Fotorreactores para cultivar Microalgas destinadas a producir Biocombustibles

Vista a crecente escasez de recursos petroquímicos e o cambio climático, o desarroio de combustibles sostibles (neutros en emisións de CO2) é un dos desafíos máis urxentes do noso tempo. O cultivo de microalgas, que non interfire coa agricultura alimentaria, pode contribuir de maneira decisiva ao suministro de enerxía no futuro. Para producir, a partir das microalgas, enerxía aproveitable, uns científicos do Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe en Alemania están a desarroiar fotobiorreactores especiais e outras tecnoloxías.
As microalgas son organismos unicelulares, semellantes ós vexetais, que realizan a fotosintese e convirten o dióxido de carbono (CO2) en biomasa, daquí súa primeira vantaxe: é un ciclo neutro en emisións de CO2.
As algas teñen outra vantaxe: as emisións industriais de CO2 poden empregarse coma “abono”, xa que crecen máis rápido en altas concentracións de CO2 e xeran máis biomasa para a obtención de enerxía.

Sen embargo, esta non é súa única vantaxe. Comparadas cos vexetais terrestres, as algas producen cinco veces máis biomasa por hectarea e conteñen entre un 40 ou 50 % máis de aceites empregables na producción de enerxía.
Coma as algas tamén poden cultivarse en áreas áridas non adecuadas para a agricultura , apenas habería competencia entre as plantacións de algas e as áreas  agrícolas convencionais. Sen embargo en tales terreos secos requerirase un sistema pechado para garantir o correcto desarroio das algas.

Actualmente existen plantacións de algas que se están a cultivar en estanques abertos en países do sur, cunha productividade relativamente baixa. Aquí é onde a nova tecnoloxía pode aplicarse. No que se refire á tecnoloxía para o cultivo, o enfoque destes científicos é completamente diferente xa que eles están traballando con fotobiorreactores pechados. Estas instalación convirten a enerxía solar en biomasa cunha eficiencia que é cinco veces superior á rexistrada nos estanques abertos.

Autor: Rubén Fernández

Esta entrada foi publicada en 4. Enerxías renovables e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta