Un blogue en Ciencias do Mundo Contemporáneo (CCMC)?

Dende as Consellerías de Medio Ambiente e Educación nos facilitan a creación dun blogue para que participedes activa e responsablemente no voso proceso de ensinanza/aprendizaxe e comecedes a actuar, a partires dos temas que imos tratar na clase, como cidadáns comprometidos co medio, utilizando unha ferramenta que seguro xa manexades: os blogues.

Así que xa sabedes: roubádelle algo de tempo ao Tuenti e atrevédevos a dar o paso de  lectores a autores na rede.

O blogue será un novo espazo de reunión e entrará a formar parte da avaliación.

Para empezar, visitade o blogue e deixade nos comentarios suxestións sobre contidos, categorias, e todo aquilo que se vos ocorra para empezar a publicar.

Esta entrada foi publicada en 7. A era dixital. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta