha multitude de soles resplandecentes.

O cúmulo central da nebulosa alberga miles de estrelas de todo tipo, a maioría das cales teñen masas similares ou menores cas do Sol, pero as máis espectaculares son aquelas máis masivas que están cerca do fin das suas vidas.

Moitas estrelas azuis xigantescas agrúpanse nun volumen de menos dun año luz cúbico, xunto a tres das chamadas estrelas Wolf-Rayet, que extremadamente brillantes e masivas e liberan grandes cantidades de material antes de acabar nas expolosions coñecidas como supernovas.

Os astrónomos confirmaron que unha destas estrelas é cerca de 120 veces máis masiva co Sol, o que a converte na estrela máis masiva coñecida ata agora na Vía Láctea.

Todas as estrelas teñen aproximadamente a mesma idade, un millón de anos, unha cifra pequena si se compara cos 5.000 millóns de anos que teñe o sistema solar. 

Autora: Miriam Yang

Esta entrada foi publicada en 2. Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta